Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 19 de novembro de 2011

Tres ou catro razóns para non ler 'La Voz de Galicia'

De todo o mundo son coñecidas unha [A curmá de Risco modérase lixeiramente tras rozar os 300 puntos básicos] e mais un cento de barbaridades lingüísticas cometidas polo tradutor automático de 'La Voz de Galicia'.
Tamén se fixo célebre, desde as páxinas dese medio, unha característica forma de redacción que nos permitía enxergar unha clara demostración de racismo lingüístico e, en definitiva de desprezo por todos os galegos. [Dos encapuchados de habla gallega atracan a punta de pistola la estación de servicio de A Ponte do Porto]
O descoñecemento e a iñorancia son o principio dos prexuízos, do odio, da subestimación. O desprezo que os que se acubillan baixo a cabeceira de 'La Voz' reflíctese na redacción da nova que recollo do blogue do ENDL do IES As Mercedes. Segundo o xornal a seguinte frase é do ministro socialista Caamaño: "Rajoy non abre as bodegas do seu barco porque teñe agochados activos tóxicos"
En ningún dos casos, que eu teña noticia, houbo nota de desculpas.

Hai ben pouco o redactor de 'La Voz' da miña vila xubilábase despois dunha longa vida traballando para ese periódico. Non era quen de escribir unha columna en galego.

P.S.: 660.000 € para La Voz e nin un euro para Radiofusión


2 comentarios:

  1. la voz é un xornal que ten xenreira polo galego (non só polo idioma)

    os complexos pailáns franquistas ponden máis que eles

    ResponderEliminar
  2. Acabo de poñer unha anotación ao post que explica moi ben como lle andan as cousas á lingua en relación cos medios. Velaí a política da Secretaría Xeral de Medios. Agora desde outra Secretaría Xeral, a de Política Lingüística, poden seguir insistindo en que este goberno está a facer unha intervención transversal no aspecto normalizador. Efectivamente, exclúen tanto como poden ao galego de todas partes. Eis aquí un bo exemplo.

    ResponderEliminar