Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 6 de setembro de 2010

"O máis nefasto"

A CIG-Ensino compareceu en rolda de prensa para valorar o inicio do novo curso escolar 2010-2011, alén doutros temas, reproducimos máis abaixo o relativo á lingua.

Rolda de prensa de valoración do comezo do curso 2010-11 from cig-ensino on Vimeo.

A CIG-Ensino non permitirá que haxa ningún expediente contra o profesorado que dea as súas aulas en galego cando a situación predominante será que a maioría dos centros non cheguen ao 50% de impartición en lingua galega.
[...]
Mais, o máis nefasto, o máis negativo é o que ten que ver coa aplicación do Decreto 79/2010 que a CIG xa recorreu no seu día por consideralo ilegal ao ir en contra da normalización da nosa lingua e entrar manifestamente en contradición co marco legal establecido na Lei de Normalización Lingüística ou na Carta Europea das Linguas. Por primeira vez váiselle prohibir ao profesorado dar certas materias en galego, porque esa era a verdadeira intención dese trío formado polo Presidente da Xunta, o Conselleiro de Educación e o Secretario Xeral de Normalización, verdadeiros verdugos do noso idioma, reducir o contacto do alumnado coa nosa lingua mediante este Decreto que marxina o noso idioma no ensino. É un despropósito que se ameace con expedientes cando o denominador común é que os centros non cumpran o 50% de impartición en galego, nomeadamente os centros concertados, ou que na Educación Infantil, especialmente nas cidades, o alumnado no vai ter contacto coa súa lingua propia. Por este motivo a CIG-Ensino non vai consentir que haxa ningún expediente contra o profesorado que dea as súas aulas en galego. O que debe facer o Conselleiro e o Secretario Xeral é velar porque se cumpra ese 50% de impartición en galego que a realidade vai demostrar que é unha falacia, aí é onde ten que pór a énfase.
Anxo Louzao declarou que a CIG-Ensino vai centrar a súa actuación na esixencia de que remate a cruzada contra o galego, para o que terá que ser derrogado o Decreto 79/2010 e volver ao consenso do Plan Xeral de Normalización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario