Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 26 de outubro de 2013

"A guerra do galego" (rural)



O documental ten unha primeira parte chea de prexuízos, e non xa de prexuízos dos entrevistados, senón que a liña argumental pola que se desenvolve, reforza ideas que atentan contra a normalización da lingua. Cal é o sentido que ten poñer como exemplo de galegofalantes a dúas persoas do rural e coas mesmas características fonéticas e sociolóxicas. Bótase en falta un galegofalante que manteña un argumentario sólido; un neofalante dunha cidade, por exemplo. Deste xeito, ofrécese a imaxe de que os utentes da nosa lingua ligado ao ruralismo.
Moito mellor é a última parte na que se lle dá voz a El Puto Coke e a Belén Regueira, os dous cun discurso cheo de sentidiño.
O programa foi emitido en VTelevisión o pasado 19/10/2013.

2 comentarios:

  1. A presentadora esquecera ese día cómo é a entoación das preguntas en galego. Mira que é rechamente...

    ResponderEliminar
  2. Pois non me decatara, botareille un repaso

    ResponderEliminar