Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 9 de novembro de 2014

Algúns números das nosas letras






O mes de outubro é o mes das bibliotecas escolares, que este ano se celebrou baixo o lema "Bibliotecas escolares... matemátic!!!". Pero resulta que non hai libros de divulgación de matemáticas en galego, e tampouco podemos atopar libros de texto desde a súa prohibición polo funesto decreto do plurilingüismo. No IES de Ribadeo Dionisio Gamallo fixeron un pinchacarneiro, e con todo deron elaborado esta escolma de literatura con referencias ás matemáticas. Todo un traballo de imaxinación e delicadeza.

2 comentarios:

  1. Como chantei un día no meu blogue, menos mal que non vivimos da cultura, porque... que lles queda aos que tentan ter un oficio na cultura do país? Esmorecer?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Con todo desde as institucións aínda se atreven a anunciar un mes da ciencia ou da promoción da lectura das matemáticas nas bibliotecas... en castelán claro, porque outra cousa non hai

      Eliminar