Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 28 de setembro de 2010

Foto sociolingüística

Atopei esta foto remexendo no Google earth.  Cando a vin pareceume un retrato da situación social do galego. A nosa língua que, como as vacas, vai a modiño pola pista. Aínda así, as autoridades  póñenlle un sinal de prohibición de circulación.
No entanto o castelán, con paso preferente, corre pola autoestrada.
Cal é o obxectivo final desta política lingüística? A foto tamén nos da a resposta: queren pechar a nosa lingua nunha reserva, o mesmiño que as vacas na herbeira. Para iso levan o pastor eléctrico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario