por Francisco Xosé Rei García, en Terra e Tempo:
Gozar das verbenas e festexos que se organizan por todo o país, especialmente no verán, non equivale a ter que aturar resignadamente os valores reaccionarios dalgunhas das “nosas” orquestras
Nun artigo de hai xa algúns meses publicado neste mesmo dixital de Rosa Bugallo debullábase con acerto a evolución das festas populares do país cara ao actual modelo das chamadas "verbenas", moito máis mercantilizado e, sen ningunha dúbida, alleo á nosa tradición cultural e festeira. Uns espazos privilexiados, e moi concorridos en boa parte dos casos, especialmente nas festas consideradas de máis sona, que ben podían ser aproveitados para popularizar os nosos produtos culturais autóctonos, a comezar polos nosos creadores musicais, moitos dos cales nada lle teñen que envexar aos grupos e artistas foráneos de moda canto a "modernidade", vangardismo e xa non digamos calidade.
Que tería de mao unha festa onde puidesemos bailar ao ritmo popeiro de The Homens ou Loretta Martin, ao son electrónico de Fanny+Alexander ou Sónico DB, mesmo coas impresionantes rimas dos Deus que te crew (DQTC) e, por suposto, coa música bailábel por natureza de Lamatumbá, por pór só algúns dos exemplos máis coñecidos? Divertiríase a xente menos que cos consabidos temas de sempre? A proba do algodón de que a nosa lingua, na súa variante intercontinental, goza de grande aceptación popular témola na música brasileira ou, máis recentemente no tempo, no tema angolano Wiki Wiki, cuxa letra calquera compatriota entende afinando un chisquiño de nada o ouvido. Mesmo orquestras do país históricas, como Os Satélites, "experimentaron" en galego con ritmos como a salsa ou o merengue: velaí temos a sintonía de cabeceira da coñecida serie de TV Libro de Familia, que enche a pista cada vez que soa, ou o tema insignia deste conxunto nacido na Coruña, ben coñecido por toda aquela persoa que frecuentar os festexos do verán, o Esta fin de semana quero bailar.
Lamentabelmente, o escenario desexábel e posíbel, malia o evidente potencial, contrasta cunha realidade ben máis negativa e, mesmo en ocasións, abertamente decadente. Para alguén coma min, verbeneiro por natureza, resulta unha delicia ler, por exemplo, a Xurxo Souto a falar das orixes dos primeiros conxuntos musicais galegos que ían tocando polas festas e, ao tempo, unha tristura comparar aquilo co actual ronsel de orquestras que temos, sempre con excepcións -que habelas hainas -e, por supostísimo, co debido respecto para os profesionais da música que gañan a vida nestes conxuntos, moitas veces, por certo, non por pracer ou identificación cos estilos do repertorio musical que empregan, senón por pura e dura necesidade económica e, tamén, por ser moitas veces a única vía no propio país para poderen facer o que lles gusta: música.
Outro dos aspectos que debera preocupar -e canto! -é a terrorífica transmisión de valores reaccionarios que a través de concorridas verbenas chega á multitude desde os propios escenarios; e non precisamente por parte de orquestras de pouca entidade -senón, moi ao contrario, por parte dos conxuntos máis coñecidos no actual panorama orquestral galego e que máis público atraen, grazas a un espectáculo que acaba por condenar a música a un absoluto segundo plano.
Poñamos de exemplo -se cadra poderían ser outros -as orquestras Panorama e Olympus. Ambas as dúas, no seu ¿espectáculo?, para alén do dubidoso gusto, semellan ás veces empregar todas as súas forzas en reproducir todos os tópicos machistas, patriarcais, racistas e homófobos que o público poida dixerir no menor tempo posíbel. Como no caso dos valores machistas e patriarcais, onde o rol das mulleres fica reducido ao máximo a obxecto de consumo, a "ornamento" que fai parte do espectáculo visual -canta menos roupa, mellor -non é, por desgraza, novidade, agora estas orquestras están a esforzarse en explorar até o infinito o tópico do "maricón", mesmo nunha sorte de aburda competición entre elas. Se ao solista principal da Panorama hai que aturarlle, unha e outra vez, a preguntiña: "Cantos de aquí pensades que son maricón?", os da Olympus non se conforman e pasan directamente a acabar un dos seus pases cunha canción mexicana que leva precisamente por título: Matarile al maricón. Nada menos!
Despois disto, moitas e moitos poderán lexitimamente opinaren que o problema é que me gusten as verbenas deste tipo e que, con non ir a elas, téñoo solucionado. Respectando todo criterio, non son en absoluto desa opinión. Persoalmente, nin penso nin teño porque renunciar a o pasar ben facendo o que me agrada -sabendo, porén, analizar que moitas cousas poderían ser doutro xeito. E, da mesma maneira, non penso que teñamos que aturar comportamentos que nada teñen de natural, de "socialmente asumido" -como algunha xente me di cando non podo máis e estoupo -, nin de inevitábel: desde as comisións de festas, desde os concellos, desde as asociacións veciñais e outros movementos sociais, desde cada unha e cada un de nós podemos traballar arreo para mudar situacións, actitudes e comportamentos que, sinxelamente, non só non son admisíbeis, senón que desvirtúan as festas en si e contribúen -e de que xeito! -á súa decandencia e esmorecemento, antes ou despois.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 10 de setembro de 2010
Medios de comunicación en galego
por Miguel Anxo Fernán Vello, no Galicia Hoxe:
Unha señora moi activa no movemento etnocida contra o idioma propio de Galicia non dubida en cualificar o manifesto sobre os medios de comunicación en galego -Os medios en galego importan- de "ridículo". E un, ante tal mostra de insensibilidade mesturada con ignorancia, desvergoña, desprezo e odio cultural e humanístico en esencia, experimenta sentimentos enfrontados: dende un inicial abraio e rexeitamento intelectual, pois hai doses de violencia "larvada" en tal consideración de "ridículo", até unha mágoa difícil de describir, pois contén desafección cara a unha parte considerábel da especie humana, aquela que aborrece ou desama o que lle é propio ou próximo, e ao mesmo tempo contén tamén unha estraña forma de piedade: "¡Quen non precisa piedade, senón aqueles que non teñen compaixón de ninguén!" (Albert Camus). Vexan vostedes. O idioma galego, o noso principal sinal de identidade como pobo -¿negarán tamén os etnocidas a existencia do pobo galego?-, vive momentos delicados de dificultade respiratoria e, como este mesmo xornal recoñecía nun recente Editorial (Morremos un pouco todos), existe unha "eutanasia de medios escritos en galego", unha "boa morte" das palabras, sexan impresas ou aletexantes na "rede", que non debe deixar indiferente a ningún ser humano de ben. Por iso cualificar de "ridículo" un manifesto en defensa dos medios de comunicación escritos en galego, é, ademais de profundamente inmoral, unha mostra de aversión digna de ser estudada por algún psicólogo especializado en paixóns ou patoloxías particulares. Porque estes apaixonados do desprezo e do odio, incapaces de entender o significado de conceptos como xustiza ou liberdade -non existe liberdade de opción sen coñecemento material e competencia plena tanto en galego como en castelán-, son portadores dun mar de xeo -pura imaxe kafkiana- no que naufragan a cotío, pois a súa insensibilidade non admite ningún tipo de exoneración e viven obturados nunha perversa autística negadora do seu "berce", aínda que o ignoren.

O conflito nas aulas
por Carme Adán, deputada do BNG, no Xornal:
Hoxe comeza un novo curso escolar. Os cativos e cativas diríxense cara as súas aulas con esa mestura de nervios e axitación que conleva o primeiro día. Nas escolas agarda o profesorado, mestres e mestras enfróntanse de novo a unha difícil tarefa, que nais e pais ás veces vemos doada, mais que a sociedade asume como crucial para o futuro das vindeiras xeracións.
Neste novo inicio existe un conflito, sementado por quen entende as campañas electorais como un "todo vale que logo xa veremos" e abonado con esmero polo goberno galego nos últimos meses, que eclosiona na vida cotiá dos centros de ensino. Pode que aos focos dos media xa non lles interese fotografalo, que os titulares busquen outras novas, que os políticos repitan mantras baleiros nos despachos; sen embargo, agora é o momento da realidade nas escolas. As persoas concretas que forman a comunidade educativa atópanse coas consecuencias de todo ese proceso. Moitos profesores e profesoras séntense afectados porque fixeron o esforzo de contribuír a construír lingua e saber en galego e como recoñecemento ao seu labor teñen enfronte a prohibición e a coacción. Moitas vontades fixeron o sobre esforzo de crear materiais educativos case da nada, de axudar modestamente a que o vocabulario científico sexa o máis acaído e rigoroso e, fundamentalmente, colaboraron para vencer as reticencias dun prexuízo moi enraizado que sitúa ao galego nunha situación de desvantaxe para crear coñecemento.
Hoxe semella tirarse ao lixo moito dese traballo e eu me pregunto: a cambio de que? Quen ou que gaña con todo isto? O alumnado? Non, xa que se lle furta no seu periodo de formación a posibilidade de adquirir a competencia lingüística nun campo tan importante para o futuro como é o científico e tecnolóxico. Lémbrese que neste momento a escola é o único espazo que existe para adquirir dita destreza en galego. As familias? Tampouco, este tema serviu de cortina de fume para un goberno que recorta todos os días o ensino público deste país. O profesorado? Foi invisíbel para a administración e non só a súa voz foi silenciada, tamén o propio Consello Escolar de Galiza foi desoído. Sen embargo, no incio de curso volta a ser visíbel para unha administración que envía todos os días mensaxes de prohibición. A lingua galega? Sometida a toda unha campaña de desprestixio institucional sobre a súa pertinencia ou non para ensinar cousas tan serias como as matemáticas, conceptualizada como un problema e nunca como unha riqueza e reducida a súa presenza dos cativos espazos onde con dificultades habitaba creo que non gañou nada.
A sociedade galega no seu conxunto non gañou nada. Non avanzamos en calidade educativa, retrocedemos en varios aspectos. As nosas industrias culturais ou editoriais non gañaron nada, a nosa economía nada, o paro aumentou de xeito considerábel, o leite baixou de prezo e os incendios nos deron unha lección de ética informativa... Todos perdimos algo porque decidir prescindir da nosa lingua só nos deixa sorprendidos desa vontade de tánatos que nos fai sentir fachendosos de destruírmonos.
Agora si que o conflito non é algo do que falamos os políticos e políticas, está nas aulas. Xusto onde non tiña que estar.

xoves, 9 de setembro de 2010
Erros léxicos e fraseolóxicos
A inmersión lingüística en castelán funcionou sen erros durante décadas. Por esta razón cae de seu que os usuarios do galego cometemos continuamente atentados lingüísticos máis ou menos graves. Para comenzar a evitarmos algúns deles podemos botarlle un ollo a esta ligazón dunha páxina do servizo de normalización da USC onde hai unha escolma dos erros léxicos e fraseolóxicos máis comúns.
Para non mexar fóra do testo e acabar dicindo sair por peteneras.

Monolingüismo defensivo e bilingüismo equitativo
por Craig Patterson, no Galicia Hoxe:
Sempre me parecía contraproducente botar fóra mensaxes sobre a saúde do galego que se caracterizasen por un ton inequivocamente apocalíptico. As persoas que optan egoistamente por empregar semellante discurso deberían investir as súas forzas en fomentar novas estratexias para renovar o conto. Con todo, concordo plenamente con Carlos Callón en que o discurso da renovación pode funcionar como unha fuxida cara a adiante, en lugar de actuar agora mesmo no día de hoxe. E sigo pensando que a estratexia chave e fundamental, especialmente mentres aturemos eses tempos tan incivís do réxime Feijóo, consiste no monolingüismo defensivo por parte dos galegofalantes.
Nunca deixo de contemplar atónito os galegos máis entregados á defensa do galego cambiar de lingua nunha situación na que a outra persoa non se molesta en absoluto por respectar o galego, ou en cambiar eles de idioma. Hai que superar ese chip psicolóxico, social e clasista (por non dicir colonial), e dominar a boca, se se vai resistir a forza negativa e subconsciente do bilingüismo nada harmónico. Concordo plenamente co académico, Henrique Monteagudo, en que a práctica do monolingüismo defensivo e total por parte dos galegofalantes representa o eixe da reivindicación lingüística de hoxe, sen que apoie o monolingüismo social como obxectivo utópico. Nas moitas Galizas que existen, polo menos unha delas fala galego, e outra non, e ou temos que convivir con esa entre outras realidades, ou nos entregamos a un mundo fatalista de fadas. E esa convivencia non implica a venda da alma ao demo, senón pactar coa realidade sen vivir aferrollado en maniqueísmos maniáticos.
Para os galegofalantes, non hai mellor maneira de dar exemplo didáctico, atractivo e robusto cá de sempre falar galego, e así desafiar as presións socio-coloniais que tanto prevalecen aínda na sociedade galega. Así encamiñamos cara a un bilingüismo equitativo, lonxe de exclusivismos de calquera postura política e consolidando unha despatrimonialización política total do galego que ten que ser a carta magna que a sociedade galega se escribe a si mesma unha vez na época pos-Feijóo. Cara a un horizonte normalizado de verdade, no que as dúas linguas se respectan e se fan respectar por ben de toda a cidadanía.

Valle Inclán versus Rosalía de Castro
O 15 de agosto pasado conmemorábanse os 125 da morte de Rosalía de Castro. A AELG celebrou un acto, un cortexo fúnebre con intervencións emocionadas de moitos escritores de hoxe en homenaxe á escritora que recuperou para a literatura a nosa lingua: "125 anos con Rosalía. De Adina a Bonaval"
O apoio institucional, increible pero certo, foi nulo. Tal e como comentan no Galicia Hoxe, as iniciativas para recordar a Calvalo Calero, tampouco foron atendidas. No entanto o Partido Popular (PP) impulsou onte no Parlamento unha iniciativa para que o Goberno afín de Alberto Níuñez Feijóo conmemore no 2011 o 75 cabodano de Ramón del Valle-Inclán. A iniciativa foi apoiada -non sen críticas irónicas- polo grupo socialista e abstívose o Bloque Nacionalista Galego (BNG) por entender que o PP só se preocupa por "enxalzar" os autores en castelán.
Os argumentos para esta iniciativa parten da "importancia" da figura dun galego "universal", que expandiu a cultura galega "por todo o mundo"e que o 75 aniversario do seu falecemento é unha data propicia para "profundar" na súa obra.
Pregúntome cal dos dous foi máis importante para Galicia. Ninguén pon en dúbida a calidade literaria de Valle Inclán, como tampouco ninguén pon en dúbida o desprezo da Consellería de Cultura polo galego e os escritores galegos.

Os medios en galego importan
Centos de persoas xa asinaron o manifesto do que hai un completo artigo no Galicia Hoxe:
Ante o peche da edición impresa do semanario A Nosa Terra e dos portais Vieiros e Chuza, foron 24 os xornalistas e escritores que decidiron promover unha iniciativa para espertar o compromiso das administracións e os cidadáns co noso idioma. Hai dous días publicaban un manifesto, "Os medios en galego importan", que a partir de onte xa se pode asinar a través da súa páxina web

martes, 7 de setembro de 2010
As ANPAS de Ferrolterra invitan a manter os libros en galego
Por que se os textos son os mesmos, temos que tirar cos libros en galego e gastar os cartos comprándoos en castelán? Esta é a pregunta que se fixeron as ANPAS de Ferrolterra, polo que invitan aos pais que non gasten os cartos en mercar libros dos que xa dispoñen.
Nun entrevista concedida a Radiofusión, o presidente destas ANPAS, Xabier Sánchez, asegurou que do mesmo xeito que nunca se penalizou a un mestre que falara en castelán cando o debería facer en galego, tampouco poderán castigar a un mestre que fale en galego

Unha cita en Lalín pola defensa do galego
O vindeiro xoves 9 o xuiz Luís Villares e a profesora universitaria Alba Nogueira participarán nun acto baixo o título "Dar as aulas en galego, compromiso ou desobediencia?" no IES Ramón Aller de Lalín, ás 20:30.
A profesora desa mesma vila, Beatriz Álvarez, creadora do grupo de facebook, "Profes co Galego", quixo aproveitar a ocasión para convocar unha reunión do grupo no mesmo lugar ás 19:30 e darlle así un pulo a este movemento espontáneo que se está a organizar na arañeira. Esta convocatoria dou lugar a que se incrementaran as aportacións dos membros deste grupo e hai varios documentos en elaboración para seren presentados nesa reunión co obxectivo de que sexan usados polo profesorado comprometido co galego nos seus respectivos centros.
O grupo "Profes co Galego", creado a principios de agosto, ten xa máis de 600 membros. De seguro que imos volver a ter noticia deles.

Aulas en galego coa forza da lei
Presentación sobre legalidade do compromiso co galego, versus a ilegalidade do funesto decreto. Vía linguason
presentacion
presentacion
Adeus, Laiovento
Os intelectuais lanzan un manifesto en defensa dos medios en galego, asinan Antón Losada, Manuel Bragado, Manuel Rivas, Marilar Aleixandre, Ignacio Ramonet, Ramón Chao, Marilar Aleixandre,... O texto comenza: Un país é o que fala. Galicia é o Galego.(podedes asinalo nesta ligazón).
A Consellería de Cultura non comprou para as bibliotecas galegas, ningún libro galego editado no 2009. As axudas ao libro galego decreceron este ano un 50% e... aínda non se pagaron. Ademáis no vindeiro ano haberá menos fondos públicos para a lectura.
Coméntanme que é seguro o próximo peche de Laiovento. O asunto está claro, non se pode publicar un decreto como o fuesto de plurilingüismo, sen atacar e destrozar todos os aspectos da cultura galega.
E agora, quen vai publicar libros como o da foto?
P.S: Despois de comprobar o lío que se montou pola rede, recapacitei e quero engadir esta rectificación.
Por certo que sexa o que conto neste post, que me comentaron como seguro o peche de Laiovento, tamén é certo que a noticia sería tan grave que merecería, antes de divulgala, que tivese unha confirmación de primeira man da mesma, cousa que non sucede. A miña intención era comentar a complicada situación na que se está a poñer a editoriais e medios, mais nunca debín poñer aquí un rumor desa gravidade polo que pido desculpas a todos os que se puideron ver enganados ou desinformados por este post. E sobre todo pido desculpas a todos os que teñen algunha relación con Laiovento.
De todas formas, ben sei que divulgando este rumor, causei un dano que malamente se pode reparar, e que o único culpable son eu.

Etiquetas:
Cultura,
Editoriais,
libro,
Medios
'A Nosa Terra': Perdemos todos
por Xosé María Palmeiro, no Xornal de Galicia:
Entre os lumes que seguen a arrasar os montes galegos, os eventos consuetudinarios da crónica negra, mesmo unha misteriosa e desacougante desaparación en Pontevedra, foise pasando o verán e o Xacobeo. Houbo algo máis en forma de declaracións oficiais –abondosas palabras, escasa acción– prescindibles e no horizonte asoma un curso escolar non carente de tensións “por lo del gallego”, como din algúns non partidarios do galego, enténdase, da lingua propia de Galicia, convertida agora en problema en Galicia. Pero non acaba aí a dimensión negativa do verán. Os calores trouxeron tamén malos aires para algúns medios de comunicación escritos en galego. Malas novas para o ecosistema, para a lingua, para o hipersector da comunicación e para a construcción do discurso galego e en galego.
No panorama mediático galego, e en galego, faltan o portal Vieiros e o semanario A Nosa Terra, agora refuxiado únicamente na rede. Dificultades económicas nun marco de crise que obrigou a cerrar outras empresas en diferentes sectores. Dificultades presentes tamén noutros medios de comunicación, impresos, audiovisuais e on-line, de Galicia, que van capeando o temporal non sen sacrificios en boa parte asumidos por xornalistas e traballadores. Iremos vendo mentras reparamos na desaparición de Vieiros, portal-referencia de Galicia na rede, e do periódico semanal A Nosa Terra, con máis dun século de xornalismo militante no galeguismo e na reivindicación de Galicia. Outros medios desapareceron antes e outros han afrontar inevitablemente dificultades nun escenario adverso. Pero do que se trata é de chamar a atención sobre o empobrecemento cultural que supón a desaparición dun medio de comunicación. Coma no caso dos lumes, que devoran algo máis que madeira e mato porque queiman anacos de futuro, os medios que din adeus tapian tamén unha fiestra desde a que ver e entender o mundo, unha canle de palabras, unha posibilidade de diálogo e coñecemento.
Seica alguén da Xunta dixo aos representantes da Asociación de Medios en Galego que as axudas eran poucas e se non resultaba rendible publicar en galego, que pasaran ao castelán ou cambiaran de liña editorial. Calquera entende a diminución de recursos, pero non a diminución destas axudas, imprescindibles noutros sectores productivos –automobil et alii– e mantidas, con formatos e acenos diversos, para outros medios en castelán. Canto á liña editorial, sucede que en Galicia a opción polo galego xa supón un posicionamento e, en calquera caso, un medio non cambia, nun plis plas, de ideario. Velaí os meus principios editoriais, se non lle gustan, teño outros, diríamos en clave marxista (Groucho). Non. Sabemos que, tamén na comunicación, en Galicia non é infrecuente estar a velas vir ou andar ao sol que máis quenta e a algúns semella que mal non lles foi e van indo. E sei ben que non todas as xestións son acertadas, que moitas veces non aparecen os apoios previstos e que a masa crítica escasea. Porén o da comunicación é un sector estratéxico merecente tamén de consideración e apoios no que atinxe aos medios que apostan polo galego. Por iso me doe o adeus, quixera que temporal de Vieiros, na rede, e de A Nosa Terra, no papel. Por iso lamento a resposta oficial mencionada e o silencio doutros medios, que semellaran non quereren saber que tamén eles perden algo cando outros deben cerrar. Non. Non está a ser este un bó verán entre tanto lume, tanto desacougo, tanta crónica negra, tanta desaparición.

luns, 6 de setembro de 2010
Un conto de Reis desde Convers-ando
De Convers-ando:
Nós, como a maioría da poboación galega, vivimos co galego e gústanos vivir así. Coma o mar de Vigo, o galego acolle porque ten raíces, sabe de onde é e cara onde vai. O galego non é unha materia de instituto, non é inútil nin moito menos unha imposición, é a nosa maneira de facer o mundo máis rico, é o noso pasado, presente e futuro.
Interésanos falar cos que temos preto e entendernos con quen fica lonxe (porque a sorte de falar galego, únenos a 200 millóns de persoas de fala portuguesa e facilítanos ademais aprender outros idiomas
Que ademais nos regalan na súa web con esta marabilla, un conto de Reis moi, pero que moi ben contado:
Convers-ando Vigo from Convers-ando on Vimeo.

"O máis nefasto"
A CIG-Ensino compareceu en rolda de prensa para valorar o inicio do novo curso escolar 2010-2011, alén doutros temas, reproducimos máis abaixo o relativo á lingua.
Rolda de prensa de valoración do comezo do curso 2010-11 from cig-ensino on Vimeo.
A CIG-Ensino non permitirá que haxa ningún expediente contra o profesorado que dea as súas aulas en galego cando a situación predominante será que a maioría dos centros non cheguen ao 50% de impartición en lingua galega.
[...]
Mais, o máis nefasto, o máis negativo é o que ten que ver coa aplicación do Decreto 79/2010 que a CIG xa recorreu no seu día por consideralo ilegal ao ir en contra da normalización da nosa lingua e entrar manifestamente en contradición co marco legal establecido na Lei de Normalización Lingüística ou na Carta Europea das Linguas. Por primeira vez váiselle prohibir ao profesorado dar certas materias en galego, porque esa era a verdadeira intención dese trío formado polo Presidente da Xunta, o Conselleiro de Educación e o Secretario Xeral de Normalización, verdadeiros verdugos do noso idioma, reducir o contacto do alumnado coa nosa lingua mediante este Decreto que marxina o noso idioma no ensino. É un despropósito que se ameace con expedientes cando o denominador común é que os centros non cumpran o 50% de impartición en galego, nomeadamente os centros concertados, ou que na Educación Infantil, especialmente nas cidades, o alumnado no vai ter contacto coa súa lingua propia. Por este motivo a CIG-Ensino non vai consentir que haxa ningún expediente contra o profesorado que dea as súas aulas en galego. O que debe facer o Conselleiro e o Secretario Xeral é velar porque se cumpra ese 50% de impartición en galego que a realidade vai demostrar que é unha falacia, aí é onde ten que pór a énfase.
Anxo Louzao declarou que a CIG-Ensino vai centrar a súa actuación na esixencia de que remate a cruzada contra o galego, para o que terá que ser derrogado o Decreto 79/2010 e volver ao consenso do Plan Xeral de Normalización.

O Nonaino
Nestas últimas semanas Carlos Callón escribiu un par de artigos ( Para sandar as feridas e As palabras perdidas?) que, segundo el mesmo confesa, xeneraron unha importante polémica. Os artigos trataban dalgunha maneira o tópico da dialectalización do galego.
Como xa proclamei varias veces un, que é victima da inmersión lingüística en español, e que por formación é un ignorante en mateira sociolingüística (sexa isto da sociolingüística o que fora), comencei a lle dar voltas ao concepto ese de dialectalización, e sen saber moito do que se trata din en pensar no Nonaino; a ver se acertei nalgo ou se, coma outros, ando mexando fóra do testo.
Va alá xa 20 anos, era a primeira vez que ía a Madrid. Chegara despois dun interminable traxecto en tren. E alí estaba eu, sentado nunha terraza, canso da viaxe. Achégaseme o camareiro e daquela, xa o aviso, aínda non era habitual que fosen estranxeiros e, por suposto, este non o era.
- ¿Qué va a ser?
- Un Kas... -non me deixou acabar.
- ¡Hombre! ¡gallego!. Mi cuñada también es gallega, de Villalva....
Eu ficara asombrado. Como podía saber aquel home que eu era galego se as únicas palabras que eu dixeran foran: "Un Kas". Nin chegara a dicir "de limón", pois se así fose xa estaría eu cismando que me recoñecera por pronunciar un "o" pechado.
Pasaron ben de anos ata que alguén me dou unha resposta satisfactoria. Non me identificaron polo "o" que non dixen, senón polo "n". Polo que lembro da explicación, eu pronunciei un "n" sonoro, forte, orgulloso, galego. Pola contra, se eu fose, poñamos por caso, de Segovia, o meu "n" soaría esvaído e feble, como o "n" de "Dame el café conazúcar". Desde aquela sei que cando eu falo en español fágoo realmente en galego. No entanto hai persoas, como o Nonaino, que cando falan en galego fano á española.
O Nonaino é un profesor que odia a nosa lingua e maniféstao con máis claridade precisamente cando o fala. Aínda que ten os coñecementos e habilidades suficientes para falalo con soltura, atrapállase á mantenta, procura, non sen certo esforzo, trastocar algún pronome e, sobre todo está a pronuncia dos "n". Unha frase típica del é "Nonaino local da secretaría una grapadora?, me pareceu verlas alí". Agora xa sabedes por que os alumnos lle chaman o Nonaino.
Supoño que isto é ao que lle chaman dialectalización, falar como o Nonaino, pronunciar o seu "n", descolocar os pronomes, intercalar palabras e locucións en castelán,... en definitiva, convertir o galego nunha trapallada.
Pois a min écheme o mesmo que o Noanaino fale en castelán que en galego atrapallado, ningunha desas dúas é a miña lingua, a que eu defendo. Polo tanto conclúo que non se pode facer unha política lingüística procurando tomar medidas para frear a sangría da perda de falantes se, a un tempo, non se pretende que o galego que usamos sexa dunha mínima calidade. A pesar de que non se trata de que falemos como filólogos eruditos, non serve iso de que con tal de que fale galego, que o faga de calquera xeito. Temos que falar como galegos.
E ti, como dis "un Kas"? con orgullo, ou con vergoña de ti mesmo?

Un bico máxico
por Eva Wojkievicz, música, no Xornal de Galicia:
Acabo de recibir un manuscrito e hoxe a vida brilla máis luminosa e limpa. Está traballado minuciosamente nun imperfecto galego moi fermoso. A caligrafía é trémula pero firme, como o carballo no que xoguei tantas tardes de cativa. En pleno século XXI, meu avó segue mandando cartas escritas á man.
A súa é a última xeración de avós sabios, propagadores do coñecemento que fai evolucionar a especie. O seu reinado comezou hai dez mil anos, cando alguén se atreveu a dominar a natureza coa agricultura; daquela o maior tesouro era a experiencia tribal dos maiores. Antes, como nas xerarquías de calquera outro mamífero, o poder prendíano os máis novos, fortes e audaces. Agora volvemos á sombra da selva cazadora e os netos son os que turran, con rivalidade tecnolóxica, deixando atrás aos entrañables Mestres que observan petrificados como reliquias.
Os adiantos técnicos pasan tan rápido que provocan desacougo se non colles o ritmo da aceleración permanente: o invento da roda tardou dous milenios en chegar a Exipto desde Mesopotamia; a imprenta xa necesitou soamente un século e medio para estenderse por Europa; o teléfono móbil cambiou a vida dos habitantes da Terra en menos de dez anos. Meu avó ten o móbil que lle regalaron gardado na caixa cos plásticos e as instrucións. No mesmo caixón están as tarxetas inmaculadas que vai recibindo da caixa de aforros. El prefire ir cobrar a pensión persoalmente de mans de Evaristo, aproveitar para tomarlle algo na de Dosinda e mercar algunhas flores para repartilas no cemiterio. As persoas teñen que ser fieis ás persoas, non aos artefactos.
Hai pouco desertou de tanta oferta televisiva desde que os da TDT lle meteron outro mando máis na casa. Agora ten a Galega por defecto e preme co dedo no interruptor se quere ver algo ou apaga sen contemplacións cando non lle gusta, e logo? Hai máis cousas que facer! Por exemplo, compoñer unha carta á neta para aprenderlle o saber acumulado en dez mil anos.
Nesta era de relevo xeracional hai conceptos que repite incansablemente meu avó. Un deles é que hai tantos mundos como xente e unicamente aparecen mentres se lles presta atención. Tamén asegura que a nosa lingua é unha princesa durmida agardando o bico máxico que a faga vivir. Cantos máis bicos, máis tempo bulideira e alegre.
Ten a teoría de que sobrevivimos neste mundo hostil grazas a dous tipos de cultura: unha científica que nos protexe das dificultades físicas e outra artística que nos defende das agresións inmateriais. As dúas culturas fannos a vida máis confortable. Cunha podemos vencer as distancias do espazo, do tempo e do coñecemento; coa outra superamos o mal de amores, de perda e de tristeza. Unha fainos máis poderosos; a outra, máis felices. A ciencia precisa da colaboración colectiva porque nace para a civilización e aínda que moitos non participen na creación técnica, poden beneficiarse igualmente dos resultados. Pero as artes son distintas, son especiais para cada unha das persoas que queren entrar no xogo, e tan creador é quen escribe un poema como quen o interpreta.
A lingua reconforta co agarimo dos que se achegan a ela voluntariamente para gozar. Sinto que comparto moito co meu avó e tamén contigo. Estás a ler galego, así que ti es dos meus.

Punto de inflexión
por Carlos Callón, no Galicia Hoxe:
Hai xusto tres anos, os últimos días de agosto de 2007, Iria Taibo, a secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, e quen isto subscribe, como presidente desta mesma entidade, realizamos varios encontros formais con entidades que actúan na normalización do éuscaro. Nunha apretada axenda, tivemos varias entrevistas de traballo cos responsábeis de proxectos en Kontseilua, o Consello de Organismos Sociais do Euskara, e tamén con algúns medios de comunicación que teñen esta milenaria lingua como ferramenta e vehículo. Martxelo Otamendi, director de Berria e do inxustamente desaparecido Egunkaria, guiounos unha desas tardes pola ampla redacción dese diario. Explicounos as serísimas dificultades polas que pasaron, o seu funcionamento no día a día e tamén algunhas das expectativas que tiñan cara ao futuro.
Cando saímos da xuntanza, Iria e eu conversamos sobre o que alí viramos e fixemos algunhas contas. Parecíanos moi claro. Traballaba máis xente na redacción dese único diario en éuscaro que a suma de todos os xornalistas que estaban en nómina de todos os medios de comunicación en galego. Nas nosas contas feitas rápido nun pano de papel incluiamos a ollo mesmo os servizos informativos da CRTVG, que xa é dicir. Se nalgún punto nos erramos e non son máis, non teño dúbida de que son case os mesmos.
Para se dar esa situación en Euskal Herria conxúganse varios factores. Por unha banda, unha sociedade cunha consciencia moitísimo máis asentada que aquí de que cómpre apoiar os proxectos que se desenvolven en favor da cultura propia. Penso que non se debe reducir tampouco a importancia dunha renda per cápita máis elevada, que permite que sexan factíbeis algúns proxectos por subscrición popular que aquí semellan inimaxinábeis.
Mais a diferenza crucial entre un e outro país é a existencia aló dunha política activa de fomento da lingua desde as institucións, que pasa tamén por ir consolidando un espazo propio de comunicación. Non me refiro unicamente ás accións que se poden desenvolver desde os gobernos autonómicos, senón tamén desde as deputacións e os concellos. Por seguir con comparacións para a reflexión, hai concellos con tantos habitantes como ten aquí Santa Uxía de Ribeira que contan cun orzamento para a normalización lingüística que é superior á suma do que destinan a este obxectivo as catro deputacións e as sete cidades galegas. Debo subliñar que é superior tanto en termos absolutos como porcentuais. Posto que hai persoas con sensibilidade declarada pola lingua e o país nestas nosas institucións, talvez vaia sendo tempo de que realicen unha mudanza profunda da política lingüística, que sirva tamén para defender desde unha acción institucional vigorosa o que está a destruír, cal Atila, o actual Goberno galego (que pouco lle acae este adxectivo de "galego", verdade?).
Punto de inflexión
"A Nosa Terra está na biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, que mantén vivas catro subscricións desde 1979, mais a Xunta e oParlamento galego cancelaron as súas nada máis estrear Alberto Núñez Feijóo a Presidencia de Galiza".
Estas declaracións realizounas esta mesma semana en varios medios de comunicación Afonso Eiré, presidente e conselleiro delegado do grupo editor do desaparecido (mais resucitábel) semanario.
O feche da edición impresa d"A Nosa Terra súmase á desaparición neste mesmo ano 2010 dos xornais electrónicos GzNación e Vieiros, este último con quince longos anos de experiencia ás súas costas. Outros medios como A Peneira encóntranse tamén ao borde do precipicio. Trátase en todos os casos de problemas económicos, ante os cales a Xunta actuou coa desatención máis absoluta. Si, talvez sexa morno de máis ao falar de "desatención", cando na realidade a actitude da Xunta de Núñez Feijóo é dunha agresividade manifesta.
Aí está o caso das subscricións que se dan de baixa da noite para a mañá (mentres se multiplican as dos medios afíns ao partido gobernante), a eliminación ou redución á mínima expresión da publicidade institucional, a discriminación nos convenios e axudas públicas, o pirateo de ideas (como lle aconteceu a Vieiros no caso A polo ghit)... Hai, en fin, un propósito claro de destrución dos medios de comunicación na nosa lingua.
Debemos sumar a esta situación de redución de cabeceiras no noso idioma a multiplicación exponencial a través da TDT de medios de comunicación en castelán. Varios deles, ademais, son portavoces dun extremismo españolista propio da época do NODO. A CRTVG, que podería ser un oasis para a nosa lingua e cultura, encóntrase, no entanto, nunha planificada depauperación gobernamental.
Así, sen tremendismos nin catastrofismos de ningunha clase, debemos recoñecer que estamos a pasar por unha situación de singular gravidade. Nunca nestes 30 anos de Estado das Autonomías o catalán ou o éuscaro pasaron por un momento semellante de desaparición, como nun dominó, de varios dos seus principais referentes informativos na súa lingua.
Mais non escribo estas liñas para queixarme nin para facermos terapia de grupo. Cómpre que estes problemas sirvan como punto de inflexión para a toma de accións colectivas. Por exemplo:
1) Mantermos unha liña de protesta pública para que cesen as actitudes belixerantes da Xunta contra os medios de comunicación que utilizan o galego.
2) Reclamarmos que as axudas para o uso da lingua propia que convoca anualmente o Goberno galego sirvan para ese fin.
3) Demandarmos a todas as institucións (tamén concellos e deputacións) que revisen a súa política lingüística, dotándoa de maior forza e acción social.
4) Individualmente, darlle soporte aos medios de comunicación que utilizan o noso idioma: subscribíndonos, dándolles visitas na rede, difundíndoos...
Eu, a partir de agora, vou preguntar nas cafetarías e nos restaurantes se teñen por aí o Galicia Hoxe. Xa sei que un gran non fai graneiro, mais...

"A barbarie existe, eo que é peor, normalizada"
Manuel Vidal Villaverde, coas súas preguntas curtiñas, entrevista a Eva Veiga, no Galicia Hoxe. Deixo aquí un anaco da entrevista, para vela completa, premer na ligazón.
Eva Veiga (1961, Ombre-Pontedeume. A Coruña). Xornalista e poeta.No 1985 comeza a traballar na Televisión de Galicia onde desenvolve unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo, na dirección e presentación de programas culturais.
Na actualidade, colabora na escrita de artigos con diversas revistas e xornais e tamén en programas de radio.
[...]A estas alturas xa ninguén pon en dúbida o intento de liquidación e polo tanto morte do idioma nacional de Galicia, só os "rudos e ignorantes", lingüicidas, galegófobos, xentes pateticamente mergulladas no auto-odio, colonizados e autocolonizados, pretenden facer do idioma galego unha andrómena de museo metafísico. Máis que ignorancia –que si existe– eu falaría de totalitarismo burgués, barbarie capitalista, e descoñecemento por mor dun analfabetismo funcional máis que emocional, que desgraciadamente se dá entre os libertos e os escravos sen conciencia da súa condictio, algo esencial para súa liberación. A hipótese dun xefe de planta nun matadoiro multinacional é, por evidente estolidez oposta ao que digo, e o mesmo acontece nun catedrático ou profesor de universidade, IES, etc. A educación para a liberdade non deixa de ser cal un anuncio de lavavaixelas ou hamburguesas dunha recoñecida multinacional ianquí. "A barbarie como principio", podería ser o título dun próximo libro meu. Cal sería a túa resposta a esta miña reflexión?
A barbarie existe e o que é peor, normalizada. O que máis semella importar neste sentido é que sexa legal e economicamente beneficiosa para os que teñen ou andan a coller a tixola polo mango. Non hai máis que prender o aparello da televisión para decatármonos de que vivimos instalados nunha terrible demencia que se propaga especialmente a través dunha espuria manipulación da linguaxe. Porque o uso da lingua nunca é inocente. Tampouco o dunha lingua ou outra. E velaí o que pasa co galego. O autodesprezo é, sen dúbida, unha patoloxía que tratan psicólogos e psiquiatras. Unha comisión de expertos nesta materia non lle viría mal a este país afeito a honrar o alleo e desprezar o propio, o que supón que non levantaremos cabeza a nivel político nin social nin económico: é todo iso é cultura ou incultura. Existe –fundamental– o asunto clasista, de alienación; pero, coido que tamén de preguiza intelectual, de desleixo. Aínda sabendo que desenvolver unha cultura propia vai supoñer un beneficio en todos os ámbitos para toda a comunidade, pois non nos peta, porque iso supón un pequeno esforzo que non estamos dispostos a facer, sobre todo se aparece alguén con poder e falacias para convencernos non só da inutilidade senón mesmo da inconveniencia desa tarefa. Non se coñece un pobo que se deixe suicidar desta maneira. Hai comunidades que se esforzan por poñer en valor trazos diferenciadores que mesmo inventan porque, entre outras razóns, entenden que nun mundo globalizado só es alguén se tes algo distinto que achegar e compartir. A espiritualidade profunda dun pobo radica na súa lingua. Non hai monumento máis importante que ese. O interesado abandono do noso idioma é un síntoma máis dos tempos que corren, do triunfo da mediocridade fronte á procura da excelencia.
[...]
domingo, 5 de setembro de 2010
Dinamización lingüística
No canto de normalización os ventos xélidos do funesto decreto 79/2010 sopran pola dinamización. Debe ser certo, non hai mais que ver a foto que me acaba de chegar. Asegúranme que é o taboleiro do equipo de normalización dun instituto da Coruña.
Días difíceis para a imprensa en galego
por Néstor Rego Candamil, en Terra e Tempo:
A situación pola que están a pasar as publicacións en galego ilustra ben as dificultades para manter medios na lingua propia do País, á marxe do poder, e que contribúan a unha pluralidade informativa tan necesaria como escasa.
Vimos de coñecer a noticia da desaparición -agardamos que temporaria- do semanario A Nosa Terra. Falar d'A Nosa Terra remítenos inmediatamente ao esforzo que historicamente fixo o nacionalismo por dar a coñecer a realidade de Galiza tal cal é, sen mistificacións nin manipulacións. Coñecérmonos é requisito fundamental para podermos axir politicamente, para conformármonos como suxeito político, mesmo para sermos capaces de exercer os dereitos que como nación nos corresponden. Non menos importante é a existencia de medios en galego para a normalización da nosa lingua. Aliás, nesta era de dominio do audiovisual, pola actitude activa que exixen do lector, as publicacións escritas xogan aínda un papel fundamental. Por ambas razóns é, portanto, unha moi má noticia o desaparecemento de xornais en galego.
En poucos meses foron cinco os medios na nosa lingua que deixaron de publicarse: a GZnación veu sumarse Vieiros, a rede social de difusión de noticias Chuza!, A Peneira e agora A Nosa Terra. Unha primeira reflexión, inevitábel, lévanos a constatar, máis unha vez, as enormes dificultades para manter medios na lingua propia do País, á marxe do poder e que contribúan a unha pluralidade informativa tan necesaria como escasa.
Céntrome n'A Nosa Terra polo que representou como cabezallo histórico, centenario, do nacionalismo galego e da defensa de Galiza e da súa lingua. Dicía estes días o seu presidente que nas súas páxina ficou plasmada a mellor Galiza da man do mellor da intelectualidade galega dos últimos 100 anos. E é verdade. Entre outras cousas, porque ANT foi ao longo da súa historia un proxecto colectivo, resultado do esforzo de moitas persoas. Foino cando naceu vinculado ao agrarismo e ao galeguismo. Foino como voceiro das Irmandades da Fala e despois do Partido Galeguista. Foino como portavoz da Galiza resistente no exilio americano. Foino tamén nesta última etapa, desde que botara a andar na rúa da Troia, en Compostela, aló por 1977.
Certo que neste período se formulou como un proxecto empresarial independente, mais mesmo así colectivo, concibido en función do avanzo da lingua e da consciencia do País. Como un medio comprometido coa causa patriótica, que contribuíse cunha información veraz e unha opinión crítica, contrastando coa información propagandística da imprensa do poder. Tratábase, aínda, de comezar a construír un espazo informativo propio, do que tan necesitada estaba a Galiza de entón e continúa a estar esta de hoxe. A ese proxecto dedicáronse recursos materiais e humanos. Dedicáronse inúmeros esforzos. O que aconteceu entón para chegarmos a este resultado?
A coincidencia na desaparición de cinco medios parece que nos debe levar a buscar en primeiro lugar causas xerais. De entre estas pega na vista a crise económica, que ten afectado de xeito importante a numerosas empresas de comunicación, mesmo das máis sólidas, un pouco por toda a parte. Tamén na Galiza. Na actualidade, grupos de comunicación asentados e que gozan do respaldo do poder están a pasar por dificultades económicas, quer que os reaxustamentos no cadro de persoal sexan feitos con toda a discreción posíbel e o brazo amigo non vaia permitir chegar a situacións límite. Parece evidente que a caída do mercado publicitario irá afectar en maior medida a pequenas empresas que xogan sempre no bordo das posibilidades económicas.
Unha segunda causa ten a ver coa volta do PP ao goberno e a adopción de políticas sectarias e antigalegas, tamén en relación cos medios que empregan a nosa lingua. O corte da publicidade institucional nestes medios e a redución ao ridículo da cuantía dos subsidios ás publicacións en galego tiveron, desde logo, un efecto negativo importante. Non se trata de asumirmos que medios de comunicación que son empresas privadas teñan que vivir do erario público, mais forma parte das obrigas legais da administración galega o apoio ao uso da nosa lingua, tamén na comunicación social. Aliás, é evidente que esta actitude contrasta poderosamente co xeneroso apoio económico que están a ter os medios en español afíns ao Partido Popular, especialmente aquel a quen debe compensar o contributo que fixo para recuperar o goberno, La Voz de Galicia.
Porén, Promocións Culturais Galegas, editora de ANT, semellaba unha empresa suficientemente consolidada como para poder resistir os embates conxunturais das circunstancias políticas e económicas. Talvez debamos fixarnos entón en decisións adoptadas non últimos anos, que mudaron o rumbo de ANT e con el a súa orientación informativa. A máis relevante, sen dúbida, a adoptada en 2007 -xusto no centenario- cando a Construtora San José se fai coa maioría das accións e asume o control da empresa.
De repente, a vontade de 900 pequenos accionistas, que o eran en boa parte por compromiso político e por afán de contribuír á viabilidade do xornal e do proxecto editorial, ficou sometida ás decisións do novo propietario. De facto, a xulgar polo expresado por representantes dos traballadores, a decisión de cesar a publicación en papel podería terse evitado e talvez se evitase de corresponder adoptala ao conxunto dos accionistas que sempre impulsaron o proxecto. En todo caso, unha operación que se presentou como garantía de afortalamento e continuidade do proxecto, acabou por resultar fallada.
Nada que dicir contra a aposta empresarial por medios de comunicación social en galego. Polo contrario, o problema do País é carecer dunha burguesía media comprometida co seu futuro que realmente aposte por construílo, tamén desde a información. Ora, o caso d'A Nosa Terra é un bocado diferente, xustamente por como foi concibido, xestado e desenvolvido, como resultado do esforzo colectivo, como a voz da nación en marcha. Por iso moitos lectores non entenderon -non entendemos- que se lle entregase o resultado dese esforzo colectivo, de tanta contribución altruísta, de tanto traballo -cantas veces militante- a un empresario, sexa quen for e por moi galeguista que for. E que con iso se entregase tamén boa parte da historia do nacionalismo exemplificadora do compromiso por levantar un espazo de información de seu.
Tampouco a nova orientación, encamiñada a alargar o número de lectores no ámbito do galeguismo, semella ter dado grandes resultados, entre outras razóns porque non hai campo real aí ao que se dirixir. En troca, boa parte dos lectores tradicionais, que contribuíran a levantar o xornal, sentíronse defraudados. Debilitouse, en boa medida, a identificación política e até afectiva que se ten con aquilo que é cousa de todos e por iso tamén responsabilidade de todos, fundamental para un proxecto destas características, que precisa de respaldo social, saír adiante.
Semella entón, que tería resultado máis útil, e tamén máis eficaz, que os esforzos por consolidar o proxecto e ampliar ámbitos de influencia e lectores se fixesen sen sacrificar os fundamentos do mesmo nin a claridade e coherencia da liña editorial coa que se refundara. E se fixesen, sobre todo, co espírito colectivo que informou o proxecto desde o seu nacemento.
En calquera caso, a situación dos medios en galego é ben ilustrativa da fraqueza do compromiso da pequena e media burguesía cun proxecto de futuro de seu para Galiza. Mais tamén das dificultades do nacionalismo popular por articular recursos e ámbitos de comunicación con capacidade de real influencia social. Porén, ese é un reto que o nacionalismo ten que continuar afrontando, na convicción de que a consolidación dun espazo galego de información e opinión é indispensábel para irmos asentando ao tempo un ámbito de decisión política que nos conduza a un futuro de liberdade.
É de esperar -e hai que traballar para iso- que as dificultades polas que están a pasar as publicacións en galego acaben por se resolver e vexamos recuperar nos quiosques ou no ciberespazo cabezallos que contribúan para a normalización da nosa lingua e para o coñecemento da nosa propia realidade. E aí debe estar A Nosa Terra, á que nos gustaría sentir novamente como un proxecto común da Galiza que non se resigna nin se rende.

Ordes, cidade de vacacións
En Cataluña están, con enormes atrancos, intentando normalizar o sector da distribución cinematográfica. Aquí nin se chega a pensar niso, pois se desde a Consellería de Educación mediente a trapallada do equilibrio lingüístico queren prohibir a impariticón de clases en galego, quen vai reivindicar que o equilibrio lingüístico se estableza nos cines?
Menos mal que hai quen vai facendo algunha cousiña tamén neste ámbito. En Ordes celebrouse o pasado mes de agosto o I Festival de curtametraxes Creative Commons: Cinestable.
Segundo os organizadores o seu obxectivo obxectivo é: Que a mensaxe de liberdade, de sentirnos donos do que facemos e queremos compartir con liberdade, de non ser manexados por outros, xa sexa calquera tipo de entes privados ou públicos, chegue á sociedade.
Os premiados foron:
Premio á mellor curtametraxe : Xogando con propiedade de AC Lucerna
Premio á mellor curtametraxe en galego : RC14 de Dolores Iglesias
Premio do público : Ordes, cidade de vacacións de Jesús Méndez
A última é un anuncio promocional de Ordes con moito humor:
Ordes, cidade de vacacións from cinestable on Vimeo.
Parabéns aos organizadores e a todos os premiados.

humor,
Normalización,
vídeo
sábado, 4 de setembro de 2010
‘A Nosa Terra’, o goberno e a nación
por Xavier Vence, catedrático de economía, no Xornal de Galicia:
No mundo que nos tocou vivir, un país sen medios, sen espacio comunicativo xenuíno, non existe; un país sen capacidade para interpretarse a si mesmo e retransmitilo a propios e extraños, nas súas propias claves, pasa a ser un país “construído” polos outros e, polo tanto, sen vida de seu. A representación do mundo na cabeza dos individuos, o que o resto do mundo valora dese país e a forma en que os propios cidadáns se autovaloran e se autorecoñecen dependen da forma en que día a día reconstrúen esa realidade os medios –nas súas diversas modalidades e soportes.
A desaparición, cando menos temporal, do semanario A Nosa Terra representa un fracaso –un máis– na tentativa de construír un espacio comunicativo propio en Galiza. Desde Galiza e en galego. Coma todo os fracasos, ten moitos pais e non é este o lugar para promenores.
Pero o que é un fracaso para uns é un éxito para outros. Tanto polo seu perfil ideolóxico coma polo feito de representar unha peza –aínda que modesta– dun espacio propio de comunicación e por representar unha aposta decidida pola normalización do noso idioma, está claro que era unha almea á bater por parte de todos aqueles que teñen como santo e seña o acoso aos sinais de identidade da nación. Á hora de avaliar a circunstancias que determinan a súa inviabilidade temporal –despois de tres décadas nos quioscos– non poden obviarse as consecuencias dunha crise financeira profunda que leva ás entidades financeiras a un racionamento de crédito que asfixia a multitude de Pemes e a unha caída xeralizada dos gastos en publicidade por parte de todas as empresas, capítulo que en maior ou menor medida é crucial en todos os medios –aínda que na ANT fose proverbialmente modesta–; pero tamén é certo que a administración dese racionamento de crédito e do gasto publicitario non son neutrais. E non só pola acción directa do Goberno da Xunta senón porque tanto este como unha boa parte dos sectores económicos e ideolóxicos afíns comparten a estratexia neocentralista de cerco e acoso daquilo que consideran estorbos. E que este pode ser un bó momento para dar ese pequeno golpe de graza. Todos os medios atravesan momentos financeiros moi difíciles pero uns contan con trato privilexiado nas finanzas, nas axudas públicas e na “solidariedade” empresarial (diríamos de clase) e outros deben capear o temporal coas súas propias forzas e fronte á competencia desleal dos protexidos. Nese sentido, cómpre recoñecer a tremenda hipocrisía dos discursos que atribúen estes desenlaces ao suposto ditame do mercado. Se non houber máis padiolas que o libre mercado moitos outros terían sucumbido antes que ANT.
Pero, ao meu ver, o caso de ANT pon tamén diante dos nosos ollos as eivas do corpo social que trata de erguer a nación. Resulta desconcertante que esa quinta ou sexta parte da poboación do país que hoxe parece ambicionar positivamente unha Galiza de seu non sexa quen de dotarse non xa dun semanario ou un diario senón dun sistema de medios máis amplo, estábel e diverso. Posibelmente, ocasións coma esta deberan servir de revulsivo para a reflexión colectiva e para desencadear un proceso de cooperación xenerosa de todos e cada un, con amplitude de miras e lentes de amplo espectro, sabendo que a construción dos instrumentos da nación non a vai facer o Estado nen as institucións dominadas polo neocentralismo “sen complexos” senón que requerirá desa labor de enxeñería miúda desde abaixo, coa contribución de cada un e tamén “a escote”. Desde logo, o nacionalismo está no dereito a reclamar que os nosos impostos non se usen para destruír os nosos sinais de identidade pero os nacionalistas han asumir que sen o seu “imposto adicional e incondicionado” será moi difícil erguer os instrumentos para avanzar.
Longa vida a Xornal, Galicia Hoxe, Tempos Novos, A Trabe de Ouro, Grial e todos os demais.

N contra Ñ
O "ñ" pasou a ser o símbolo do español. Onte vin pola Estrada a unha moza vestida cunha camiseta como a dunha das imaxes que aparece aquí, e polo que me comentan fai referencia á victoria do equipo español de fútbol nuns mundiais que houbo hai pouco. Como eu vivo fóra do mundo do deporte non sabía moito do conto, no entanto si que se me veñen á mente outros casos moi coñecidos. Un deles é o do plan E, o plan Español para o Estímulo da Economía e do Emprego, no gráfico da campaña deste plan, o E ten o rabiricho do "ñ". Outro exemplo é o do Instituto Cervantes (a institución para o ensino e difusión do español e da cultura española). Estou seguro de que hai máis, pero para o tema deste post chegan e sobran estes casos.
Xa deixei por aquí nalgunha outra ocasión unha idea que lla regalo á Consellería de Cultura. Como se cumpriron 125 anos do pasamento de Rosalía de Castro non estaría mal, por exemplo, regalarlle aos peregrinos que chegan a Santiago, un libriño ou folleto con algún poema da escritora, e se quixeran podía habelos bilingües: galego-español, galego-inglés, galego-francés, ... Ou podíase ofrecer un roteiro polas casas de Rosalía, divulgando a súa obra, ...ou congresos, cursos,.. E así todos eses visitantes volverían ás súas casas sabendo que aquí temos unha lingua de noso, algúns interesaríanse pola escritora, buscarían os seus libros, libros doutros autores galegos... O problema que ten todo isto é que vai na dirección da defensa e da valorización da lingua e cultura galegas e parece ser que a Consellería de Cultura non está para iso, pola contra os seus pasos son firmes na secundarización e desprezo por todo o que cheire a galego.
Eis aquí un exemplo ben significativo, non é unha sinalización na beirarúa, é unha declaración de intencións. Decateime da súa existencia o pasado día 1, o primeiro día de traballo. Estaba afeito a deitarme tarde e como tiven que madrugar conducía algo adumiñado cando vin este mostruo amarelo e azul. Case bato contra el. Menos mal que pisei a fondo o freo. Menudo susto!.O que coloca estes sinais polas estradas galegas estanos a dicir que en Galicia só hai unha lingua, o castelán, tamén nos di que non quere que os estranxeiros se decaten de que aquí falamos en galego, e advirte que si quere que o galego sexa inservible e invisible. O pé: "Itinerario Cultural Europeo" indícanos que o galego nin é europeo nin é cultura. O sinal está ameazando ao transeúnte, non é un sinal informativo, e para ser coherente debería ser redondo e coa beira vermella, de prohibición. Por iso eu reivindico o "ñ" da selección gañadora do mundial, o do plan E e do Instituto Cervantes. Porque se non fago esta reivindicación, que me queda? Calar? O silencio? O "h" representa o silencio.
E que representa o "nh"?
venres, 3 de setembro de 2010
A Nosa Terra
por Miguel Anxo Fernán Vello, no Galicia Hoxe:
A Nosa Terra se vexa obrigada a pechar a súa edición como semanario en papel é unha noticia desacougante e perturbadora, pois sinala a gravidade da crise económica existente, unida esta a unha crise cultural que está aí, ben visíbel e xa actuante, e a un desleixo e desprezo por parte do actual Goberno da Xunta no que atinxe ao idioma galego e ao que este representa no plano da educación, da comunicación e da creación cultural no seu máis amplo sentido. Desaparecendo a edición física dunha publicación centenaria como é A Nosa Terra -agora só fica a súa edición electrónica na "rede"-, a cultura galega perde, empobrécese, redúcese, e o panorama que se nos ofrece -prensa escrita en galego- é realmente preocupante. E incluamos aquí a desaparición do xornal electrónico Vieiros (15 anos de xornalismo na internet) e da rede de difusión de noticias Chuza. Eu dicía hai xa un tempo nesta páxina que non estaban a ser bos tempos para as industrias culturais, para o mundo do libro e para os medios de comunicación no noso idioma. E todo isto pode empeorar, e moito. O Goberno da Xunta debera ser consciente, máis alá das políticas partidistas, desta situación, que comeza aos poucos a adquirir tons de gravidade. Se o tecido cultural galego, dadas as circunstancias, resulta danado nalgunha das súas partes -foi Manuel Fraga, por certo, quen falou no seu día do libro galego como "sector estratéxico", digámolo a modo de exemplo-, o mal producido pode ter consecuencias nada desexábeis para a riqueza creativa e cultural de Galicia. A cadea de "desaparicións" Vieiros-Chuza-A Nosa Terra (...) -existen hoxe tamén editoriais e compañías teatrais na corda frouxa- debera motivar con urxencia unha análise fría e real da situación na que viven hoxe as industrias culturais galegas e, sobretodo, unha reflexión sobre o horizonte que se albisca, de seguirmos así, para un sector que resulta clave para o progreso e benestar cultural de Galicia. Vaia aquí a miña solidariedade con A Nosa Terra, inmenso patrimonio inmorredoiro.

O revelador caso de "A Nosa Terra"
por Xosé Manuel Pereiro no Xornal de Galicia:
Sendo cínicos, se as boas noticias non son noticia, temos unha enorme noticia: A Nosa Terra, un dos poucos medios de comunicación centenarios de Galicia, vén de pechar. Ou máis exactamente –sexamos optimistas– interrompeu a súa publicación en papel. Aínda sendo cínicos e optimistas, non deixa de ser a caída última dunha serie de cabeceiras en galego no prazo dun mes. Estamos ante un fenómeno extenso, complexo, e do que moito se ten debatido (quen non participou nalgún acto sobre “Galego e medios de comunicación”, sen contar conversas en privado?), pero o de ANT non é un caso puntual dentro dese ámbito, senón moi revelador.
Imaxino que, por respecto ao corpo aínda quente do semanario, non se erguen de momento voces (pero ergueranse) dicindo que se pecha ANT é por decisión do mercado, polo cego e imparcial ditame dos números. Non é certo. As comparacións son odiosas, pero ás veces necesarias: os números da empresa editora de ANT non son precisamente peores cós doutros medios de comunicación. Outra cousa son as súas habilidades empresariais e a súa capacidade de negociar esa débeda. Grupos de fuste estiveron ou están ben máis entrampados, pero as entidades financeiras acredoras foron máis comprensivas. E non deixaría de ser curioso que as cegas e imparciais leis do mercado decidiran estreitar a oferta, deixando a unha parte do público sen o produto que demanda. Si é certo, pola contra, que ese segmento de público podería ser máis amplo –e aquí, como no fútbol, todos os seguidores da comunicación temos fórmulas maxistrais para facer o xogo máis áxil, eficaz e entretido– , pero nos tempos que corren, unha tirada de 10.500 exemplares e máis de 3.000 suscriptores son cifras nada modestas.
O certo tamén é que a vida da meirande parte dos medios de comunicación, inmersos nunha crise estrutural, a maiores da crise xeral, é precaria, e máis en Galicia. Precisan de axudas públicas, como moitos outros sectores, desde a automoción á pesca. E recíbenas en todas partes, de moi distinto tipo, desde os convenios publicitarios ata as subvencións para a compra de papel. Pero teñen que ser transparentes, concedidas mediante parámetros medibles e públicos. E a vara de medir non pode ser utilizada para marcar o lombo dos díscolos ou para empuxalos disimuladamente para que caian do estreito valo económico polo que andan e logo dicir que non foron eles, que caeron sos. E nas axudas polo uso do galego, a sensación é que a maioría das subvencións para a promoción da música clásica –perdoen a comparación particularmente odiosa para todos– se lle están dando a Bisbal e non a Orquestra Sinfónica de Galicia.
E tan importante como os cartos –aínda que niso probablemente non estean de acordo os empresarios de ANT– son as actitudes. De ser certo que na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos teñan catro subscricións a ANT e no Parlamento Galego e na Xunta, desde marzo de 2009, ningunha, é un feito que retrata o nulo sentido institucional e enorme revanchismo dos responsables desa decisión. E se a Xunta liderou no seu día asombrosos rescates financeiros de modistos e similares, non é de recibo que agora o único que dá aos responsables de ANT é o consello –vexámolo como un consello– de que muden de rumbo editorial, que vaian pescar tamén nos sobreexplotados caladoiros do mainstream.
Non é propio de ningún goberno rectificar. E este nin sequera desmentiu ningunha das acusacións de emprego partidista e desigual dos fondos públicos. Quizais sexa a oportunidade de que a sociedade, ou parte dela, se propoña unha nova relación cos medios informativos.

Perigo de radiación
Do Portal Galego da Língua:
atualmente é possível consultar no site da Companhia de Rádio/Televisom da Galiza as tarifas publicitárias da TVG e mais da Rádio Galega. Porém, no caso desta última, apenas se pode ler a documentaçom em espanhol, o qual resulta mesmo chocante com o caráter normalizador que deve ter o meio público, como recolhe também umha das considerações finais do texto: «La publicidad se emitirá en gallego. El servicio de doblaje es gratuito».
Eu prefiro esta outra consideración das tarifas: "La radiación en un horario determinado llevará un recargo del 50%"
xoves, 2 de setembro de 2010
Cancelas ao galego en Valga
A defensa do galego non ten outra cousa que cancelas. Por unha banda están as ameazas a impartirmos as aulas en galego (u-las as ameazas aos que as imparten en castelán?). Doutra están a trabas administrativas, lembremos a multa de 500 € imposta pola subdelegación do goberno a Queremos Galego este pasado mes de abril por unha concentración na que nin houbo incidentes nin interrupción do tráfico, ou o caso da multa de 1800 € pola colocación dunha pancarta en defensa do galego no concello de Santiago.
Agora a forma de actuación da zunia consiste en vetar a presenza dun posto informativo da Mesa pola Normalización Lingüística na Festa da Anguía organizada polo Concello de Valga.
Segundo se informa desde a web da Mesa, o grupo de traballo desta organización zona solicitara formalmente a correspondente autorización municipal para situar dentro do recinto da festa un posto informativo no que difundir as súas campañas e iniciativas en defensa do galego e recoller sinaturas en apoio á iniciativa lexislativa popular pola garantía dos dereitos lingüísticos nos ámbitos do ensino e das administracións públicas, que está a promover desde hai varios meses a Plataforma Queremos Galego.
Porén, malia cumprimentar debidamente e coa suficiente antelación todos os trámites burocráticos solicitados polo Concello de Valga –incluído un informe sobre “os obxectivos da actividade” -, uns poucos días antes da festa o propio alcalde, acompañado de varios membros do seu equipo de goberno, citou no Concello os representantes da Mesa en Valga para comunicar que non daba a súa autorización para colocar o posto informativo solicitado, xustificando tal decisión en que á Festa da Anguía acudirían distintos cargos do goberno da Xunta, entre eles o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, quen finalmente nin sequera compareceu.

Dous meses na notaría
Do blogue de Marcelino Fernández Mallo, a trenza, sácolle este anaco, mostra da situación normal do galego nesta nosa (?) sociedade. De paso recomendo que cando teñades uns minutiños, vos entreteñades desenleando as febras desta trenza.
Se aínda lle botas un ollo de cando en vez a esta bitácora, talvez recordes esta anotación, Galego na notaría. Daba conta dun trámite administrativo que se estaba a complicar polo noso empeño de artellalo nun idioma distinto ó habitual. Hoxe volvéronme chamar para concertar a data da sinatura. Publicara aqueloutra anotación o 3 de xullo pasado o cal significa que a xestión demorouse dous meses por mor da lingua. Alguén podería pensar que demandáramo-lo uso do mandarín, do islandés ou do tamazigue mais non. A demora debíase a ter solicitado a escritura en galego, dentro de Galicia e con tódolos interviñentes nados nesta mesma terra. Hai dous meses, a empregada da notaría principiara a conversa en galego e mudara ó castelán polo medio. Hoxe, ben máis simpática e fandangueira, iniciouna en castelán pasar pasar ó galego na metade. A min gustoume máis así.

Cumprindo co galego
Hoxe volveron a preguntarme, outra vez se non temía ser expedientado por continuar a impartir as aulas en galego, e estou seguro de que aos outros 3000 profesores alguén lle chegou con esta cuestión. A insistencia nesta pregunta aos que estamos comprometidos co galego é moi semllante á actuación da mafia máis sibilina.
Moitas veces citei aquí un informe publicado polo Consello da Cultura Galega, coordinado por Bieito Silva Valdivia, e que seguramente, sen querelo, ven sendo a fonte máis fiable a respecto do uso do galego no ensino non universitario. Deste informe pódese concluir, un tanto burdamente, pero achegándonos moi fidelmente á realidade, que nos últimos anos o uso do galego nas etapas referidas debía andar polo 35%. Teñamos en conta que o anterior decreto establecía como cota inferior o 50% de aulas en galego polo que debía haber polo menos un 15% de profesores que, incumprindo o decreto eran un claro factor castelanizante do ensino. E se digo polo menos é porque cómpre ter en conta que había e hai moitos profesores que, sen que ninguén llo pedira, impartían as súas clases en galego. Polo tanto, e tendo en conta que a cifra de docentes supera os 35.000, non é nada disparatado concluir que preto dos 6000 docentes viñan incumprindo o anterior decreto contribuíndo á desgaleguización da sociedade, e o caso non saía nos xornais, curioso. Isto últimamente, porque ninguén dubida que as cifras de docencia en galego non fixeron outra cousa que incrementarse desde, poñamos por caso, o ano 1983, o da promulgación da Lei de Normalización Lingüística.
A cantos deses milleiros de profesores, durante estes últimos 30 anos, lles preguntaron insistentemente se temían represalias da Consellería de Educación por impartiren aulas en español?

Comenzou o curso
Hoxe foi o primeiro día do curso 2010-2011. Só vou citar as noticias do Xornal de Galicia a respecto do ensino:
Máis de 3.000 mestres non acatan o decreto e darán as clases en galego
O BNG declara a guerra á Xunta se represalia mestres pola súa lingua
“Non poden tirar os libros e falar de austeridade”
Educación publica as axudas para os libros que cambian de idioma
Botan a andar as Galiñas Azuis, que xa non garanten o uso do galego
A dereita clama contra o catalán nas universidades
O PP cualifica de "intolerante" ao BNG por instar a incumprir o decreto
A Xunta advirte que "hai que cumprir coa lei e aplicar o decreto"
Jesús Vázquez cre "sorprendente" o chamamento á rebeldía do BNG
A Xunta advirte de que aplicará a lei contra os ‘insubmisos’ ao decreto
Clarificador, non?
P.S.: O PSdeG censura "as ameazas" da Xunta aos insubmisos ao decreto

mércores, 1 de setembro de 2010
Destrozando o que queda de galego (A Nosa Terra)
A finais de xullo pechaba Vieiros, ao día seguinte facíao chuza!, pouco tempo despois era A Peneira quen deixaba de renovar os seus contidos.
Cando abrín onte a páxina da Nosa Terra e vin que entre as noticias máis destacaba estaba unha na que destacaba que o periódico analizaba o prego de condicións da publicidade do funesto decreto 79/2010 quedei algo desorientado porque a noticia parecíame resesa. O último día do mes pasado xa aparecera neste mesmo blogue o documento que avaliaban na Nosa Terra. Por esas datas saltara a polémica pois nese prego facíase referencia ao castelán como lingua propia de Galicia (sic).
Que lle pasaba á Nosa Terra? Por que desaparecera da edición dixital a franxa de colaboradores? Houbera noticias de problemas co personal... E agora entérome, vía Imos Indo, de que o semanario deixa de publicarse. Todo un símbolo, a única edición periódica en galego durante décadas, dou a súa última puntada. E nestes días esta non é a única referencia informativa a respecto da Nosa Terra. Lembremos que desde Galicia Confidencial se denunciaba que a Xunta non gastaría nin un euro na compra de libros desta editorial. Estamos a destrozar todo o que de galego quedaba en Galicia. A quen beneficia isto?
A Nosa Terra foi desde a súa fundación no 1916 e durante os cinco primeiros anos, a publicación das Irmandades da Fala. Non se me ocorren mellores palabras de homenaxe que as tiradas do seu primeiro número, baixo o título "A bandeira ergueita":
Galicia é unha patria natural con lingua de seu. As duas colunas do noso idearium, que non tiveron en conta os subrimes Precursores, seguíndose d´eiqui o seu fracaso. Temos unha lingua propia, feitura de Dios e da Naturaleza, que emprega aínda a maoría do pobo, non habendo gramáticas ni dizonarios que axudaran a fixala y-apesare de cinco sigros de centralismo: lingua armoñosa que naceu do latín, desgaxada do albre dá soberanía de Roma pra parir o castelao y-o portugués, pra vivire en trunfo con sito internacional nas Cortes dos reises e nas xustas d´amore; lingua viva que entenden moitos millóns d´homes mais alá das fronteiras; que fixo dos gallegos, lonxe da terrra, lazarillos espirituales dos castelaos. Y-unha lingua así - mais extensa, mais prática que a castelana- ¿non é a nosa millor arma? ¿Podemos esquecela? Si a lingua e o escudo da persoalidade dos pobos mais forte que as armas, ¿qué loitas ganaremos sin ela? Si a lingua, soyamente, dá autonomía espritual, as outras autonomías separadas ¿valerán algo?
P.S.: A edición dixital da Nosa Terra volve ao que era hai un mes. Vese que desta vez me pasei coas sospeitas.
Máis e novas reflexións sobre o tema en Galicia Confidencial:" A crise e a política de subvencións da Xunta liquidan aos medios nacionalistas"
E no Xornal de Galicia fala Alfonso Eiré: ‘A Nosa Terra’ vincula a crise que atravesa á “política contra o galego do PP”

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)