Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 9 de decembro de 2013
Unha lingua para xogar e outra para desprezar
Moi oportuno este alegre vídeo elaborado pola Direcció General de Política Lingüística catalana, xusto cando chega a época das compras do nadal. Desde os xogos de lápis e papel aos que nos chegan pola vía das últimas tecnoloxías, pasando polos clásicos xogos de mesa, o protagonista do vídeo, o 'Ç' lévanos de paseo por unha xornada de aventuras e diversión. E que é o que temos desde a nosa Secretaría Xeral de Política Lingüística? A resposta é Nada na Rede: un refrito do feito en edicións anteriores, pero nada, absolutamente nada novo.
O vídeo ademáis forma parte da celebración do 'Centenari de les Normes Ortogràfiques', un conxunto de 24 normas aprobadas hai 100 anos polo l’Institut d’Estudis Catalans. Este mesmo ano cúmpríronse 10 da promulgación da actual normativa galega. E nin a RAG nin o goberno galego tiveron a ben celebrar ningún tipo de acto para dignificar a norma que une a todos os galegos na escrita. Isto demostra ata que punto as institucións desprezan aquilo que é a súa propia razón de ser.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario