Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 28 de setembro de 2012

O conto triste da Spider

Este conto, verídico, xa foi mencionado nos II Encontros de equipos e docentes pola normalización. Por Valentina Formoso no renovado web de Prolingua:

Raúl, o titor, co que pasan moitas horas cada día, anda a explicarlles as partes do corpo. En castelán, porque é a lingua “materna” de 13 dos 25 matriculados. Agora tócalles coa profesora de inglés, moza nova oriúnda dunha aldea de Chantada, orixe que sempre tentou ocultar desde que fora estudar maxisterio á Coruña e que só se percibía no seu castelán de verbos simples e vogais que abrían e pechaban.
- Niños, hoy seguimos con la canción del otro día... Os acordais?Uns ollos coma pratos mirábana sen entender por que sinalaba un papel cun debuxo dunha araña- Recordais niños? La canción de la... ? – ante o silencio, insistiu- Pero... que canción estábamos aprendiendo el otro día?!- Ah, si!- berra Antón orgulloso da súa memoria- la de la espalda!- Que espalda?!! Como que espalda?! -Mirou para a araña negra e berrou con todo o que lle daba a gorxa- Será “spaidaʳ”!!
Aquelas cabeciñas de tres e catro anos non entendían o berro, só eran vítimas dun sistema educativo que lles introducía o inglés de xeito descontextualizado, á marxe da programación do curso e antes de dominaren as dúas linguas ambientais.

1 comentario:

  1. Coma todos os anos, na primeira clase, fago un repaso das bibliotecas e librarías que hai na contorna do colexio cos meus alumnos de primeiro da ESO.
    Case nunca saben onde hai bibliotecas e as librarías... algunha che saben. Pero o sorprendente foi que este ano confundían as librarías coas bibliotecas. Terá algo que ver que na porta da biblioteca do colexio só haxa un mísero cartel que pon "library"?

    ResponderEliminar