Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves 05 maio 2016

Manuel María. Aquí!


Este sábado 07/05/17, a Asociación Cultural Vagalumes organiza un paseo poético con Manuel María, que comezará o 11:00 h. da mañá. Todo aquel que queira participar pode unirse á comitiva que percorrerá dez establecementos comerciais da vila, en cada un deles os asistentes ao acto recitarán poemas do protagonista do Día das Letras deste ano. 
Quixera destacar que os comercios interesáronse vivamente pola iniciativa e ofreceron todo tipo de facilidades e colaboración para o desenvolvemento da iniciativa. Se pasades estes días pola Estrada veredes este logo no establecementos colaboradores. Como o roteiro vai ser gravado para  para editar un vídeo conmemorativo do acto, esperamos que sen moita tardanza poderemos dar a noticia da divulgación da peza audiovisual.


Ningún comentario:

Publicar un comentario