O pasado 10 de setembro comenzaba o curso en primaria cunha redución de 63 unidades no ensino público e o incremento en 74 no privado. O decreto polo que se aprobaba a implantación da LOMCE nesta etapa foi publicado o día anterior, apenas unhas horas antes de abrírense por primeira vez as portas dos colexios do curso 14/15. Pero a Consellería de Educación emitiu unha nota desinformativa dando a entender que o decreto levaba catro meses en disposición da comunidade educativa cando a realidade é que, como moito só se podería ter acceso a un borrador, nunca a un texto defitinitvo do que, insisto, non tivemos noticia ata as 16:44 horas do día anterior ao comenzo das clases. Na mesma nota sinálase a colectivos relaccionados co ensino que denunciaran que o nomeado decreto non estaba a disposición dos cidadáns. Efectivamente, por exemplo, a CIG-Ensino denuncia a mediados de agosto a "chapuza sen límites realizada por Educación coa publicación dunha orde para a implantación da LOMCE". Iso foi exactamente o que sucedeu. Como se estaba aproximando a apertura do curso escolar e ninguén podía botar man dun DOG no que se explicitara como se desenvolvería en Galicia a implantación da LOMCE e a Consellería de Educación, a toda présa aprobou unha Orde para regular a implantación desa lei en determinados cursos da educación primaria cando a forma xurídica para proceder sería mediante un Decreto. Cal era o problema? Pois que para publicar o Decreto o Consello Consultivo debe emitir un informe sobre o seu contido, non houbera tempo para facelo e parecía que tampouco o habería. Tratábase de poñer en funcionamento a LOMCE e Galicia esmagando todo o que fose preciso (e mentindo en todo o necesario, claro)
Con esta forma de proceder as editoriais non tiveron tempo a elaborar materiais didácticos acaídos á nova regulamentación, o profesorado e o alumnado carece deses materiais e, dados os prazos é imposible que dipoña de ningún outro pois non houbo tempo material para elaborar unha programación do curso. As familias tiñan con toda seguridade as mochilas cargadas do material LOE e por só unhas poucas horas viron como os seus fillos erran arrastrados por unha LOMCE que se desvela sectaria, segregadora, centralista e privatizadora. Aquí non acaba a cousa.
O 15 de setembro comenzaba o curso en secundaria. A novidade LOMCE nesta etapa é a implantación da chamada FP básica. Ese mesmo día ás 18:00 o portal da Consellería anuncia, que ese mesmo día [!] se publica o decreto polo que se regula a FP básica e os currículos dos 21 títulos profesionais básicos. Non quero imaxinar a cara de pasmo que se lle quedaría ao profesorado que debe desenvolver eses currículos.
Na nota emitida pola Consellería xa se advirte que "a comunidade educativa ten á súa disposición este texto deste o 13 de maio" . Accusatio non non petita, excusatio manifesta. Quizais a Conselería debería pedir desculpas e ser máis exacta na súa información. En realidade non había disponibilidade do Decreto, senón dun borrador do mesmo. A intención de engano é evidente: hai uns días aparecía destacada no portal da Consellería unha ligazón a unha Guía da LOMCE que ofrecía un listado de documentos, entre eles, o do presunto Decreto. Cando queríamos consultalo aparecía este Borrador. A chapuza foi exactamente a mesma que a seguida en Primaria, tamén a mediados de agosto se publicou unha Orde (non un Decreto) que regulaba a implantación da FP básica. Sería polo si ou polo non, digo eu.
Agora xa sabemos en que consiste a nova forma de organizar desde a Xunta algo tan trivial como é a educación. Se alguén ve algún post-it nalgún taboleiro das oficinas da Consellería de Educación xa pode ir facéndose á idea de que é algo oficial. Estades avisados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario