As entidades adheridas poderán realizar as achegas económicas que se determinen no Consello de Membros para sufragar os programas e actividades da Rede.Cómpre ter a cara de cemento armado.
A primeira xuntanza tivo lugar a semana pasada na Estrada. Podemos ver na foto a Xunta Directiva, da que forma parte Anxo Lorenzo quen, desde que ocupa o cargo de secretario xeral de política lingüística, non fixo outra cousa que reducir os usos e dereitos do galego vendendo todas estas accións como avances no proceso normalizador. Outro membros da Xunta Directiva da Rede é Norberto Uzal, famoso no ámbito da normalización por enviar unha circular aos concellos ameazando con recursos a aqueles que convocaran probas de acceso nas que se realizasen exames de coñecemento lingua galega. Xunto a Anxo Lorenzo está tamén José López Campos, o alcalde da Estrada. O seu programa electoral sintetizábase en 100 medidas e só unha estaba referida á cuestión lingüística. Tratábase da programación de campamentos para a inmersión lingüística. En inglés, claro.
Ao mesmo tempo que onte se reunían os representantes técnicos da Rede , o goberno municipal de Ames anunciaba que prevé suprimir a praza do técnico do seu SNL. Tendo en conta que, por medio da SXPL, a Xunta eliminou dos seus presupostos deste ano toda dotación económica a estes servizos municipais, ben podemos supoñer que éste é o primeiro chanzo que avanzou a Rede de Dinamización.
Hoxe Anxo Lorenzo gabábase desde o seu portal que o 65% dos concellos con SNL están presentes na Rede. De acometerse a supresión da praza do Servizo de Normalización o secretario xeral xa poderá gabarse de que a Rede aumentou esta porcentase ata un 67%.
P.S.: Máis concellos da Rede de Dinamización Lingüística pechan os seus Servizos de Normalización, d´A Mesa
Ola Cibrán. Levo léndote desde hai certo tempo e hoxe sinto que teño que comentar o final do teu post. O feito de que ao desaparecer un dos concellos con SNL entón suba a porcentaxe que indicas podía ser a base dalgún problema de 2º de E.S.O. A comprensión dese feito xa require certo nivel (aínda que sexas un adulto con estudos)
ResponderEliminarSeguirei lendo o teu blog. Un saúdo.
Cando un deixa cousas por aquí nunca sabe quen as pode pillar. Cando escribín o que comentas, moito a correr, xa se me pasou pola cabeza que alguén pensaría que estaba metendo a pata. O que non imaxinaba era isto.
ResponderEliminarCando me metín a facer un blogue fíxeno con idea de facer un de matemáticas. Encantoume o teu. Parabéns. Desde hoxe tes un lector máis.
O Norberto Uzal o nazista.falangista, inimigo ferrenho da língua nacional foi colocado aí. Redios
ResponderEliminarnão posso mais que admirar a onde pode chegar o Ancho lobezno
Pois graciñas. E quero que saibas que seguramente che roube algunha que outra ligazón que compartas aquí. En realidade, xa che roubei a que comentaches das Cantigas Medievais (alucinante) e subina ao delicious dos recursos do meu instituto.
ResponderEliminarSeguiremos conectados.
Para Anónimo. O terrible, penso eu, non é que Norberto Uzal tivera un pasado falanxista. Todos podemos equivocarnos e convén acoller a aqueles que cambian rumbos tan errados. O terrible é que non parece que ese pasado continúa a ser presente. Poñer nun organismo supostamente normalizador a quen como primeira medida no seu cargo toma tanto interese en excluir o galego dos concellos... é como poñer ao raposo a coidar das galiñas.
ResponderEliminarPara JJ. Acabo de enterarme de que o SNL de Ames si pertencía á Rede. Polo tanto, metín a pata na miña hipótese. Agora, para aumentar a porcentaxe de SNL subscritos á Rede, cómpre que haxa máis SNL suprimidos. Eu tamén quedei sorprendido co recurso das Cantigas. Aínda máis me sorprende a pouca repercusión que me parece que tivo.
Grazas polos comentarios