Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 30 de xuño de 2014

Atrapados na maldición de Penélope

por Caetano Díaz en El Correo Gallego:

O que ocorre co galego é que o converteron nunha pura estatística, don Valentín, e nun incordio que desune, don Valentín, e nun triste boneco de vudú, don Valentín. Faino, de certo, o Goberno do que vostede forma parte, que escolleu a lingua de Rosalía e de Curros, a dos nosos labregos e mariñeiros, para escenificar a súa política de demolición –Atila en Galicia– de todo o que cheirase a bipartito. A espada do plurilingüismo –falsa coartada onde as haxa– acernou e desangrou o complicado proceso de normalización do galego; e nesas estamos agora, atrapados na maldición de Penélope, destecendo pola noite o pouco que tecemos polo día.

Díxollo estoutro día o profesor Alonso Montero, que dende que é presidente da RAG séntese liberado para cantar as verdades do barqueiro, e ben que fai: "Ningunha Xunta reuniu nin unha soa vez as persoas que máis saben na problemática do galego. Os gobernos de Galicia, monopartito, tripartito, bipartito e o de agora, nunca estiveron á altura das circunstancias". Aí está, á vista de todos, unha das explicacións históricas de por que esmorece o noso idioma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario