Segundo a queixa dun veciño recibida na Liña do Galego, o servizo de información á cidadanía sobre dereitos lingüísticos que presta A Mesa, a lingua propia de Galiza estaba a verse excluída por completo de todo o proceso de tramitación da tarxeta Millennium, un servizo que ofrece o Concello d´A Coruña que permite aos usuarios o pago da O.R.A, o uso do transporte urbano, das bibliotecas municipais...
A entidade de defensa da lingua denuncia que no Servizo Municipal de Mobilidade é territorio de exclusión do galego: sinalización, paneis e boletíns informativos ou no mesmo impreso de solicitude da tarxeta.
Un espera que o Concello da Coruña corrixa urxentemente a situación.
Aínda que un tamén esperaría que non se chegara a esta situación
Ningún comentario:
Publicar un comentario