A defensa do galego non ten outra cousa que cancelas. Por unha banda están as ameazas a impartirmos as aulas en galego (u-las as ameazas aos que as imparten en castelán?). Doutra están a trabas administrativas, lembremos a multa de 500 € imposta pola subdelegación do goberno a Queremos Galego este pasado mes de abril por unha concentración na que nin houbo incidentes nin interrupción do tráfico, ou o caso da multa de 1800 € pola colocación dunha pancarta en defensa do galego no concello de Santiago.
Agora a forma de actuación da zunia consiste en vetar a presenza dun posto informativo da Mesa pola Normalización Lingüística na Festa da Anguía organizada polo Concello de Valga.
Segundo se informa desde a web da Mesa, o grupo de traballo desta organización zona solicitara formalmente a correspondente autorización municipal para situar dentro do recinto da festa un posto informativo no que difundir as súas campañas e iniciativas en defensa do galego e recoller sinaturas en apoio á iniciativa lexislativa popular pola garantía dos dereitos lingüísticos nos ámbitos do ensino e das administracións públicas, que está a promover desde hai varios meses a Plataforma Queremos Galego.
Porén, malia cumprimentar debidamente e coa suficiente antelación todos os trámites burocráticos solicitados polo Concello de Valga –incluído un informe sobre “os obxectivos da actividade” -, uns poucos días antes da festa o propio alcalde, acompañado de varios membros do seu equipo de goberno, citou no Concello os representantes da Mesa en Valga para comunicar que non daba a súa autorización para colocar o posto informativo solicitado, xustificando tal decisión en que á Festa da Anguía acudirían distintos cargos do goberno da Xunta, entre eles o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, quen finalmente nin sequera compareceu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario