Nunca Rosalía tivo tan bos lectores; nin cantores.
Polo desprezo con que foi recibida a obra de Rosalía no seu tempo, teño a seguridade de a escritora nunca puido imaxinar unha escena coma esta que aparece no vídeo: todos estes rapaces, baixo a atenta mirada da autora, cantando Moucho non che teño medo.
Os tempos actuais son funestos para a nosa lingua, e o futuro próximo está cheo de nubes negras. Pero a mensaxe deste documento lévanos por camiños lonxe da desesperanza. Cantemos, como os rapaces: Moucho, non che teño medo
Foi no CEIP As Covas de Meaño, da man de Tino Baz. E espero que o espíritu inmorredoiro desta canción encha algún dia a atmosfera que respiremos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario