Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 7 de abril de 2014

O paso adiante. Vídeos correlingua 2014



Se hai ben pouco colgabamos neste recuncho da arañeira o vídeo gañadador do Correlingua 2014, hoxe recollo un par deles máis da canle Correlingua. O paso adiante para comprobarmos o alto nivel que alcanzaron nesta edición os traballos presentados.
O primeiro trátase do realizado polo IES da Arzúa. O paso adiante é unha metáfora das decisions pequenas ou grandes que tomamos ao longo da nosa vida. Decisions que conforman a nosa identidade e a nosa personalidade e que nos fan tomar consciencia da realidade e comprometernos con ela.
Estes son os pasos adiante do alumnado do IES de Arzua.



O segundo vén desde o CEIP Ramón Otero Pedraio (Amoeiro), cheo de vida, alegría, ilusión e cor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario