O pasado sábado celebrouse a III Asamblea da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL). Nela escolleuse nova directiva e presentouse o Plan anual de traballo, na liña do enorme traballo xa realizado nos dous anos de existencia desta organización pero que traerá novidades. Desde os Equipos dos centros de ensino sempre se reciben con ilusión as achegas da CGENDL, pois por parte da administración a axuda é nula, cando non un atranco para desenvolver con coherencia o traballo normalizador.
Na Asamblea fíxose unha invitación a todo o profesorado a formar parte da CGENDL: é gratuito e moi sinxelo de facer. Ten ademais a ventaxa de podermos acceder a unha chea de recursos clasificados (celebracións, lexislación, música, sociedade...). Hai a posibilidade de inscribirse como coordinador dun ENDL ou como colaborador.
A Asamblea finalizou con este discurso de Valentina Formoso, a Coordinadora Xeral da CGENDL, quen nos invita a resistir, avanzar e ilusionármonos. Cómpre lelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario