Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 23 de xullo de 2013

O instante eterno



Este vídeo sobre a obra e vida de Díaz Castro preséntase como un teaser, polo que é previsible que non sexa máis que un adianto dun proxecto de maior envergadura. No blogue da AELG explican todo o proceso deste documental que se pretende estrear en febreiro do 2014, coincidindo co centenario do nacemento de Díaz Castro. Recollo un retallo da anotación da AELG:
O obxectivo de O instante eterno é reflexionar sobre o proceso de creación artística de Díaz Castro, explorando un lento pero obstinado labor por acadar a excelencia en cada un dos seus versos, e que explica –en parte– que só publicase un libro en vida
Neste vídeo aparecen Alfonso Blanco (amigo e presidente da Asociación Cultural Xermolos), Félix Villares (docente no Seminario de Mondoñedo), Armando Requeixo (crítico literario), Xosé Luís Méndez Ferrín (ex-presidente da RAG, aínda que nos subtítulos do vídeo apareza aínda como presidente) e Raúl Río. (amigo).  Nas vindeiras semanas realizarnse entrevistas a outras tres persoas moi vinculadas ao poeta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario