Galicia Confidencial entrevistou a dous membros de "Profes co Galego". Eles destacan dúas características do funesto decreto de plurilingüismo: incompetencia e ilegalidade.
Cibrán lembra que os datos oficiais din que un de cada cinco mozos remata os estudios obrigatorios sen saber conversar correctamente en galego. “Que é o que se pretende, que en vez de un de cada cinco, haxa dous ou tres de cada cinco incompetentes en galego?”, pregúntalle ao Goberno.
Beatriz argumenta que o “ilegal” Decreto contradí a Lei de Normalización, que fixa un progresivo uso do galego na escola, e lembra que a súa obriga como funcionaria é, no caso de contradición, cumprir a norma de maior rango.
Ningún comentario:
Publicar un comentario