Os intelectuais lanzan un manifesto en defensa dos medios en galego, asinan Antón Losada, Manuel Bragado, Manuel Rivas, Marilar Aleixandre, Ignacio Ramonet, Ramón Chao, Marilar Aleixandre,... O texto comenza: Un país é o que fala. Galicia é o Galego.(podedes asinalo nesta ligazón).
A Consellería de Cultura non comprou para as bibliotecas galegas, ningún libro galego editado no 2009. As axudas ao libro galego decreceron este ano un 50% e... aínda non se pagaron. Ademáis no vindeiro ano haberá menos fondos públicos para a lectura.
Coméntanme que é seguro o próximo peche de Laiovento. O asunto está claro, non se pode publicar un decreto como o fuesto de plurilingüismo, sen atacar e destrozar todos os aspectos da cultura galega.
E agora, quen vai publicar libros como o da foto?
P.S: Despois de comprobar o lío que se montou pola rede, recapacitei e quero engadir esta rectificación.
Por certo que sexa o que conto neste post, que me comentaron como seguro o peche de Laiovento, tamén é certo que a noticia sería tan grave que merecería, antes de divulgala, que tivese unha confirmación de primeira man da mesma, cousa que non sucede. A miña intención era comentar a complicada situación na que se está a poñer a editoriais e medios, mais nunca debín poñer aquí un rumor desa gravidade polo que pido desculpas a todos os que se puideron ver enganados ou desinformados por este post. E sobre todo pido desculpas a todos os que teñen algunha relación con Laiovento.
De todas formas, ben sei que divulgando este rumor, causei un dano que malamente se pode reparar, e que o único culpable son eu.
Até onde eu sei a editorial segue adiante por moitos anos máis. Ti que datos tes para publicar semellante cousa?
ResponderEliminarAcho que é muito perigoso andar dizendo coisas sem ter nada com o qual garantir a tal afirmação.
ResponderEliminarSeja como for não estamos numa primavera para a língua galega no âmbito das publicações e dos médios escritos...
Despois de ver o lío que se organizou, só vos podo dar a razón. Eliminei unha resposta que podía inducir a máis malententdidos, e porei unha rectificación.
ResponderEliminarDesculpas