Era visto.
Andaban nas beiras e algún día tiña que suceder. A Secretaría Xeral de Política Lingüística meteuse a colaborar na promoción do español. O pasado xoves o secretario xeral de política lingüística confimaba coa súa presencia o apoio do organismo que dirixe coa ao I premio vitrales, "certamen literario poesía y relato corto" .
Basta ver o cartel anunciador para comprobar cal é o lugar do galego nesta convocatoria literaria promovida polos colexios maiores de Compostela *La Estila e *Arosa, vencellados íntimamente co Opus Dei.
Conviñalle pensar aos que levan o timón da política lingüística que as mostras públicas do seu soporte aos actos públicos aos que acuden como representantes oficiais son un escaparete no que poden e deben ver un exemplo os traballadores da normalización lingüística do país. En consecuencia os membros dos ENDL dos centros de ensino ou os traballadores dos SNL dos concellos están recibindo a mensaxe de que unha boa medida de promoción do galego é, tal e como acabamos de ver, convocar concursos de creación literaria en español. Esta monstruosidade, este atentado contra a dignidade da lingua galega, quizais podería parecer simplemente unha metedura de zoca inocua se non fose porque abrolla coma a punta do iceberg dun continuo desprezo do galego por parte de todo o goberno presuntamente galego .
Para certificar tanto o estado como as liñas marcadas pola SXPL só un detalle, fundamental e revelador. En todo o tempo que leva na cadeira presidencial Núñez Feijóo, non houbo nin tan siquera unha actuación de promoción da lingua galega nun ámbito tan importante como españolizado: o do comercio.
Menos mal que os participantes podían enviar as súas propostas en "gallego o castellano"
P.S.: Política Lingüística apoia un concurso literario en español de dous colexios do Opus, 09/06/14, no Sermos Galiza
A min non me estrañaría que estes mangantes cambiasen o nome da Normalización Lingüística outra vez para abranguer tamén outros idiomas. Ou igual xa van por aí...
ResponderEliminarXa na época de Anxo Lorenzo eliminaron o termo "normalización", substituíndoo polo de "dinamización", xa que "normalizar" signifca que hai algo que non vai ben. A mensaxe é que non hai conflito e que polo tanto en política lingüística non cómpre facer nada.
EliminarPor outra banda, xa non é de hoxe, desde o franquismo, e despois o PP sempre se referiu a promocionar o uso das (en plural) linguas.