Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 3 de decembro de 2013
Mínimo común múltiplo
Aínda que a curta é do 2008 eu descubrina onte mediante este chío. O director Rubén Roca, declaraba cando se presentou que "aposta con este filme por unha historia de amor contada en clave de suspense". Nárrase a historia de Andrea (Marta Larralde), unha moza de 30 anos que vive instalada nunha rutina laboral e sentimental que se esnaquizará no momento máis insospeitado.A cuestión é por que insiro este vídeo nun blogue sobre a normalización lingüística. Para responder á pregunta hai que ver a curta onde aparece una profesora de matemáticas impartindo clase de matemáticas en galego. Isto era normal cando se realizou esta curta. Agora ningún director recollería no seu filme un personaxe coma este. Os responsables desta forma de negacionismo séntanse hoxe nas cadeiras da Xunta.
Etiquetas:
Anormalización,
cousas,
decreto,
matemáticas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario