O parlamento votou unánimemente una resolución que fará do galego a lingua de contacto inicial, así como a de referencia de todos os organismos da Xunta. Isto é unha pedrada ao proceso de elaboración do funesto decreto 79/2010. Lembremos que no seu primeiro rascuño, coñecido como Bases, establecíase o equilibrio lingüístico na administración educativa, isto é, que a metade dos documentos deberían estar redactados en galego, e a outra metade en castelán. Este equilibrio na atención aos administrados converteríase en que os que chegaran á oficina serían atendidos nunha ou noutra lingua segundo que o seu número de chegada fose par ou impar. O equilibrio levado ao alumnado podería desenvolverse sempre que en cada hora de clase establecéramos, por exemplo, os 30 primeiros minutos de intervención necesaria en castelán, e os outros 30 en galego.
Finalmente o equilibrio quedou só para os profesores, mais se temos en conta que a situación sociolingüística de Galicia se califica como diglósica, e que ó 20% dos que saen do ensino obrigatorio non teñen adquiridas as competencias lingüísticas básicas en lingua galega a pesares de que os decretos baixo os que estudaron establecían unha maior implantación do galego no ensino, de onde van sair os funcionarios do futuro, preparados para atender e xestionar unha administración co galego como lingua de referencia?
Por iso a Xunta eliminou as probas de galego para o acceso á administración. Isto é o que se chama lóxica lingüística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario