Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 15 de decembro de 2013

CEIP Frián de Teis: A lingua sabe a pan





Este vídeo, acompañado do seu correspondente traballo, non é máis que unha pequena parte do gorentoso proxecto que desenvolveron no CEP Frián de Teis.
O punto de partida do proxecto é a frase de Cunqueiro: "Unha lingua é boa cando sabe a pan, cando sabe a pan fresco."
Ao longo de todo o curso realizaron actividades de exposición oral e escrita nas que participou todo o alumnado do centro realizando un traballo de investigación en cada un dos cursos. Os temas tratados son:

  •  A historia dunha semente (educación infantil), 
  • Tipos de pan (1º de primaria), Os fornos (2º), 
  • As labouras dos cereais (3º),
  • Os ríos (4º), 
  • Os hórreos (5º) 
  • Os muíños (6º)
Vía Prolingua

Ningún comentario:

Publicar un comentario