Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 21 de xuño de 2013

Máis alá do calendario escolar: unha viaxe de ida e volta e un abano literario



Hoxe remata o curso, e o mellor que podo facer é colocar aquí un traballo conxunto entre o meu ENDL ([1] e [2]) e o de Forcarei ([1] e [2]). Unha forma de compartir experiencias, fomentar a lectura, asentar a estima e trasladar o labor normalizador ata máis alá das aulas e do calendario escolar.
Todo partiu de converter ao noso alumnado en amigo invisible virtual: dez alumn@s de Forcarei recomendan libros a dez alumn@s de Silleda e viceversa. No vídeo (que excelente traballo!) vemos como toma corpo esta idea.
Por se isto fose pouco, completouse a acción cun  abano lector que foi repartido entre o alumnado dos dous centros.  Esta é unha guía de lectura para usar neses días de calor abafantes que parece que non chegan. Como parece que non chegan os días solleiros para a normalización.
Pero chegarán. E substituiremos o paraugas por este abano de lecturas.









E este é o resultado...






2 comentarios: