Cantigas Medievais Galego-Portuguesas. Excelente, inconmensurable recurso que me chega desde cousas d´opaco. Velaquí as Cantigas, con anotacións e imaxes dos orixinais. Podemos acceder a elas de moitas formas, por tema, autor, cancioneiro, tipo de cantiga, primeiro verso, por pesquisa de palabras, en función de sestán musicadas ou non... Tamén se pode escoitar a(s) versión(s) musical, tanto das melodías orixinais como das composicións modernas... e tamén hai unha táboa con todos os autores e cantigas transmitidos polos tres grandes Cancioneiros ( Ajuda, Biblioteca Nacional e Vaticana)... e tamén imaxes de manuscritos ilustrados... o mellor é navegar polo web.
Adícolle este post a quen eu sei que lle encantan as Cantigas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario