Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 4 de novembro de 2014

X anos de PXNL. Historia da loita polo idioma na Estrada


Anuncio do acto que da man da Asociación Cultural Vagalumes celebraremos na Estrada o vindeiro venres 7 de novembro para reflexionar sobre o X aniversario da aprobación do Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL)
Ademais de facer un repaso da política lingüística nestes 10 anos en relación co PXNL, achegaranse documentos da loita pola normalización na Estrada facendo referencia a momentos como a celebración das Letras Galegas do ano 70 na honra a Marcial Valladares,  coa intervención de Otero Pedrayo, o conflito de principios dos 80 no que se lle abrira expediente ao mestre do colexio do Foxo,  Alfonso Castro, por impartir aulas en galego. ou a constitución e traxectoria de  Queremos Galego na localidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario