Se debullamos os diversos capítulos dos orzamentos que aínda mantén a SXPL atopámonos cunha baixada xeneralizada. Basta con consultar a seguinte táboa que fixen a partir desta outra do xornal Praza Pública á que se lle engadiu a columna co orzamento do 2014 e a última fila na que consta un apartado consignado no 2014 e que era inexistente o ano pasado: "programas de promoción ao galego", dotado cunha cantidade de 700.000 €. Aínda habería outra cantidade que non aparece na táboa, unha transferencia para a RAG atendento ao concepto de cultura que seguramente no exercicio anterior estaría asignada a outro departamento da Consellería de Cultura e que se desvía agora para a SXPL, non sei baixo que criterios.
Atendendo ás asignacións recollidas aquí, vemos como só aumentan a partida que este ano é novidade ("Programas de promoción do galego") e a adicada a bolsas de lectorado, cun incremento de 246 €. Todo o demais ou ben son partidas que sofren reducións ou repiten o mesmo presuposto do ano pasado, o cal para calquera que coñeza o concepto de IPC, sabe que na práctica significa tamén redución. Un destes epígrafes que repite orzamento é o destinado aos ENDL dos centros de ensino non universitario.
O balance final desta táboa é dunha redución de 828.121 €
P. S.: Artigos relacionados:
O desmantelamento do galego por parte da Xunta non cesa nos orzamentos, (23/10/2013) na CTNL
As cifras da desmontaxe económica do fomento do galego, (23/10/2013) Praza Pública
O galego recibe menos dun terzo das axudas que tiña hai 20 anos, (24/10/2013) Galicia Confidencial
Ningún comentario:
Publicar un comentario