Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 3 de xullo de 2013

Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas



Todos coñecemos o emocionante vídeo "Eu falarei" do Equipo de Normalización do IES de Chapela do que neste mesmo blogue temos falado máis dunha vez ([1], [2], [3]). Agora volven cun novo traballo, de factura moi distinta, o cal demostra a versatilidade dos membros do Equipo de Normalización que nesta ocasión contaron coa fundamental colaboración do Departamento de Música do centro.
O vídeo foi  elaborado polos alumnos de 3º de ESO do IES de Chapela dirixidos polo Profesor Miguel Pérez. Logo de facer unha selección de poemas coa obxectivo de cubrir as distintas etapas da vida do poeta e da súa obra, traballouse co alumnado a comprensión e o recitado dos textos na clase de Música, graváronse as súas voces e finalmente engadiuse música e imaxes a todos os versos.
O traballo presentouse o pasado 20 de xuño de 2013, coa presenza de D. Luís Ferreiro Loredo, Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro ([4], [5]). Este documental comenza co son da máquina de escribir do poeta e contínua co recitado dunha escolla dos seus poemas, e continúa o recital nun marabilloso documental de hora e cuarto ata un imperdible final na praia de Arealonga"Chapela deitada frente ao mar, as súas palabras aceirudas, transcenden a súa morte, porque nin a morte nin a inxustiza acalan nunca a verdade, tal e como a dixo o poeta"

Máis información:
Chapela presenta o audiovisual "Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas", 02/07/2013, Coordinadora ENDL Redondela
Audiovisual «Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas», 02/07/2013, O Berete

Ningún comentario:

Publicar un comentario