Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 26 de setembro de 2010

Eu chorar, chorei

 A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro.



Mentras na India cantan en galego por iniciativa da creadora da ONG, en Marín os nenos aprenden "La falda de Carolina" así, en español. Sonche cousas dos novos valores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario