O 15 de agosto pasado conmemorábanse os 125 da morte de Rosalía de Castro. A AELG celebrou un acto, un cortexo fúnebre con intervencións emocionadas de moitos escritores de hoxe en homenaxe á escritora que recuperou para a literatura a nosa lingua: "125 anos con Rosalía. De Adina a Bonaval"
O apoio institucional, increible pero certo, foi nulo. Tal e como comentan no Galicia Hoxe, as iniciativas para recordar a Calvalo Calero, tampouco foron atendidas. No entanto o Partido Popular (PP) impulsou onte no Parlamento unha iniciativa para que o Goberno afín de Alberto Níuñez Feijóo conmemore no 2011 o 75 cabodano de Ramón del Valle-Inclán. A iniciativa foi apoiada -non sen críticas irónicas- polo grupo socialista e abstívose o Bloque Nacionalista Galego (BNG) por entender que o PP só se preocupa por "enxalzar" os autores en castelán.
Os argumentos para esta iniciativa parten da "importancia" da figura dun galego "universal", que expandiu a cultura galega "por todo o mundo"e que o 75 aniversario do seu falecemento é unha data propicia para "profundar" na súa obra.
Pregúntome cal dos dous foi máis importante para Galicia. Ninguén pon en dúbida a calidade literaria de Valle Inclán, como tampouco ninguén pon en dúbida o desprezo da Consellería de Cultura polo galego e os escritores galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario