Onte podíamos ler algunhas reflexións de Carlos Callón, presidente da Mesa, a respecto do previsible auto do TSXG sobre a suspensión cautelar do funesto decreto 79/2010: "é difícil que un tribunal conceda" este tipo de medidas cautelares pero "a gravidade da situación" levou á asociación a pedir que se adopten medidas urxentes debido á entrada en vigor do Decreto neste curso académico 2010-2011
Na xustiza funciona máis a tradición que os argumentos e os tribunais teñen por costume non conceder este tipo de medidas cautelares porque supoñen, en moitos casos erróneamente, que os gobernos lexislan respectando o ordenamento xurídico. Aínda así, a Mesa presentou a petición, sabendo que tería que pagar un prezo ben alto cando o TSXG non a admitira, por iso todos os que lle temos un mínimo de cariño á nosa lingua, debémoslle agradecer á Mesa este novo acto de sacrificio pola lingua.
Desde esta asociación lémbranos que “unha resolución denegando unhas medidas cautelares non fornece o decretazo de ningún verniz de legalidade”. Polo momento os defensores do tal decreto pasaron por riba de asociacións de pais, de profesores e alumnos, de directores, de equipos de normalización, de sindicatos, do Consello da Cultura Galega, da Real Academia, da Mesa Sectorial de Educación, do Consello Consultivo, da legalidade vixente, e incluso dunha asociación de minusválidos. Pero o peor é que todo isto non é gratis, non pode facerse sen manipular a realidade, e sen destrozar a cachón a cultura e o ensino en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario