Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 31 de xullo de 2013

Caderno Verde vs. decreto 79/2010

O Caderno Verde é un proxecto de SOGAMA no que se nos achegan diversos materiais para traballar nas aulas de infantil e primaria as boas prácticas medioambientais.
Para facilitar o traballo esta aplicación permitiranos acceder tanto ao material descargable por nível de coñecemento (infantil ou ciclos de primaria) como pola materia en que se pode aplicar (educación artística, inglés, coñecemento do medio,matemáticas ...).  Un material traballado e ben presentado que conta coa colaboración do portal Botóns.
Non podo deixar de comentar que estamos diante doutra demostración da esquizofrenia da Xunta, quen por unha banda colabora no mantemento deste proxecto, pero pola outra é quen prohibe parte do propio material que se distribúe pois os tópicos de matemáticas cometen o pecado de viren redactados en galego. Máis unha evidencia do enorme disparate que é o decreto 79/2010.

Ningún comentario:

Publicar un comentario