Este cartel podíase ver pola estrada N-640, alí saquei a foto.
Non é a única exposición que se celebra en Fexdega que fachendea de deturpar o topónimo da ría. O pasado mes de novembro celebrábase o IV Salón *Arosa Novias
Isto faime recoller da memoria un caso que vai xa para 20 anos. No ano 1997, grazas a unha iniciativa da Mesa púxose en marcha un boicot á compañía automobilística por teren a nefasta idea de poñérenlle a un choche o nome de Seat Arosa. Foi unha das campañas da Mesa que máis repercusión social tivo. Editáranse carteis, pegatinas, e os centros de ensino xogaran un papel activo na denuncia da deturpación toponímica. Aínda que só se conseguiu que a compañía aceptase rotular co nome legal aquelas unidades baixo petición expresa do comprador, a campaña quedou na memoria colectiva e hoxe é unha referencia histórica da contestación social aos agravios á lingua galega.
Modestamente, desde aquí invito ao boicot a estas monstruosidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario