Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 5 de setembro de 2010

Ordes, cidade de vacacións

En Cataluña están, con enormes atrancos, intentando normalizar o sector da distribución cinematográfica. Aquí nin se chega a pensar niso, pois se desde a Consellería de Educación mediente a trapallada do equilibrio lingüístico queren prohibir a impariticón de clases en galego, quen vai reivindicar que o equilibrio lingüístico se estableza nos cines?
Menos mal que hai quen vai facendo algunha cousiña tamén neste ámbito. En Ordes celebrouse o pasado mes de agosto o I Festival de curtametraxes Creative Commons: Cinestable.
Segundo os organizadores o seu obxectivo obxectivo é: Que a mensaxe de liberdade, de sentirnos donos do que facemos e queremos compartir con liberdade, de non ser manexados por outros, xa sexa calquera tipo de entes privados ou públicos, chegue á sociedade.
Os premiados foron:
Premio á mellor curtametraxe : Xogando con propiedade de AC Lucerna
Premio á mellor curtametraxe en galego : RC14 de Dolores Iglesias
Premio do público : Ordes, cidade de vacacións de Jesús Méndez
A última é un anuncio promocional de Ordes con moito humor:

Ordes, cidade de vacacións from cinestable on Vimeo.

Parabéns aos organizadores e a todos os premiados.

3 comentarios:

  1. Moitas grazas! Esperamos verte o ano que ven no noso festival! Un saúdo dende Inestable!

    ResponderEliminar
  2. O que me sorprende son dúas cousas:
    1.que chegárades a este blogue
    2. que nunha vila pequena como Ordes chegárades a facer un festival coa pinta que ten o voso, con Punset incluído.
    Agora que sei del, para o ano xa estarei atento á vosa web, apúntoo na miña axenda.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Cheguei a partires das stats de Vimeo que nos di dende que páxinas "embeben" as curtas que penduramos.

    Sobre o festival é moi sinxelo: con moito esforzo :P

    Vémonos o ano que ven no seguinte Cinestable ou antes nalgunha das nosas outras actividades!

    Saúdos!

    ResponderEliminar