De quén vés sendo? é o título dun novo programa da TVG que comenzou a emitirse este domingo ás 15:40 horas. Na presentación que a propia canle lle fai podemos ler que este programa
é unha viaxe, guiada por Marta Doviro, polas xentes dun país que agocha historias nos nomes dos seus lugares e paisanos. Historias que o programa vivirá en primeira persoa, que compartirá ante a cámara e que lles permitirá aos espectadores aprender de onde proceden moitos dos nomes e expresións que nos rodean
Din que non é un un programa de nomes, pero é mentira. Se o din posiblemente sexa porque teñen medo de que ao indicar o tema do programa, o público non queira velo. Para min que deberían ter máis medo ao horario que ao tema. As historias que se contan permitiranos aos espectadores aprender de onde proceden moitos dos nomes, apelidos, alcumes, lugares e expresións que nos rodean.
O espazo ten unha estrutura e un ritmo moi dinámico, é entretenido e educativo. Está feito aquí, e trata sobre nós. Déixase ver moi ben e ademais ata podemos aprender moitas cousas. Merecía outro horario.
Deixo nesta anotación unha entrevista de presentación do espazo que lle fixeron á presentadora Marta Doviro no programa A Revista
Ningún comentario:
Publicar un comentario