O conto.
Os nenos deben aprender a coñecer o seu entorno, polo tanto é normal que realicen exercicios escribindo os nomes do lugares que coñecen. O protagonista desta historia, un neno de sete ou oito anos, galegofalante e de ollos moi despertos, tiña que escribir na clase de lengua española o nome dun par de rúas da vila xunto co do Concello. Isto foi o que redactou:
Nombre de las calles: Pérez Viondi, Calvo Soutelo
Nombre del Ayuntamiento: A EstradaEfectivamente, Pérez Viondi é o nome da rúa na que está o colexio, e el sabíao moi ben. Onde residía o problema era na outra rúa.
Aínda non sexa consciente, como o neno, no seu imaxinario ten contruído un mundo esencialmente galego, escribiu Soutelo. Entre outras cousas, o rapaz lembra cun especial brillo nos ollos, o ben que o pasara unha xornada xogando coa neve en Soutelo de Montes, no veciño concello de Forcarei. Con estes antecedentes o cativo chegou sorprendido á casa coa libreta corrixida: Sotelo, escribíralle o profesor en vermello por riba do Soutelo en lápis. En vermello, tamén, outra corrección: La Estrada.
Dá moito para pensar que este tipo de historias sigan sucedendo hoxe, case 40 anos despois da morte do ditador. Eu vexo nesta anécdota o futuro que nos espera coa recente aprobación da LOMCE. Teño por certo que as razóns que tivo o profesor de corrixir La Estrada, son as mesmas que permiten que hoxe en día continúe a haber unha rúa que se chame Calvo Sotelo.
*La Estrada? En serio? É practicamente imposible non interpretar o título da película de Fellini...
ResponderEliminarO peor é a xustificación habitual, que leva a "siempre te fue así", onde hai que entender ese "siempre" como "na última xeración". E non hai quen os baixe do burro.
Así é. Un burro enriba doutro.
ResponderEliminarE un detalle máis: a rúa Calvo Sotelo é a máis céntrica de toda a vila, xunto coa rúa Iryda. Ben, teño que recoñecer que esta última aparece "galeguizada" nos sinais de tráfico: Irida.
E eu teño que recoñecer que fun buscar Iryda, non coñecía esas siglas...
ResponderEliminarTampouco eu, ata que vin vivir á Estrada. Era un organismo creado polo franquismo para a xestión das terras para a agricultura. Pero aínda hai quen o reivindica hoxe en día:
ResponderEliminarhttp://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2012/07/12/iryda-singular-calle-estradense/664701.html
O autor do artigo é o director do Museo Reimóndez Portela, que debería ser un espazo para a cultura da vila,