Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 1 de abril de 2014

O paso adiante: gañadores do Correlingua 2014



Velaquí o vídeo gañador da edición 2014 do Correlingua. Ben sei que con esta nova lle estou dando un pequeno disgusto ao meu alumnado de 1º de bacharelato de ciencias, pero tamén estou seguro de que disfrutarán vendo esta impresionante peza audiovisual.
O lema do Correlingua deste ano é, "o galego, o paso adiante". De aí o título do vídeo. Os seus autores saíron da fornada do ENDL do IES Elviña (A Coruña). Presentáronse ao concurso cun vídeo en branco e negro, que, tal e como funciona o mundo, e en contra do que poidera parecer sen outro dato nas mans, dálle un toque de modernidade que reforza a mensaxe do vídeo. E isto, a mensaxe, é outra característica da orixinalidade do vídeo, pois saltando olímpicamente da repetición do lema do Correlingua, levan o lema á práctica e converten a cidade da Coruña nunha terra normalizada. Velaí que o alumnado do Elviña se nos mostra como a mellor aposta de futuro para avanzar chanzos na normalización.

A banda deseñada mellor valorada foi a do grupo de 5ºA do Colexio Divina Pastora (Lugo).
Os gañadores do manifesto foron os alumnos de 3ºA que cursan a ESO no IES Isaac Díaz Pardo (Sada), inspiráronse na poesía de Díaz Castro para construir a súa proposta. Todo un achádego:


E nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!!
Trazamos un camiñoque arranca esta mañá co Cola-Cao e os cereais.Bos días en galego, por que non?Espreguízome con Doraemon, que saca do seu peto máxico o Xabarín Club.Baixo os chanzos da escaleira, saio da casa co pé dereito, coa mochila e co noso galego.E xa estou no mundo, no meu mundo, no teu mundo galego!!
GALEGO, O PASO ADIANTEMiraremos atrás só para disfrutar do moito que avanzamos.
Os meus amigos espéranme na rúa,- EH! Viches que cambiei o meu perfil?Si, eu dei o paso adiante co galego.A que esperas ti?- Quen nos ía dicir que estaría ben whassapear en galego!. Non si?- Abofé que si.GALEGO, O PASO ADIANTE- Pincha hoxe mesmo no “hashtags”do teu Twitter:# GALEGOe verás cantos estamos conectados no mundo.
GALEGO, O PASO ADIANTEEsta nosa Penélope que tece e tece no galegoe NUNCA DESTECE.Paso a paso construímos un mundo novo, o noso mundo, o noso mundo futuro, co noso idioma galego. Somos NÓS os que decidimos onde empregalo, alí onde vaiamos: no instituto, na vila ou na cidade, tanto ten: virá con NÓS.GALEGO, O PASO ADIANTEEste fío invisible e forte que é a lingua vén ao noso carón alá onde vaiamos; ensinémoslla ao mundo en twiter, en facebook...poñamos o xermolo en cada faro,en cada deserto,en cada estrada,en cada boca que desperta ao mundo.GALEGO, O PASO ADIANTEo paso que damos nós cara ao futuro,nós, sinós decidimos empregar a nosa lingua.
GALEGO, O PASO ADIANTENos camiños do mundo enteiro, haberá un corazón galego que latexará co noso acento: sen pudor, sen vergoña , sen prexuízos que abafen a nosa valentía e a nosa responsabilidade de representar a Galicia.
Porque nos une, porque nos fai máis fortes e porque nos identifica na “tea dos teus soños” DÍAZ CASTRO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario