Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado 13 setembro 2014

Axendas escolares 14/15

Onte informabamos neste mesmo espazo dunha proposta de axenda escolar galega pensada para o alumnado. Hoxe quixera lembrar que xa hai varias semanas que temos ao noso alcance o calendario escolar elaborado pola Coordinadora Galega de ENDL para o curso 14/15. Ademais de documentos en formato PDF podemos descargar arquivos Excel con diversos formatos que nos poden facilitar a organización do curso escolar.
Outra iniciativa a destacar neste mesmo ámbito é a da Coordinadora Galega de ENDL de Redondela que en colaboración co SNL do concello, e desde hai varios anos, distribúen entre o alumnado un total de 1900 axendas escolares en galego.
Velaquí o último exemplo destes tres oasis no deserto.

2 comentarios:

  1. Moitas grazas Cibrán! Vai para o delicious do meu centro! (que non le ninguén)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Iso de que non o le ninguén xa non é certo

      Eliminar