Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 23 de setembro de 2010

Unha rede sen peixe

 Estas foron as propostas da Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL) á hora de crear o que agora se vai chamar Rede de Dinamización Lingüística:
• As convocatorias de subvencións para a administración local deben facerse para cubrir o plan de polo menos un ano, e non con prazos de xustificación duns poucos meses ou incluso de dias. Ademais os criterios de valoración das convocatorias non poden seguir sendo discrecionais.
• Débese garantir orzamentariamente existencia dos actuais Servizos de Normalización Lingüística (SNL) e establecer un plan de incremento co fin de dotar dun tal servizo a todos os concellos de máis de 3000 habitantes. No ano 2008 a dotación sufriu unha redución dun 25%.
• Non deben restrinxirse as atribucións aos SNL a seren simples tradutores. As súas tarefas deben desenvolverse transversalmente, en todos os ámbitos da administración.
• Non se pode garantir un traballo continuado no ámbito da normalización sen que se recoñezan uns dereitos laborais do persoal dos SNL acaídos ao seu nível profesional.
• Non ten sentido deixar de usar o termo "normalización" nas convocatorias da SXPL, pois é precisamente a normalización o fin que rexe os SNL.
• A Rede de normalización non debe pecharse a organismos que xa traballan neste ámbito como as universidades, o Consello da Cultura Galega,....

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) non tivo en conta ningunha das propostas. Entón, que peixe vai caer nesta Rede?

Ningún comentario:

Publicar un comentario