Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 28 de outubro de 2013

E se cambias ao galego?

nas Voces de Prolingua:

Onde vivo apenas hai xente que fale galego; se me poño a falalo, non sei como será a reacción de familiares e amizades. Non me sentirei algo raro?
Á hora de adoptares o galego como lingua de uso cotián e prioritario, un dos aspectos a ter máis en conta é a espontaneidade: exprésate con sinxeleza e comodidade, non te preocupes máis do necesario polas estruturas. Ninguén nace aprendido, todo chegará.É importante que busques ámbitos nos que usar o galego e que aproveites todas as oportunidades de facelo. Nas distintas cidades galegas hai moitos barrios nos que se utiliza pouco a lingua propia de Galicia, pero debes lembrar que esta lingua che permitirá acceder a novos espazos de relación, na túa contorna inmediata e fóra dela. Aproveita os momentos de transición, como o paso do colexio á universidade, un cambio de traballo ou facer algún curso ou unha nova actividade.Se a túa familia ve a túa adopción do galego como un proceso espontáneo e relaxado que non te angustia nin che causa grandes problemas, é moi probable que reaccione ben, que te anime e valore o teu esforzo. Si, poida que mesmo te traten con certa non disimulada admiración. É probable que parte das túas amizades se sorprendan da túa decisión, pero entenderán co tempo que se trata dun proceso persoal e sen dúbida enriquecedor. Adoptar o galego non te converte nun becho raro; ao contrario: fai que desaparezan etiquetas e dáche novas oportunidades.Iso si, lembra sempre que, en última instancia, ti es o protagonista do teu proceso de adopción do galego. Trátase da túa vida, das túas opcións, do teu futuro. A adopción do galego é un signo de autonomía persoal. O que pensen a túa familia e amigos é importante, pero quen decide sobre a túa vida es ti.Vive en galego, faino por ti.

Ningún comentario:

Publicar un comentario