por Marga do Val no Sermos Galiza:
Non podo ver aínda o filme e desexos non me falta. A novela é unha desas marabillas da escrita que vai medrando connosco. Xa pasara a metade da década dos oitenta, xa estabamos preparándonos para nos botar ao mundo como profesores e profesoras de lingua e literatura galega, cando o compañeiro Millán Otero nos descubriu a historia da navalla e mudou para sempre a nosa lectura sobre A Esmorga. Aquel artigo de Millán Otero publicado no semanario A Nosa Terra, leuse moito, pegouse nas paredes da vella facultade en Mazarelos. Unha lectura inteleixente que nos mudou a obra. Non sei que vai acontecer coa navalla na fita(?) Non sei como se tratarán as personaxes femininas (?) Esas personaxes con tanta fondura detrás das imaxes que Blanco Amor constrúe. Para min as mulleres na Esmorga son fundamentais, descobren e encobren a violencia do patriarcado, descobren e encobren a violencia de xénero. Sobreviven ou morren. Son vítimas do sistema e Blanco Amor logrou facer esa denuncia.
Hai uns anos para denunciarmos e actuarmos contra a violencia de xénero desde a Secretaría Xeral de Igualdade que dirixía tan ben e con tanta entrega Carme Adán, unha iniciativa concentrou en dous recitais voces poéticas femininas (nun primeiro ano) e voces poéticas masculinas (nun segundo ano), o reultado foi a publicación de dous libros de Poemas contra a violencia de xénero. O meu poema detívose nas personaxes femininas de A Esmorga.
Con este poema celebro un filme que debezo por ver. Con este poema desexo mil primaveras máis para o cinema galego e para a nosa cultura.
Gozade, vós que podedes, da película, relede a obra e non esquezades a navalla!
Un buracoesnaquizadaTampouco nunca antes falaraNada importaEla escacha
Outros espazosde arrieirostratantesfeirantesco mundo cheode bocascastizosmilhomeso mundo cheo de churrianaslerchase cadelasfociños lardososque se abrencos callos da Xenerosamentresa man percorredende o nacente do peitoao vanrecende a hortelána augardentexa a man no pescozoafogaafogabate no rostroe magoatamén doee non importade portas para adentrocasa con tixolos de palabrasno libro lemostodas habitamos na casa da Nonó`polos séculos dos séculostodasmadalenas da paixón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario