Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 14 de abril de 2014
Martes de mulas
Os veciños da Estrada saben ben o que é o Martes de Mulas, a feira que se celebraba o martes de Pascua na vila. Era unha xornada que se densenvovía arredor do mundo do cabalo, con moita tradición por estas terras. Agora o Martes de Mulas xa non se celebra un martes, os actos trasladáronse hai tempo á fin de semana.
Presento aquí o cartel que anuncia a celebración, máis que nada para denunciar o paletismo dos responsables do Concello na súa elaboración. Nel podemos comprobar como se lle viran as costas á nosa lingua para difundir unha festa de tan arraigada tradición na localidade:
"Inscripción gratuita uy obligatoria hasta el día 19 de Abril en los teléfonos...[...] o en el e-mail [...]"
"Se dispone de un número limitado de boxes según orden de reserva"
"Se dispondrá de servicio de Pulpeiro.Contaremos con Banda de Música y Gaiteiros"
O caso levanta as súas sospeitas, sobre todo tendo en conta que o concello da Estrada normalmente é bastante respectuoso co uso da lingua galega nos anuncios que realiza. Entón, a que será debido este paso atrás?
Un non pode deixar de ter a sospeita de que detrás de todo isto hai unha falta de amor propio adubado con bastante de cosmopaletismo. Non sei ata que punto será certo, pero teño a convicción de que o feito de que "Su Alteza Real Doña Terese de Borbón, Maquesa de Laula" e que "Doña Cristina Valdés y Colón de Carvajal" sexan as xuízas dun dos concursos de razas equinas, ten moito que ver coa exclusión da lingua galega do anuncio da feira. De ser así, tanto os responsables da organización da celebración, como o Concello deberían correr a galope a pedir desculpas aos veciños da Estrada.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario