Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 7 de setembro de 2010

Unha cita en Lalín pola defensa do galego

O vindeiro xoves 9 o xuiz Luís Villares e a profesora universitaria Alba Nogueira participarán nun acto baixo o título "Dar as aulas en galego, compromiso ou desobediencia?" no IES Ramón Aller de Lalín, ás 20:30.
A profesora desa mesma vila,  Beatriz Álvarez, creadora do grupo de facebook, "Profes co Galego", quixo aproveitar a ocasión para convocar unha reunión do grupo no mesmo lugar ás 19:30 e darlle así un pulo a este movemento espontáneo que se está a organizar na arañeira. Esta convocatoria dou lugar a que se incrementaran as aportacións dos membros deste grupo e hai varios documentos en elaboración para seren presentados nesa reunión co obxectivo de que sexan usados polo profesorado comprometido co galego nos seus respectivos centros.
O grupo "Profes co Galego", creado a principios de agosto, ten xa máis de 600 membros. De seguro que imos volver a ter noticia deles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario