1.Mentira.
A mentira: a Consellería de Educación afirma que o Día da Ciencia en Galego xurde convocatoria de 2001 da UNESCO de celebrar o Día da Ciencia para a Paz o 10 de novembro.
Explicación: no ano 2001 non se celebrou o Día da Ciencia en Galego, nin no 2002, nin no 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e tampouco no 2009. Dase a estraña casualidade que a primeira convocatoria aparece pouco despois da publicación do funesto decreto de plurilingüismo.
Lembremos que este decreto impón impartir as clases de matemáticas, tecnoloxías e física e química en castelán, en contra do disposto no valioso e consensuado Plan Xeral de Normalizacion nos seus apartados 2.1.26 e 2.1.27.
O Día da Ciencia en Galego ten unha historia moi clariña. Todo parte do encontro para o profesorado convocado o 18/06/2010 pola CIG-Ensino e a plataforma Queremos Galego no Museo do Pobo Galego. De entre os acordos aos que se chegara nese encontro figuraba un que indicaba que 'Promoveremos unha Semana da ciencia galega e un día da ciencia galega'.
Co comenzo do curso 2010-11 unha serie de organizacións de profesores de áreas científicas e a CGENDL recollen a idea do encontro e propoñen que se celebre o 'Día da Ciencia en Galego' o 4 de novembro destacando a varias figuras científicas. Velaí pois que esta celebración xurdiu como reacción contra o funesto decreto de plurilingüismo, un decreto no que se pretende prohibir a impartición das aulas científicas en galego.
Desde aquela vén celebrándose o día 4 ,e aínda que se organizan actos outros días acolléndose a esta convocatoria, nunca ata o momento se dixo que o Día da Ciencia en Galego fose o 10 de novembro. Tampouco nunca se dixo que o Día da Política Lingüística da Xunta é o 19 de novembro, aínda que ísto tería moito máis sentido.
Entre os convocantes e celebrantes do Día da Ciencia en Galego tampouco se fixo referencia á paz nin ao desenvolvemento. Pola contra sempre se falou da reivindicación do dereito a impartir e recibir aulas de ciencia en galego, un dereito coutado pola política lingüicida dos gobernos Feijóo.
2. Cinismo
Os mesmos que escriben que
O obxectivo principal desta efeméride,[...] é o de mostrar que a lingua galega é útil para facer ciencia e, no eido do ensino, para impartir as materias científico-técnicas.Son os que redactan, asinan e subscirben o funesto decreto de plurilingüismo que di
artigo 6.1. Impartirase [...] en castelán a materia de matemáticas [en Primaria]E son os mesmos que din que o bipartito rompeu o valioso consenso do PXNL, un PXNL que di:
artigo 7.3. Impartiranse [...] en castelán as materias de matemáticas, Tecnoloxías e Física e química
2.1.26. Fomentarase que se impartan [en galego] [...] as matemáticas [en Primaria]3. Desleixo.
2.1.27. Tenderase a que as materias que se impartan nese idioma [galego] figuren as matemáticas e a tecnoloxía, á parte das que xa están legalmente establecidas [en Secundaria, tales como Física e química]
Para que a confusión sexa máis creíble a Secretaría Xeral de Política Lingüística elabora unha paxina web adicada á conmemoración no que, ademais das mentiras indicadas no punto 1 adobadas co cinismo do punto 2, demóstrase un completo desprezo ao esforzo do profesorado por seguir mantendo o galego dentro das aulas de ciencias; e isto é o punto 3.
Na referida páxina, que podemos encontrar? Pois simplemente unha serie de ligazóns. Barata lle sae a festa do engano.Eu mesmo, nun post coma este non uso menos ligazóns que as que emprega todo un organismo da Xunta en fomentar o Día da Ciencia en Galego.
Baixo a epígrafe "Materiais de interese" aparece, por exemplo, a ligazón a un blogue da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, cuxa última actualización é de... hai 29 meses! Pola contra non hai ningunha referencia ao portal da USC do Día da Ciencia en Galego 2014.
O resto da páxina sálvase cos recursos (externos) de EducaBarrié e os da Coordinadora Galega de ENDL. Nada de elaboración propia. Nada de potenciación de recursos educativos en galego para as materias de ciencia. Nada, non pode haber nada porque nin a SXPL nin a Consellería de Educación se preocuparaon en todo o ano de fomentar, construir e divulgar materiais didácticos en galego para as aulas de ciencias. Cae dentro da lóxica do goberno do PP, centrado na prohibición do uso da nosa lingua.
De seguido, un breve comentario sobre a lista de ligazóns que afonda na confirmación do desleixo polo que realmente non lles interesa, que é a normalización.
Como deben ter falta de materiais, repiten varias ligazóns por centro, como por exemplo no caso do CEIP A Ponte (Lugo), [1] e [2]. Idem co CEIP A Quintela (Moaña): [1] e [2]
Máis grave xa é a referencia ao vídoclip 'Terra' do IES de Chapela (Redondela). O vídeo é excelente, como todo o que fai o ENDL dese centro, pero... que ten que ver co Día da Ciencia en Galego?
Seguimos. O IES Valadares (Vigo), celebra o Día da Ciencia en Galego. Éste si que acerta por completo no tema... pero a refencia é do ano 2012! E o IES Chano Piñeiro (Forcarei) tamén fai o propio... pero no ano 2013!, cando teñen a posibilidade, se tivesen algo de interese de facer referencia ao que están a facer actualmente. Pero iso non debe interesar. Desas datas tamén é a referencia a este kamishibai sobre líquidos newtonianos.
A seguinte referencia é para a revista do CIFP Politécnico de Santiago, moi completa, con moitos contidos. Pero é unha revista de centro, non un traballo centrado no Día da Ciencia en Galego.
A última mostra de desleixo vai para un copia-pega vello que tiñan no arquivo dos ENDLs da SXPL. Trátase dunha ligazón do ano 2010 ao excelente blogue de Gonzalo Temperán, Tetractis.
Por moito que fagan seu o titular de 'Mes da ciencia en galego' ou 'Outono de ciencia 2014', sucederá como en convocatorias anteriores. Desde a Consellería de Educación non volveremos a oir falar de tales cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario