Volvo insistir nisto da lingua. Ultimamente non facemos máis que levar labazadas, e das gordas. Despois de saber que as bolsas de doutoramento deberan ser traducidas ao castelán (ou inglés), agora o CSIC tamén ten problemas coa nosa lingua. É o que pasa ao andar fozando na terra, que saen todos os furados á luz.A entidade di que os seus Cuadernos de Estudios Gallegos Padre Sarmiento é a mellor revista científica que existe en Galicia, por iso non deberan traducir o título da publicación, sería como cambialo completamente e perder o prestixio de ser a revista máis veterana no ámbito das humanidades galegas. Un risco imperdoable. ¡Isto só ao falar do título, pois xa nin contemplan escribir o contido en galego! Percorreume un arreguizo que aínda non puiden espelir do corpo.Arreguizo. Espelir. Vai ter razón o meu amigo cando di que os nenos que están a medrar nunca utilizarán cadullo, arrebolar, cenceno, esqueiro, arró, borralla, polaina? Teño medo que quede curto e non saiban dicir unha palabra en galego porque descoñezan esta lingua de noso.Na entrevista a Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director da publicación, ponse de manifesto unha realidade preocupante. Asegura non poder cambiar o título ao galego porque é un problema na sociedade na que vivimos hoxe. Certo. Temos un problema coa lingua. Moi grande. Casos coma este póñeno de manifesto.Cadernos de estudos galegos, si, pero en castelán.A Administración... non nos protexe. Insisto en que, alén das leis, hai actitudes.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 12 de decembro de 2013
Linguas de prestixio?
por María Canosa en La Voz de Galicia:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario