Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 2 de setembro de 2010

Dous meses na notaría

Do blogue de Marcelino Fernández Mallo, a trenza, sácolle este anaco, mostra da situación normal do galego nesta nosa (?) sociedade. De paso recomendo que cando  teñades uns minutiños, vos entreteñades desenleando as febras desta trenza.

Se aínda lle botas un ollo de cando en vez a esta bitácora, talvez recordes esta anotación, Galego na notaría. Daba conta dun trámite administrativo que se estaba a complicar polo noso empeño de artellalo nun idioma distinto ó habitual. Hoxe volvéronme chamar para concertar a data da sinatura. Publicara aqueloutra anotación o 3 de xullo pasado o cal significa que a xestión demorouse dous meses por mor da lingua. Alguén podería pensar que demandáramo-lo uso do mandarín, do islandés ou do tamazigue mais non. A demora debíase a ter solicitado a escritura en galego, dentro de Galicia e con tódolos interviñentes nados nesta mesma terra. Hai dous meses, a empregada da notaría principiara a conversa en galego e mudara ó castelán polo medio. Hoxe, ben máis simpática e fandangueira, iniciouna en castelán pasar pasar ó galego na metade. A min gustoume máis así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario