Entrevista a Pepe de Redondela, promotor do Foro Enrique Peinador, no Xornal de Galicia
Xosé González ou Pepe de Redondela, como o coñecen, usou moito a palabra “pedagoxía” ao longo da súa intervención no Café de Redacción de Xornal. Na súa opinión, é o que falta por parte da Administración e das forzas políticas para poder “galeguizar a sociedade”. O discurso deste home, promotor do Foro Enrique Peinador e un expoñente da normalización ao longo da historia de Galicia, é apaixoado. “Cerro os ollos e gustaríame que quen estivese a falar non fora Pepe senón o secretario xeral de Política Lingüística”, dixo nun intre o colaborador Pablo González Mariñas. E é que na súa boca, o segredo para transmitir á sociedade o amor ao galego, para acendelo, semella sinxelo.
O Foro Enrique Peinador, do que vostede é promotor, loita dende a súa creación por unir as empresas coa galeguidade. Isto é de verdade posible?
Si, o Foro Peinador é unha entidade que leva cinco anos andando e que nos leva dado xa moitas alegrías. A verdade, creo que hai que deixar de turrar tanto e explicar por que a moitos dos empresarios deste país nunca se lles levou á casa o discurso da galeguidade, xamais. Nós facemos unhas reunións mensuais nas que nos reunimos con moitos empresarios e descubrimos que hai moitos que son receptivos.
Unha das súas teimas está en convencer as adegas para que promocionen e etiqueten os seus produtos en galego.
No 2003 descubrimos que en Galicia había 12 adegas que etiquetaban en galego, hoxe son 177 aproximadamente. En termos de produción, o 80% das botellas son etiquetadas en galego. As adegas entenderon o discurso da galeguidade, e iso que tivemos que loitar moitas veces co plurilingüismo mal entendido. Moita xente di: “Oes, que se queremos estar no mundo non podemos facelo só co galego” e pensa que é necesario etiquetar os viños en moitos idiomas. Non obstante, se vamos a unha vinoteca non vemos que os champáns estean etiquetados en francés e en español ou que o bourbon estea en inglés e castelán. O idioma é un engadido do viño que reforza a súa identidade. O traballo que fixemos foi moi bonito, mais levounos moito esforzo falar coas adegas. Moitas delas están asesoradas por pequenas consultorías nas que están sociólogos ou licenciados en Dereito ou en Económicas que teñen o posto de traballo pero non pensan en clave de país. O día no que neste país a economía fale en galego estará salvado. Este país poderá ter moita literatura pero... O día que en Galicia se normalice a publicidade en galego estará a pasar algo moi bo. Augas de Mondariz respondeu en todos os medios de comunicación a Rosa Díez cun anuncio que dicía “Orgulloso de ser galego no único sentido da palabra”. Insisto, falta moita pedagoxía para normalizar o galego, e esta normalización non se pode abordar dende a belixerancia. O que aquí se ten que dar é unha normalización silente, silenciosa.
Pero como se fai unha “normalización silente” nesta sociedade?
Vou poñer outro exemplo: Neste país celébranse unhas 8.000 festas parroquiais ao ano. No seu día fixemos unha campaña para galeguizar estas festas na que insistimos en que as orquestras, por exemplo, empreguen o galego. Tamén pediamos aos das comisións de festas que, polo menos ese día a ano, se lle pedise ao cura que fixese á misa en galego, que os carteis das festas estivesen tamén en galego... esa é unha normalización silente. Este país ten unha gran antropoloxía amordazada que serve para normalizar o galego. Neste país o que precisamos é imaxinación xa que existe unha gran atonía. Nos anos 80 había coordinadoras de concellos polos servizos sociais, pola normalización... Hoxe todo isto afogou porque non hai imaxinación e repito, porque non hai pedagoxía.
É todo este panorama que pinta o xermolo do proceso de desgaleguización que, semella, estamos a vivir?
Evidentemente hai unha regresión no país que non se reflicte só no decreto da Xunta senón que ten moitos máis sinais. A perda de identidade do país vén porque a esencia estaba ancorada no rural e as cidades non foron capaces de facerse coa tradición, de dotala desa cultura. A xente do rural non ten espazos para expresarse nas cidades que son inhóspitas e, ademais, os dirixentes políticos levan a cabo unhas políticas culturais que pouco teñen que ver coa identidade do país. Recordo que alá polos oitenta todas as grandes cidades querían ter aquilo da movida. Ben, pois a movida foi moi daniña porque esquecía a cultura galega. Hoxe en día, un mozo ou unha moza non ten capacidade para loitar contra esa represión cultural que se lle quere impoñer. Á mocidade déronselle moitos sucedáneos culturais de escaso percorrido pero non se lles deu tradición. A verdade é que a perda de identidade vai un tanto parello á marcha da xente ás grandes cidades. Esa é a gran proba de se este país pode manterse fidel á súa cultura ou non. Creo que nas cidades vaise xogar todo e tamén creo que as políticas das corporacións locais teñen fracasado neste tema.
Vostede é unha especie de líder deses procesos normalizadores que comezaron nos concellos de Galicia hai trinta anos. Todo empezou cando chegou como funcionario a Redondela...
Cando eu cheguei a aquel concello, que era digamos de grao medio, decátome de que en Galicia os municipios tiñan unha burocracia herdada do franquismo e que ía ser moi difícil que as vellas reivindicacións do galeguismo histórico e do Estatuto de Autonomía, aprobado no ano 81, puideran afondar. Dinme conta de que era moi complicado somerxerse nun país realmente galeguizado. Cando eu entrei na Administración tamén entraron unha serie de amigos. Todos tiñamos deixado a política e por iso nos decatamos de que ía ser moi difícil para os nosos dirixentes tourear cos funcionarios, poder traballar nese campo. Pero tivemos a grande sorte de crear un día o que se chamou Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.Nós comezamos a traballar e logramos, por exemplo, que no 84 se reunisen en Composela 184 concellos do país, no Hostal dos Reis Católicos, para firmar unha declaración de normalización lingüística na Administración local. Este foi un paso moi importante porque eran moitos concellos nun momento no que a maioría dos municipios eran de dereitas.
Un dos seus logros, fundamentais para ese proceso normalizador aínda inacabado, foi que o DOG se imprimise unicamente en galego.
Cando empezamos a traballar tivemos moitos problemas. Había unha empresa en Santiago, Gráficas Asturias, que tiña o monopolio de fabricación de documentos para a Administración e que estaba preto do Hórreo. Esta empresa vivía practicamente de facer os formularios nos concellos... Chegáronse a facer verdadeiras barbaridades como os documentos a dobre columna, porque había xente que pensaba que o galego e o castelán, ao ser cooficiais, debían de ir xuntos. Iso era un absurdo porque unha lingua non ten que ir apoiada noutra. Ben, pois no seu día, sendo vicepresidente da Xunta Barreiro Rivas reunímonos co Técnico Xeral da Presidencia, o amigo José Antonio Cotarelo, e lle dixemos que o Diario Oficial de Galicia non podía ir a dobre columna en galego e en castelán. “Con este método os funcionarios dos concellos cando teñen que transcribir as disposicións do DOG fano en castelán polo que nunca van poder aprender galego”, dixémoslle. Explicámoslle que os funcionarios, a forza de ler, faríanse cun dominio de galego e poderían chegar a entender que tamén é unha lingua de traballo, que pode exercer poder. Un día levámolo a comer a un mesón e aí rompémoslle a cabeza durante horas, dixémoslle que era un covarde, a pesar de ser galegofalante e ser da Pontenova, porque non se atrevía a facer nada co tema do Diario Oficial. Alá pola sobremesa Cotarelo dixo: “Vide comigo que ides ver o que son capaz de facer”. Fomos ao seu despacho e deu unha orde. Ao día seguinte o DOG saíu en galego.
Algo semellante ocorreu coas publicacións do primeiro Parlamento de Galicia de Antonio Rosón.
A Rosón levámoslle o Diario Oficial e dixémoslle: “Mire Don Antonio que deixou de ser a dobre columna”. El mirounos e respondeu: “Pois moi ben”. Así que aproveitamos e dixémoslle se no Parlamento tamén era posible eliminar as publicacións a dobre columna. Ao momento chamou ao seu secretario e soltoulle: “A partir de mañá facemos como os do diario oficial, vale?”. Todo isto foi un gran acerto porque o galego comezou a ter prestixio na Administración e comezou a ser entendido e falado polos funcionarios. Nese momento aparecen tamén os cursos de galego que, a verdade, eran bastante malos pero que eran os que había. A Administración local galeguizouse en moi pouco tempo e creo que hoxe ninguén o discute. Hai algo tamén importante ademais e é que a memoria da Administración está en galego.
Non obstante, máis alá do ámbito da Administración, vostede sempre pulou por facer un traballo de normalización en todos os ámbitos da sociedade.
A galeguización da sociedade debía facerse desde moitos ámbitos distintos, non só dende o mundo do ensino que, por exemplo, non era o que máis nos interesaba para actuar porque estaba moi politizado e era moi endogámico. A verdade é que a galeguización no mundo do ensino non callou porque non houbo pedagoxía, hai moito licenciado pero pouco pedagogo. Moitos ensinantes dicían que eles non tiñan que convencer a ninguén de nada, que só tiñan que ensinar e eu non podo aceptar iso. O certo é que en Galicia faltou moita pedagoxía, as cidades fóronse voltando unha sorte de crisol, de muíño de café na que o galego estaba disolto. Os responsables das administracións locais de cidades como Vigo e como A Coruña non souberon convertilas, aínda sendo de esquerdas, nun escenario para galeguizar a sociedade.
Pero, cal é a pedagoxía para impulsar unha política en clave galeguista?
Hai pouco dicíalle a un político de Ourense: “Por moito que vós queirades actuar aquí e teñades plans aquí, estades obrigados a actuar tamén fóra da provincia”. E é que Ourense ten case o mesmo número de habitantes que Vigo, o 60% das persoas que traballan en Vigo son ourensáns polo que, pola semana, en Ourense só quedan os rapaces nas escolas e os vellos nas aldeas. Cando veñen os traballadores é na fin de semana pero ese día a Administración está pechada. Se realmente queredes facer unha política en clave galeguista hai que proxectala tamén cara a Vigo porque aí é onde está unha gran parte dos teus cidadáns. O político preguntoume logo que como era posible desenvolver iso e eu díxenlle que era fácil. Ourense é a provincia de Galicia que máis antropoloxía ten. Ten un Entroido marabilloso e de toda España é o país co patrimonio monumental máis rico pero iso non o saben vender. A poboación debe comezar a valorar a súa cultura. Non se pode facer unha política improvisada co galego. Nós só identificamos normalización con literatura e ese é un gran erro.
Quedalle moito traballo por facer aos partidos políticos neste tema?
Na miña fase de militancia política, cando era dirixente da UPG, eu preocupeime moito dunha cousa que era a necesidade de educar tamén politicamente á xente. Eu dicíalle a todas as células, que entón se chamaban así, que os sábados e os domingos había que ir ao monte a facer seminarios que, por exemplo, daba Camilo Nogueira ou Franco Grande. Alí estudábase economía, o marco xurídico do Estatuto do 36... A min sempre me preocupou que a xente fose autónoma, que non houbese gregarismo. Con isto quero dicir que, hoxe en día, boto en falla que os sindicatos e os partidos políticos lle dean á súa militancia unha formación como é debido. Limítanse nada máis que a convocalos para o 1 de maio ou para un acto ou outro. Algún sindicato en Galicia presume de ter 50.000 militantes. Ben, se estas 50.000 persoas fixesen esa normalización silente, como non ía cambiar o país? Se estas 50.000 persoas demandasen libros en galego, como non ía mudar algo? Por outro lado, neste tema tamén inflúe que o noso mapa político é incorrecto, non responde á realidade do país. Agora hai unha patrimonialización de tres forzas políticas que entenden que non deben de nacer outras máis. Non obstante o país é moito máis.
Cre posible que o empresariado, xa que di existe un que é receptivo co galego, apoiase un novo partido?
Non o sei, pero se o soubera nestes momentos tampouco o diría. Iso si, creo que hai espazo.
Fala moito de pedagoxía. O PP sempre argumenta que o bipartito non a fixo e que por iso callou esa idea da imposición do galego. Que cre?
A verdade, creo que durante o bipartito fíxose unha cousa moi coherente que foi o decreto do galego. Se o frontispicio do noso ordenamento xurídico se basea en que hai que primar as linguas minorizadas esta norma é coherente. Iso si, creo que durante eses catro anos do bipartito desaproveitouse unha oportunidade moi boa e é que non se trasladou á comunidade educativa o que significaba ese decreto. Logo, un determinado sector da sociedade galega, nucleado ao redor do PP, cometeu a torpeza de non entender o principio da discriminación positiva.
Pode comparar as políticas de Fraga e de Feijóo?
A estratexia de Feijóo con respecto ao galego é errática e está relacionada coa perda de moitos personaxes como Xesús Palmou nas filas do PP, persoas que tiñan un pouso co país. No que se refire ao discurso da identidade, esta etapa non ten nada que ver coa de Fraga. Polo menos Fraga, que era un home que perseguiu o galego sendo ministro, foi capaz de entender este país. Eu sempre teño un libro de cabeceira: Mito e realidade da terra nai de Rof Carballo. Este autor mantiña que o home galego vive en contradición entre o que é e o que debía ser, entre o que é e a terra na que vive. Galicia é antropoloxicamente tan forte que o home ten que aceptar a forza da terra-nai. Posiblemente, cando Fraga choraba era porque, segundo Carballo, se lle abría o hipotálamo e recordaba a súa nenez e o contacto coa terra. Fraga tivo acertos e desacertos e foi facendo unha política de parcheos coa lingua. Con todo, perdéronse 16 anos porque non se conseguiu que a mocidade vise a realidade do país. En todo este tempo houbo unha especie de maquillaxe institucional pero nunca houbo unha verdadeira pedagoxía normalizadora.
Fala da normalización silente, esta semella non ter chegado á Xustiza...
No 87 chegamos a un acordo con todos os sindicatos coa finalidade de que os medios de comunicación reflectisen que todos os sindicatos se reunían para falar do galego. A lingua na Xustiza foi sempre algo pendente. Incluso as asesorías xurídicas dos sindicatos utilizaban o castelán naquela época. Estabamos outra vez no caso da ritualización. O galego no Parlamento ou no mitín pero logo no seu despacho Martínez Randulfe utilizaba o castelán! Agora mesmo a situación non ten mellorado moito. Os avogados din que eles están supeditados ao cliente e que é necesario que os xuíces comecen a falar en galego e os xuíces din que non teñen ningunha presión para facelo.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
domingo, 11 de abril de 2010
Unha estratexia distinta
entrevista a Maurício Castro, sociolingüista, en Galicia Hoxe
O profesor na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol e sociolingüista Maurício Castro ofreceu onte un relatorio nas I Jornadas de Cultura, Língua e Ensino, organizadas pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) e a Universidade da Coruña. A partir dunha comparación entre o caso de Porto Rico e Galiza, propuxo para o noso país un modelo no que o idioma propio sexa o único oficial, ou polo menos a lingua preferente, garantindo os dereitos dos falantes doutros idiomas, como o castelán. Ao seu ver, as estratexias adoptadas ata o momento en política lingüística non deixaron de amosar o seu fracaso, polo que chegou o momento de mudalas, ollando a modelos "que non son unha utopía", senón unha realidade en lugares como o Quebec ou Flandres.
Castro pon de relevo a incoherencia que supón defender, para Galiza, o "bilingüismo cordial" mentres as mesmas persoas apoiaron, nos anos 90, a reivindicación do goberno de Porto Rico de que o castelán fose a única lingua oficial, sen renunciar á aprendizaxe do inglés nas escolas. A súa proposta afástase tanto da do actual Executivo galego como, en boa medida, da sostida pola oposición e o movemento normalizador, que reclaman o cumprimento da lexislación vixente para que o galego acade unha posición de igualdade respecto do castelán e a volta ao consenso lingüístico no marco da cooficialidade e as políticas activas de protección da lingua propia do país.
Comezaches a túa intervención aclarando os conceptos de lingua e dialecto. Que querías subliñar?
En contra do que se di habitualmente, o concepto de lingua non é estritamente lingüístico, senón que se decide que é lingua ou que é dialecto segundo criterios políticos. O galego foi considerado un dialecto ata que unhas elites culturais, no XIX, comezaron a defender que era unha lingua. As consideradas linguas non son máis que unha variedade, é dicir, un dialecto, escollido para ser o estándar. Así pasou co castelán, o francés, o inglés...
A padronización consiste, daquela, na escolla dese estándar. O artigo de Andrés Freire publicado pola FAES parecía esquecer que o castelán tamén viviu ese proceso, cuxo resultado é a uniformidade, relativa, do actual castelán...
Si. Nos estados-nación europeos decídese cal é a variedade estándar tras o xurdimento da imprenta de Gutenberg. Ao galego faltoulle, daquela, un aparello de poder detrás que impulsase este proceso. Cando Galiza acadou a autonomía, decidiuse ademais que o galego era unha lingua autónoma do portugués, contra o que demostra a filoloxía románica e toda a nosa tradición anterior, que considera o galego parte da lusofonía.
Monolingüismo, bilingüismo... son conceptos que están a xerar moita confusión polo seu mal uso.
O monolingüismo social foi o obxectivo tradicional do nacionalismo, pero agora está a ser cuestionado, por exemplo por sociolingüistas como Henrique Monteagudo, que defenden un bilingüismo sen diglosia...
As persoas, individualmente, deben dominar cantas máis linguas mellor. Pero se queremos que o galego se normalice, na miña opinión debe ser a única lingua oficial no noso territorio. E iso non exclúe que se fale tamén castelán, inglés..., pois os dous aprenderíanse como materias na escola. O Estado español deulle o premio Príncipe de Asturias nos 90 ao gobernador de Porto Rico por facer do castelán a única lingua oficial co obxectivo de deter a súa substitución polo inglés. Pouco despois, tras as seguintes eleccións, restaurouse a cooficialidade. Pero a cuestión é que as elites españolas defenden unha cousa distinta en Galiza e en Porto Rico. O modelo de cooficialidade que se aplica en Galiza ao que está a levar é a que o galego sexa a lingua minoritaria. Por iso é necesario mudalo. E hai modelos que funcionan, como o de Quebec ou Flandres. No Quebec, en Canadá, o francés é a única lingua oficial, pero garántense os dereitos dos angloparlantes.... O bilingüismo equilibrado ese do que se fala non existe en ningún sitio.
Din os de Galicia Bilingüe que os dereitos son das persoas e non dos territorios. Pero a propia Constitución española establece un principio de territorialidade...
Si, pero para o castelán, que é obrigatorio en todo o territorio do Estado. O galego, porén, é só persoal, individualmente voluntario en Galiza, pois os cidadáns teñen dereito a utilizalo. Só para Galiza se propón, por exemplo, consultar os pais sobre a lingua das materias. Non defenden o mesmo para Valladolid ou Madrid, onde hai minorías que falan outros idiomas. A gran falacia de Galicia Bilingüe é o discurso da imposición. Ninguén discute que se impoña o castelán. E eu creo que a igualdade entre o galego e o castelán só se conseguiría sendo o galego o único idioma oficial.
A túa proposta non sería apoiada polas elites, nin hai nos galegos se cadra un nivel de compromiso real coa lingua axeitado para iso...
Tamén as mulleres tenden a reproducir a ideoloxía imposta polo patriarcado. E se vas a Valladolid tampouco atoparás un gran nivel de conciencia lingüística. O que temos que conseguir é que o galego sexa unha lingua útil e necesaria, para non ter que depender só do voluntarismo, a militancia, o sentimentalismo...
A túa proposta tamén chocaría coa lei, pois non é legal darlle ao galego un status de lingua única, senón só preferencial...
Iso é certo, pero o que esquecemos moitas veces é que a lei española é antidemocrática niso. O que propoño aplícase en Suíza: cada lingua é oficial no seu cantón, e as outras linguas apréndense tamén na escola. É tamén o modelo de Bélxica ou Canadá. Non é unha utopía, pero aquí parece que non pode nin abrirse ese debate. Se os galegos puidésemos decidir que o galego fose a única lingua oficial, ou polo menos a preferencial a todos os efectos, e ademais se considerase o galego parte do tronco lusófono, mudando a ortografía, si que conseguiriamos normalizalo. O galego ten que ser a lingua prioritaria, a primeira lingua, e o castelán podería ser a segunda. Hoxe non só a burguesía urbana, senón tamén as elites nacionalistas defenden a volta a un consenso que o único que conseguiu foi o dominio do castelán. Tampouco existe o monolingüismo social.

Lalín contra o galego
Na xeira mediática na que está inmerso, Anxo Lorenzo participou xunto co deputado Román Rodríguez o pasado venres no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, nun acto de propaganda do decreto chamado de plurilingüismo organizado polas Novas Xeneracións do PP.
Como sempre Anxo Lorenzo contradicindo todo o que el mesmo dí, comentou que estaba no asunto da "cuadratura do círculo", que como todo o mundo sabe, de realizarse con regra e compás, tal e como mandan os matemáticos clásicos, é imposible de facer. E nesas anda o homiño.
Entre os asistentes estaban presentes membros de Queremos Galego, que comentaron a prepotencia con que foron tratados por parte dos oradores.

sábado, 10 de abril de 2010
De Alfonso X O Sabio a Zarrías I o Reparador
por José Luís Sucasas, administrativo de obra, en Vieiros.
Alfonso X reinou en Castela e León na segunda metade do século trece e pasou á historia coma o rei Sabio. Non me vou meter agora se o que sabía era ou non abondo para merecer tal alcume, pero o que si podemos dar por certo é que dominaba as dúas linguas que se falaban no seu imperio: o galego –no territorio do anexionado Reino Cristián de Galicia-, e o castelán –na meseta castelán e leonesa-. Á hora de plasmar en tinta os seus sabios pensamentos, o rei fixo unha escolla que determinou –para ben e para mal- o futuro dos dous idiomas: utilizou o castelán para os asuntos mundanos -xurídicos, técnicos, políticos...-, e reservou o galego para as mais fondas preocupacións da alma –poesía-.
Os motivos que o levaron a tal escolla descoñecémolos; mais sendo rei e sabio, puido ser que o fixera por unha cuestión práctica: o castelán imperaba na Corte e na meirande parte dos cortesáns, para quen en principio ían dirixidos o Lapidario, o Espéculo, o Libro dos Xogos, as Táboas Alfonsíes, as Sete Partidas ou o Foro Real. Así as cousas, o galego quedou para a vida diaria dos moradores do Cortello Galaico, ou para os da Corte naqueles intres de éxtase poético á sombra esquiva de calquera “encina” mesetaria. Tiveron que pasar sete séculos e tivo que consolidarse a supremacía de Castela sobre as demais Españas, para que un andaluz de Xaén emendase o entorto daquel primeiro rei sabio. Gaspar Carlos Zarrías, que así se chama o aceiteiro emendador, oficiando de Secretario de Estado de Cooperación Territorial das actuais Cortes de Castela, utilizou o galego nunha carta oficial (.pdf) dirixida ó seu par no Cortello de Galicia, o señor Alfonso Rueda, a conto dunhas diferencias de estilo e concepto na Lei galega de Caixas de Aforros. ¡Por fin, a lingua galega elevada a lingua ministerial e coñecendo sobre asuntos xurídicos, técnicos, políticos! ¡Nada de Cantigas de Santa María que van para ningures!
Entón imaxinei unha festa rachada de tres días seguidos, con bombas de palenque e de sete estalos, foguetes de cores polas noites, gaiteiros tocando na cima dos montes, as orquestras enchendo os 5000 palcos mortos de risa, a Táboas bailando un agarrado co Puy, o Aymerich coa Bacón, o Leiceaga coa Currás, o Fariña e mailo Vázquez rouceando arredor de si...Todo o divino parlamento adornado de bandeiriñas e flores de papel, e o Gayoso poñendo música nunha máquina de letras e números. Tres días de ledicia desaforada, festexando a reparación da afronta mesetaria iniciada sen querer había setecentos anos polo rei Alfonso X O Sabio e continuada querendo polos demais reis, a meirande gloria dunha parte das Españas.
Pois nada, ó final e remate non houbo a festa que eu pensaba e Galiza merecía. Porque deuse a casualidade de que a día de hoxe, sete séculos despois daqueles días de Alfonso X, o rei do Cortello cadrou ser Alberto I, da familia YJ (coma Rajoy, Rey, Romay, Feijóo...etc), coñecida inimiga da utilidade do idioma galego para cuestións alén das regueifas de borrachos ou da comunicación coas vacas con nome de muller. Non lle gustou, ou mellor dito, viuno coma unha burla cara o pobo galego (non sabía que el era o pobo galego), un menosprezo, una provocación, e eu que sei cantas aldraxes mais. ¿Pero non quedamos en que tiñan o programa informático DESVAN que traducía do galego ó castelán de repente e sen darse conta?
¡Maldita mala sorte a nosa! Para unha vez que a auga podía correr cara o noso rego, vai e témolo atrancado.
:

venres, 9 de abril de 2010
Só nos faltaba dicirllo cantando
'Música contra o Decretazo'. Este é o slogan do concerto que a plataforma Queremos Galego organiza en Pontevedra o próximo sábado 17 de abril. Uxía Senlle e Carlos Callón presentaron o evento en Santiago.
"Só nos faltaba dicir non ao decreto cantando", foi o comentario destacado na presentación do concerto.
Uxía Senlle é unha labrega que vive nunha casiña branca e que coa súa voz coida os campos verdes. O vindeiro sábado estará en Pontevedra.

Todos contra Anxo Lorenzo
Reproducimos parte da crónica da Nosa Terra a respecto da comparecencia de onte de Anxo Lorenzo no parlamento.Os voceiros do PSdeG e BNG reiteraron o "desacordo" de "practicamente todas as institucións de Galiza" respecto á proposta de decreto do idioma da Xunta, e reivindicaron o PXNL como o "consenso" que "literalmente" rompeu o Executivo do PP coa nova norma.
Precisamente, Lobeira referiuse ao artigo da Lei de Normalización Lingüística no que se insta aos poderes públicos a implantar medidas para lograr un "uso progresivo do galego" no ensino. Así mesmo, recordou que o PXNL considera "como mínimo" a metade do ensino en infantil impartido en galego e, ademais, que sexa o idioma das troncais e "as Matemáticas" en posteriores etapas, en contraposición ao contido do decreto. "Este é o consenso", ironizou.
Ante as acusacións do titular de Política Lingüística de que PSdeG e BNG se negaron a participar no trámite de audiencia con diferentes asociacións para recoller achegas ao decreto, Cerviño aclarou que "non é verdade" e recordou a súa proposta de crear unha comisión parlamentaria para fixar un calendario de aplicación do PXNL.

A crónica de Galicia Hoxe:
Lobeira, pola súa banda, esixiu a dimisión de Lorenzo "por todo ou mal que lle está a facer a este país e á súa lingua" e recordoulle que o "consenso" que eles aseguran ter proporciónanllo só "o partido de Rosa Díez, Galicia Bilingüe, A Mesa pola Liberdade Lingüística e Falanxe". O deputado asegurou que o decreto incumpre a lei de normalización e o plan e censurou as "declaracións predemocráticas" vertidas por Lorenzo tras a reunión do Consello Escolar.
Lobeira preguntouse tamén se "van volver os expedientes e os profesores represaliados por dar clases en galego" e proclamou que a política lingística dun Goberno ten que asentarse "non marco legal vixente e nos consensos existentes, que vostedes racharon. Se queren consenso, partan de cero", exhortou a Lorenzo, ante quen defendeu que o BNG sempre quixo "pactos e consenso" e recordou que xa o fixeron "en tempos de maiorías absolutas de Fraga".

Gran Purismo contra Rosa Díez.
Gran Purismo, o rapeiro galego-suizo de Pardeconde, dá unha resposta a Rosa Diez acerca do seu comentario sobre o valor "peyorativo" do termo "galego".
Maioría moi pequena.

Volvemos a referirnos á entrevista feita polo Xornal de Galicia a Anxo Lorenzo o 28 de Marzo pasado.
Nesa entrevista Anxo Lorenzo dicía que " xa antes de ter este cargo, que as políticas lingüísticas non se poden facer de costas á sociedade. Sexan educativas ou de regulamentación, é absolutamente imposible facer unha política lingüística que vaia nunha dirección diferente á que a sociedade está disposta a camiñar detrás."
E continuamente está a dicir que contra o decreto hai unha minoría ruidosa e detrás do decreto hai unha maioría silenciosa.
Pero resulta que, en contra disto, na mesma entrevista dicía tamén que "creo que o que viviu unha parte da sociedade galega, se queredes unha parte moi pequena vinculada a uns lugares específicos como as cidades, viviu iso (o decreto vixente) en termos de imposición."
A cousa está clara, esa gran maioría é moi pequena. Agora xa sabemos por que é silenciosa, e tamén sabemos para quen se fai o decreto.
Pero Anxo Lorenzo volve a contradicirse. Porque nesta entrevista di que o decreto está feito para esa maioría pequena, vinculada a lugares específicos como as cidades, e que queren vivir sen contacto co galego, no entanto á saída do Consello Escolar, desprezaba a pequena maioría dun 60% que aprobou a emenda á totalidade do anteproxecto do decreto, e que, en contra desa pequena maioría se sentía lexitimado a continuar adiante co nomeado decreto.
Pero onte Anxo Lorenzo volveu a contradicirse con esta última afirmación pois nunha entrevista no día de onte, no programa Bos días da TVG, argumentaba que unha pequena maioría dos sindicatos, que representa aproximadamente o 10% do profesorado do ensino non universitario, estaba a favor do decreto, polo que se sentía lexitimado a continuar adiante co nomeado decreto.
Anxo Lorenzo e o equilibrio mediático
Xa o dixemos máis dunha vez. Non se pode facer un ataque ao galego tal e como se está a facer actualmente sen ocultar e deformar a realidade. Para isto precísase, por exemplo, gastar un millón de euros en propaganda, mais tamén hai que estar continuamente nos medios intoxicando, mentindo, propagando e repetindo mentiras.Anxo Lorenzo é o secretario máis entrevistado da política galega. Lembra alguén á antecesora no cargo?
Poñamos un exemplo. Hoxe, outra vez, entrevistaron a Anxo Lorenzo no programa Bos Días, da TVG, xusto ao día seguinte de que unha maioría pequena no Consello Escolar de Galicia rexeitara o anteproxecto de decreto chamado de plurilingüismo. Non é a primeira vez que Anxo Lorenzo aparece neste programa, xa o entrevistaron o 4/01/2010 e anteriormente o 5/11/2009, unha vez cada dous meses, e só no que se refire a este programa. Tócalle a seguinte entrevista a principios de xuño. Xa o veredes.
Se temos en conta que no actual goberno hai 10 conselleiros e 61 altos cargos entre directores e secretarios xerais, e se os entrevistaran a todos ao mesmo ritmo, neste último semestre deberíamos ter visto, só nese programa e só a altos cargos, un total de 213 entrevistas. Tendo en conta que hai uns 20 programas por mes, nese semestre realizáronse 120 emisións do Bos días, polo que terían que duplicar o número de entrevistas para ter contenta á secretaría xeral de política lingüística, e que houbese un equilibrio de aparicións nese programa entre os altos cargos.
Por certo, unha das perlas da entrevista foi que Anxo Lorenzo anunciou que catro sindicatos van pronunciarse a favor do decreto: ANPE, USO, CSIF e FSIE. 1. xa veremos se é certo. 2. ter que botar man de USO e FSIE dá vergonza allea, o primeiro que non usa unha palabra en galego, e o segundo, que é da cor do gando é de pena. 3. canto suma a repesentatividade de toda esa gran maioría de sindicatos?. Chega ao 11%?
xoves, 8 de abril de 2010
Atopamos a materia escura
Un dos maiores enigmas da astronomía moderna é que máis do 90% do Universo é invisible para a actual tecnoloxía telescópica. Ata o ano 2006, o único que sabían con certeza os científicos é que esta materia escura existe e que non pode detectarse directamente porque non emite luz ou radiación
Pero resulta que acabamos de atopar a materia escura, e no lugar máis insospeitado. Para entender este novelo encerellado cómpre saber algo de física básica. Anunciamos tamén que unha ampliación deste artigo pronto se publicará no Astrophisical Journal, pero para aqueles que queiran ter as liñas principais deste descubrimento basta con que consulten este pequeno avance.
En primero lugar lembraremos un resultado que ata o momento se creía certo e que foi o que levou a centos de físicos e astrónomos a ir na dirección equivocada ata o día de hoxe. Trátase do principio de Pascal, que como todo o mundo sabe di, en liñas xerais, que o incremento de presión aplicado á superficie dun líquido incomprensible dentro dun recipiente indeformable, transmítese co mesmo valor a todos os puntos dese líquido.
Pois resulta que o principio é falso. Pódese dar o caso de que presionando nas dúas superficies A e B da figura, consigamos, a un tempo, e sen deformar o recipiente, baixar os niveis do líquido nos dous lados, A e B. Isto é posible grazas a que se produce unha presión negativa en infinidade de puntos do líquido que xenera noutras partes do Universo unha candidade de nova materia proporcional á suma da presión exercida nas superficies A e B. E non é que o digamos nós, os do taboleirodocolmeiro, é que o descubriu unha autoridade versada na materia, o señor secretario xeral de política lingüística, Anxo Lorenzo.
Efectivamente, na entrevista de máis abaixo, á pregunta de que se o decreto non rebaixaría a presenza do galego, Anxo Lorenzo, con gran clarividencia, responde: "Este decreto rebaixa a presenza do galego pero tamén rebaixa a presenza do castelán".
Como pode ser que ninguén se decatara antes! Ten toda a razón do mundo. A implantación do decreto vai xenerar enormes cantidades de materia escura. Non hai dúbida ningunha!
Eu vou tirar da cadea, (por eliminar algo desa materia, non sexa que me caiga algunha enriba)
Anxo Lorenzo: “Uns din que son un nacionalista na Xunta e outros que quero exterminar o galego”
Entrevista a Anxo Lorenzo o pasado día 28 de Marzo, no Xornal de Galicia
“Eu non son sociolingüista agora, dedícome a outras cousas”, di Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta. Considerado por unha parte da sociedade como o home, xunto co conselleiro Jesús Vázquez, responsable de elaborar un decreto do galego que rebaixa a presenza da lingua propia no ensino, Lorenzo asegura que a norma “vai en sintonía co sentir social maioritario”. Entre os seus argumentos, as consultas aos pais feitas en xuño do ano pasado.
Antes de acceder ao seu cargo na Xunta, vostede afirmou que o PP debería renunciar a parte da súa promesa electoral sobre a lingua. Non obstante, neste momento parece que ten asumido por completo o discurso de Núñez Feijóo.
Cando acepto a encarga de levar o asunto de Política Lingüística, recibo ese mandado nun contexto moi determinado. Penso que o lingüístico debe ser un tema fundamental de Goberno. Creo que nos temas de lingua, na Política Lingüística e nas relacións que debemos darlles aos idiomas oficiais temos que ser capaces de buscar puntos de acordo e non de diferenciación. Creo que hai moitos puntos de consenso aos que se poden chegar no Parlamento co tema da lingua. Eu entrei con esa idea a pesar de que o día a día é moi complicado; a pesar do tema do decreto, que é moi complicado; e a pesar de que os grupos da oposición non queren dialogar. Eu entrei con ese punto de vista e sígoo a manter. O partido gobernante ten un programa electoral que eu coñecía e que, dende o principio, foi unha liña de traballo. Eu non recordo marcar distancias co programa electoral en ningún momento porque evidentemente eu entraba nun Goberno que tiña iso, un programa. Agora, o que si recordo daquelas semanas iniciais é que eu e outras persoas da Xunta e do PP dixemos que o programa electoral era un documento que había que cumprir e poñer en marcha, pero non era algo que tivese que ter unha translación automática. Non podiamos coller o programa e fotocopialo na acción de Goberno, había que negocialo tendo en conta ritmos, prioridades e a situación social de cada momento. A busca de consensos ten que seguir sendo un obxectivo fundamental.
Chegou á Xunta como un sociolingüistica moi recoñecido. Moitas persoalidades da Cultura víano como “un dos seus”, pero agora critícano. Cal é o seu papel dentro do Goberno?
Para uns son un nacionalista radical emboscado na Xunta e para outros un españolista furibundo que só quero exterminar o galego. Eu quédome no medio e que cada un o interprete como queira.
Tamén dicía antes de acceder ao seu cargo que non é posible lexislar en contra do que opina a sociedade...
Si. Dicía, xa antes de ter este cargo, que as políticas lingüísticas non se poden facer de costas á sociedade. Sexan educativas ou de regulamentación, é absolutamente imposible facer unha política lingüística que vaia nunha dirección diferente á que a sociedade está disposta a camiñar detrás. Eu creo que ao bipartito pasoulle un pouco iso. Na miña modesta opinión, no Goberno anterior houbo unha pauta de traballo que foi nunha dirección diferente á que a sociedade galega estaba disposta a aceptar. No caso do decreto, a realidade está aí: a sociedade galega non quere un ensino maioritariamente en galego ou maioritariamente en castelán, o que quere é que haxa un certo nivel de equilibrio. Que haxa promoción do galego, pero que haxa equilibrio. Que non teñamos un modelo que poida decantar esa organización do ensino só cara a unha lingua ou só cara a outra. O decreto de 2007 abriu esa porta.
Mais, cal é a base para facer ese diagnóstico, para decidir que as familias queren cambiar de modelo lingüístico? A consulta aos pais?
Para min unha fonte moi significativa dese nivel de opinión no caso das familias foi a consulta que fixemos en xuño do ano pasado. Os resultados marcan unha pauta na que se ve que as familias se decantan, sobre todo no ensino en Infantil e en Primaria, nunha dirección bastante clara. Para min os resultados da consulta foron moi significativos: temos a realidade que temos e con iso non podemos loitar. Temos que arrimar esa realidade a un xeito de visualizar a Política Lingüística, temos que facer unha política que sexa integradora, que sexa converxente, non diverxente. Eu insisto en que hai moitos puntos de conexión entre a maneira de entender a Política Lingüística do PP, do PSOE e do BNG. Debemos explotar os puntos de acordo que poidan darse entre as tres formas de entender a política en Galicia.
O PP ampárase nos compromisos electorais para xustificar a derrogación do decreto vixente pero un Goberno ten que gobernar para todos, para os que o votaron e para os que non o votaron.
Efectivamente o Goberno goberna para todos, pero tamén o fai dende un compromiso que é o programa electoral. Eu non digo tanto como que un programa sexa un contrato, esa metáfora paréceme un pouco rara, pero si é certo que é un principio. O decreto é un proxecto de Goberno e é un proxecto no que a Secretaría de Política Lingüística tivo unha acción moi directa, pero insisto, é un proxecto de Goberno. É un documento que recolle un programa electoral, bebe desa fonte, pero tamén da consulta que se levou a cabo coas familias e que bebe do que debe ser unha política lingüística de consenso e de integración, que busca puntos en común.
Recibiu, como aseguran fontes do propio PP, presións por parte do partido para ‘endurecer’ o decreto?
Non tiven ningún tipo de atadura para propoñer todas as cousas que propuxen en todas as múltiples reunións e conversas que mantivemos para debater o decreto. En todas as reunións de traballo que tivemos escoitouse a todo o mundo, pero escoitouse a todo o mundo que quixo ser escoitado. Houbo sectores da sociedade galega, sen ir máis lonxe os partidos que conforman a oposición, PSOE e BNG, que non quixeron nin sentarse a falar. O día 30 de decembro o Goberno galego presentou as bases do decreto porque criamos que era a nosa responsabilidade presentar un documento sobre o que se ía a traballar. As forzas políticas da oposición negáronse a falar, unha por determinados motivos e outra por outros diferentes. Nós escoitamos os sindicatos e introducimos moitísimas achegas que nos fixeron no trámite de audiencia. O groso do sentir social respecto ao decreto escoitouse. Agora, non se pode falar con quen non quere falar. Se unha forza parlamentaria nos di que non quere falar até que non se retire o decreto... Se alguén non está de acordo cos principios dun decreto, o normal é sentarse a debater eses principios pero iso non se chegou a producir porque non o quixeron as forzas da oposición.
Non cre que o anteproxecto de decreto que propón a Xunta rebaixa a presenza do galego, lingua oficial de Galicia?
Este decreto rebaixa a presenza do galego pero tamén rebaixa a presenza do castelán. Reserva un teito equilibrado para o horario semanal. Admito que este decreto pode ser interpretado nesta dirección, pero tamén hai quen poderá dicir: “Vostedes están restrinxindo o número de horas que se dan en castelán”. Por suposto que si! Estamos dándolle un tope ás dúas linguas oficias, e un tope equilibrado porque nunca terá un idioma máis horas que o outro. E si, haberá quen poida dicir que o galego necesita un tratamento específico porque fóra do ámbito do ensino ten unha posición distinta á do castelán. Iso si, poderán dicir que é inferior socialmente pero non demograficamente porque tampouco hai que poñerse en plan catastrofista. A maioría dos galegos e das galegas hoxe falan galego. Evidentemente hai un desequilibrio social porque o castelán ten máis forza e máis prestixio. Ben, pero eu a pregunta que sempre me fago nesta cuestión é se a sociedade galega quere un sistema educativo que discrimine de xeito positivo e dunha forma forte ao galego? A reflexión que fago é que non. A sociedade galega non quere un sistema desequilibrado, non quere un sistema de inmersión en galego, non quere que o sistema educativo faga unha descompensación lingüística cara ao galego.
E non cre que o feito de que os alumnos poidan empregar a lingua que queiran na aula, fará que o galego desapareza dos entornos urbanos?
Nós o que fixemos foi volver á redacción que estaba presente no decreto do 95 e, que eu saiba, non creou ningún tipo de conflito. O alumnado ten que procurar usar a lingua oficial da súa materia. Nós o que facemos a maiores é combinar ese criterio cunha observación sobre que cada quen pode usar a lingua oficial da súa elección. Todos entendemos, e eu o primeiro, que hai unha lóxica pedagóxica detrás das aulas. Un ten que aprender os contidos dunha materia nunha lingua tamén para aprender a lingua en que se vehicula esa materia. Con todo, quixemos incluír o dereito dos alumnos a expresarse en calquera das dúas linguas oficiais.
Como profesional da Sociolingüística, cre realmente que o decreto do bipartito impoñía o galego?
Eu o que dixen nestes meses e vou repetir é que as actividades e accións do Goberno bipartito, entre elas o decreto de 2007 levaron a unha parte da sociedade galega a interpretar eses cambios que se propoñían en termos de imposición.
Pero tecnicamente iso ocorreu?
Eu non son sociolingüista agora, dedícome a outras cousas. Eu como sociolingüista non me dedico a facer unha análise da realidade ou do que pasou, ocúpome do que pasa agora. Creo que o que viviu unha parte da sociedade galega, se queredes unha parte moi pequena vinculada a uns lugares específicos como as cidades, viviu iso en termos de imposición. Viviuno case como unha especie de agresión. No caso concreto do ensino, no Plan Xeral de 2004 estaba presente ese 50% como mínimo de materias en galego, que permitía un horario maioritario en galego. Non obstante, no Plan non se facía ningunha referencia ao feito de que as materias instrumentais tivesen que estar en galego. Unha parte da sociedade observou que a maioría das materias semanais se imparten en lingua galega e que ademais todas as materias importantes son en galego tamén e unha parte da sociedade interpretou iso como imposición.
Pois vostede dixo no ano 2007 que o decreto do bipartito era un bo punto de partida para a normalización.
O decreto parecíame un bo punto de partida quitando o das troncais todas en galego, que cría que era algo que ía a introducir conflito. Parecíame un bo punto de partida pero sempre que a sociedade galega fose nesa dirección. Un sistema educativo de inmersión en galego, en castelán ou na lingua que sexa é posible sempre que a sociedade o queira. Se a sociedade galega apostase por un modelo de inmersión como a catalá non habería ningún problema, agora, o que non pode ser é que haxa unha proposta política nesa dirección. Volvo a remitime á consulta ás familias do mes de xuño, creo que foi unha pintura moi clara do que a sociedade quere.
Pero semella complicado atopar a algún sector social a favor deste decreto.
Do decreto están en contra os que están en contra. Tamén hai opinións favorables e matizadas. No PP hai un sentir maioritario a favor deste decreto pero, por suposto, o Partido Popular é moi amplo e hai moi distintas sensibilidades, pero iso ocorre en todos os lados. Falade cos votantes e os militantes socialistas, eles están completamente a favor deste decreto. Non faledes coa cúpula, falade cos militantes. Logo, paréceme incrible que no BNG non haxa sectores pragmáticos que se dean conta de que aquí non se pode poñer en marcha un sistema educativo de inmersión lingüística porque a sociedade non o quere.
En base a que criterio Matemáticas se impartirán en castelán e Coñecemento do Medio en galego?
Nós non facemos unha repartición arbitraria. Tanto ten se é unha ou outra. O importante é que o alumnado de Primaria vai ter unha en galego e outra en castelán e, historicamente, Coñecemento é en galego. No caso de poñelas ao revés tamén estariades preguntando porque Naturais era en castelán e tamén se estaría criticando.

Maligno Benigno
A Mesa do Parlamento acordou remitirlle a Benigno López, valedor do pobo, a queixa de PSdeG e BNG ante a súa falta de "respecto institucional"Os representantes destes grupos lembráronlle a "obrigación de defender os intereses dos galegos, incluídos os que usan o galego". e a necesidade de responder os grupos sen ser "en termos ideolóxicos". Lembremos que estas achegas non son máis que respostas á intervención do señor Benigno o pasado 22 de marzo no Parlamento na que Benigno López, mantivera un día antes durante a súa comparecencia en comisión, onde sostivo un duro enfrontamento verbal cos grupos da oposición, en referencia, principalmente, á cuestión lingüística, xa que López ata acusou ó BNG de obrigar a xente a falar galega.
A Mesa de Ourense quéixase do valedor ante o valedor.
Recollemos tamén a idea da Mesa de Ourense, que frente aos ataques do valedor á nosa lingua decidiron presentarlle queixas a el directamente. A ver se as atende, pola súa actitude parece que non vai ser así, pero polo menos amolámolo un pouco. Se non se fura non hai furado.
Dadas as reiteradas declaracións de Benigno López González, o Valedor do Pobo, asociando a normalización á imposición, faltándonos ao respeto a todos os que queremos ao galego e o seu pouco carinho á nosa lingua queremos pedirche que lle envíes unha queixa ao Valedor do Pobo pola actuación do Valedor do Pobo. Que tes que facer?
1.Vai a páxina para presentar queixa por Internet.
2.Introduce os teus datos e se queres podes copiar e pegar o texto que propoñemos
3.Deixanos un comentario (á Mesa de Ourense) dicindo que lla enviaches (se queres vamos, é para ver cantas se lle mandan).
Quero presentar a miña queixa contra o Valedor do Pobo por:
1. Faltar como alto comisionado do Parlamento de Galicia á súa obriga de defensa dos dereitos e liberdades comprendidos na Constitución que no art. 3.2. di que [a lingua galega] é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección; o Estatuto de Autonomía, que no seu artigo 5 define o galego como lingua propia de Galicia; a Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, que obriga a favorecer un cambio de tendencia na consideración social do galego e na súa incorporación a novas esferas da vida social; a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, porque este tratado internacional, asinado e referendado polo Reino de España en 2001, utiliza un concepto de normalización que non se encerra no mundodo ensino, senón que é máis transversal, detallado e actualizado cá nosa propia lexislación.
2. Faltarlle ao respeto a miles de galegos que loitan pola dignificación e a normalización da lingua galega coa expresión dita en sede parlamentaria «ir cunha pistola ao peito a cada cidadán para que fale galego», asociando o seu traballo para a promoción lexítima da lingua galega coa imposición.
3. Faltar á súa obriga de imparcialidade, xa que desoíndo os ditames e informes da Real Academia Galega e o Consello da Cultura de Galicia, defende a política lingüística do Partido Popular á que por outra banda se opoñen todos os partidos da oposición e todos os sindicatos.
4. Por asociar á normalización á unha imposición, feito contrario ao expresado respecto da normalización por diversas sentenzas dos Tribunais Constitucional, Supremo e Superiores emitidas en resposta a diferentes recursos contrarios á normalización das linguas oficiais e que establecen a lectura oficial da Constitución. Así esta, referida ao catalán pero de plena aplicación ao galego: Al igual que es legítimo que el catalán, en atención al objetivo de la normalización lingüística en Cataluña, sea el centro de gravedad de este modelo de bilingüismo, siempre que ello no determine la exclusión del castellano como lengua docente de forma que quede garantizado su conocimiento y uso en el territorio de la Comunidad Autónoma. (Fundamento 10 da sentenza 337/1994, de 23 de decembro do Tribunal Constitucional).
Mentiras contra verdades

Quen mirase algunha vez esta bitácora saberán que somos moi seguidores da páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL)
A páxina da SXPL di:
No devantido pleno, profesorado, familias, sindicatos, persoal das administracións local e educativa e mais empresarios do Consello Escolar de Galicia amosaron o seu rexeitamento á retirada do proxecto de decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
A páxina da SXPL di:
Fronte a 24 representantes en contra, 16 dos representantes deste órgano consultivo amosaron o seu apoio a que o articulado do texto fose analizado durante o pleno.
A páxina da SXPL di:
Ante esta situación, o responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo lamentou a división amosada polo Consello Escolar de Galicia
Segundo o Consello da Cultura Galega as linguas vehiculares no ensino da Educación primaria, Secundaria obrigatoria e Bacharelato deben ser reguladas á luz do preceptuado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega cando dispón que “como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego”,
A páxina da SXPL di:
unha división que “mostra as diferenzas entre os que queren presentar e discutir modificacións para procurar un texto final máis consensuado e os que queren que se manteña en vigor o decreto de 2007”
1.O partido do goberno obtivo ese goberno cun 47,11% dos votos, una maioría pequena, e os partidos da oposición, só suman un 46,5% dos votos, unha minoría grande.
2. Da consulta ás familias do pasado mes de xuño xa temos falado nesta mesma bitácora.
3. Pódese chamar proceso de diálogo á trapallada mediática realizada pola SXPL durante os últimos meses? Quen se pronunciou a favor do mostruoso decreto? Quen?
A páxina da SXPL di:
Entre estes últimos (os que queren que se manteña o decreto do 2007), precisou o responsable de Política Lingüística, atópanse os partidos políticos da oposición, que seguen a desgastar o goberno co tema da lingua, nun intento de quitar beneficio político dunha cuestión que debería estar por riba das diferenzas ideolóxicas e partidistas”.
Ademais, o secretario xeral afirmou que a Xunta de Galicia “non vai retirar o proxecto de decreto, porque a Administración Educativa se sente plenamente lexitimada e apoiada para seguir adiante. Neste sentido, Anxo Lorenzo recordou:
1. o resultado electoral de marzo de 2009,
2. a consulta ás familias do pasado mes de xuño
3. e mais o proceso de diálogo coa sociedade iniciado o pasado mes de xaneiro, que levou o Goberno a aceptar suxestións e propostas das diferentes entidades sociais e das institucións”.
mércores, 7 de abril de 2010
O argumento da maioría pequena
O titular foi prácticamente o mesmo en todos os medios: O Consello Escolar rexeita o Decreto do galego. Votaron a favor da emenda os amantes do galego, e en contra os zunantes.
E este señor da foto sae dicindo que o resultado foi "unha maioría pequena, en torno ao 60 por cento". Pois nós aceptámoslle o argumento. E tendo en conta que a maioría foi tan pequena, non se debería ter en conta, e ten moi boas razóns o secretario xeral de política lingüística en non retirar o anteproxecto.
E seguramente, este señor secretario tamén nos admitirá que o 47,09% é un número menor que o comentado 60%. E tamén admitirá que foi o 47,09% dos votos os que lle deron o goberno ao señor Feijóo, e a el a secretaría que tan honrosamente ocupa. Polo tanto, e usando o mesmo argumento da maioría pequena, e con máis razón aínda, por ser o 47,09% unha maioría máis pequena que a do 60%, pois ben podería retirarse el, e o señor Feijóo, e todos os conselleiros e deixar gobernar a quen, tamén moi honrosamente, obtivo unha minoría grande.
E acabouse o problema.
Carta da Coordinadora ao Consello Escolar
Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), ante a reunión do Consello escolar de Galicia prevista para o vindeiro 7 de abril, queremos facer chegar aos membros deste órgano as seguintes consideracións ao respecto do Borrador do proxecto de decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
1. O decreto proposto non serve para a promoción da lingua galega. A diferenza dos textos anteriores nos que se establecían medidas en positivo ao respecto da nosa lingua a proposta actual céntrase no establecemento dun equilibrio horario e trata por igual dúas realidades distintas.
2. O decreto proposto é ineficaz pedagoxicamente falando. O feito de que os alumnos/as poidan expresarse con independencia da lingua da materia en calquera das dúas linguas oficiais dificultará a aprendizaxe dos contidos curriculares, a aprendizaxe lingüística a través de contidos e o desenvolvemento da competencia lingüística.
3. O decreto proposto parece asentarse sobre un principio de competencia entre linguas ao confrontar continuamente as dúas linguas oficiais.
4. O decreto proposto non garante un equilibrio real entre as dúas linguas. Que exista un equilibrio entre os idiomas nos que se imparten as materias non é sinónimo de que na realidade vaia existir un equilibrio entre as dúas linguas nos centros de ensino.
5. O decreto proposto non garante que os alumnos teñan o 50% da carga lectiva en galego e o outro 50% en castelán. Nos cursos superiores (3º e 4º da ESO e BAC) nos que existen materias optativas vai ser imposible o equilibrio entre as dúas linguas, poderá facerse unha distribución equilibrada de materias, pero non se garante que logo da elección os alumnos teñan o 50% das horas en cada lingua.
6. O decreto proposto establece unha distribución de linguas e materias para a Educación Primaria e a ESO que afonda nos prexuízos cara á nosa lingua. O galego vese apartado das materias e dos itinerarios tecnolóxicos, os máis escollidos polo alumnado hoxe en día.
7. O decreto proposto establece unha consulta ás familias que vai en detrimento da calidade de ensinanza. As familias carecen da información suficiente para poder determinar a lingua en que se debe impartir cada materia (descoñecen os materiais pedagóxicos que hai dispoñibles, a capacidade e dispoñibilidade do persoal do centro para empregar unha ou outra lingua…).
8. O decreto proposto contribúe a complicar o funcionamento dos centros tanto no que afecta á convivencia da comunidade escolar como á xestión administrativa ao sobrecargar de traballo aos equipos directivos.
Garantímoslles que as reflexións que acaban de ler responden, xa que estes son os obxectivos da nosa organización, ao rigor pedagóxico, á profesionalidade e ao desexo de que a nosa lingua se manteña viva mil primaveras máis.
Reciban un saúdo afectuosoCoordinadora Galega de ENDL

A mentira do equilibrio
por Marta Dacosta, sindicalista da CIG e escritora, na Nosa Terra
Un. Ao mercado dos luns veñen mulleres que aínda usan as vellas básculas de dous pratos. No seu oficio dominan a técnica do equilibrio deixando o fiel no mesmo centro do arco de oscilación. Elas saben perfectamente que cando precisamos equilibrar os dous lados da balanza non podemos pór en cada prato exactamente a mesma pesa, non, ben ao contrario, deberemos pór todo o peso no prato máis alto, para que se aproxime do que aínda ten un peso maior. As mulleres da feira dos luns saben de equilibrio e ben o podería explicar na Secretaría Xeral de Política lingüística, en toda a Xunta de Galiza.
Dous. Entre as lembranzas máis nítidas que gardo das aulas da Facultade de Filoloxía no entón Colexio Universitario de Vigo está a mañá en que o profesor de lingüística insistiu en explicarnos que o bilingüismo é unha destreza individual, mais que, en ningún caso se pode falar de sociedades bilingües. Non quedou dúbida ningunha, por tanto, de que a situación do galego non é un caso de bilingüismo, nin poñéndolle cantos adxectivos se lle queiran botar. Polas clases daquel profesor tamén pasou o responsábel do anteproxecto do Decreto de Plurilingüismo.Tres. Primeiro foi a “imposición”, agora o “equilibrio”, e mentres tanto fixeron desaparecer a palabra normalización e difundiron que a nosa lingua xa non está en situación de diglosia. Procuraron asociacións amigas que lles esixisen a defensa do español. Deseñaron unha estratexia fundamentada en impor o seu obxectivo final. “Unha mentira axeitadamente repetida mil veces, convértese en verdade”. Os seus mestres non están nos libros de sociolingüística.

A Mesa e a SXPL
Hai ben poucos días Anxo Lorenzo, o secretario xeral de política lingüística, anunciaba que o seu departamento se implicaría na normalización no ámbito da circulación viaria. Parece que xa vai ter a axuda dun colectivo pois o pasado domingo A Mesa urxía á corrección de 115 sinais viarios que exclúen o galego.Ademais de indicadores que non figuran en galego, como Por su seguridad, control de velocidad ou Arroyo, desde A Mesa tamén rexistraron 20 sinais con topónimos deturpados, como *San Mamed, *La Porteliña e *La Coruña.
A Mesa remitiulle a súa queixa ao Ministerio de Fomento, ao Valedor do Pobo, á Oficina de Linguas Oficiais, ao Departamento de Calidade dos Servizos Públicos, ao secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas. E tamén, como non, á Secretaría Xeral de Política Lingüística. Se estes últimos non mentiron, é de supoñer que pronto lles farán caso.
Decreto do galego, pode facerse contra todos?
por Xosé Ramos, de Nova Escola Galega, no Xornal de Galicia
Hoxe terá lugar o Pleno do Consello Escolar de Galicia que vai emitir o seu ditame sobre o Proxecto de Decreto que ata agora se viña coñecendo por normalización lingüística, e que xa no seu título anuncia a súa intención de non normalizar (facer normal e igual o uso de dúas linguas que están en contacto pero que teñen situacións diferentes) senón de regular en clave de igualdade o que é clamorosamente desigual.
Non recordo un percorrido lexislativo de ningunha lei, nin estatal nin autonómica, que concitara máis unanimidade no seu rexeitamento que este Proxecto de Decreto.
Non foi só o rexeitamento social, que tamén o houbo por medio de actos, presentacións, concentracións, manifestacións e mesmo folgas; aínda que estes son sempre moi difíciles de calibrar en canto á súa representatividade, a pesar de que sexan significativamente evidentes se os lemos comparativamente. Foron sobre todo as institucións e organismos de todo tipo, uns por seren consultados dentro das boas prácticas políticas cando se elabora unha norma, e outros por vontade propia. Todos eles manifestaron o seu posicionamento contrario e abertamente preocuparte por como se concibe esta lei.
Máis grave parece a situación se temos en conta que este Proxecto, abertamente contraditorio con todo o entrabado lexislativo anterior, non conta co consenso político que si tiveron todos os decretos anteriores relacionados coa normalización lingüística. Quérese argumentar que o Decreto anterior tampouco tivo o acordo do Partido Popular, pero é necesario recordar que durante toda a súa redacción e tramitación si contou con ese acordo, e foi só no último momento, co texto xa coñecido e xusto antes dunha rolda de prensa conxunta, cando o PP mostrou o seu desacordo. Aquel clima de acordo evidenciouse tamén no ditame favorable ao Decreto de 2007 por parte do Consello Escolar de Galicia con data do 29 de marzo dese mesmo ano, que non tivo ningún voto en contra.
Nesta ocasión todo tipo de organismos se posicionaron contra o decreto, dende os sindicatos (mesmo algún habitualmente próximo ás políticas educativas do PP) aos Movementos de Renovación Pedagóxica, os Equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros, asociacións de pais e nais, de estudantes, de escritores e editores, de asociacións de profesorado de diferentes áreas de coñecemento… en fin, a inmensa maioría do corpo asociativo que ten algo que ver coa lingua, a cultura ou a educación.
Tamén a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, organismos dos que non se nos escapa a súa importancia cando opinan sobre a lingua e a cultura e que foron contundentes en contra do Proxecto, máxime cando teñen unha hábito institucional de prudencia e comprensión coas iniciativas do Goberno, de calquera goberno. Desprezar na práctica os informes da Real Academia e do Consello da Cultura é un acto de soberbia sen precedentes na historia da Autonomía de Galicia.
Agora tócalle por lei ao Consello Escolar de Galicia emitir o seu ditame. Por que ten importancia a súa opinión?
Porque nel están representados todos os sectores do ensino, pais e nais da rede pública e privada, estudantes, concellos, profesorado tamén da rede pública e da privada, e mesmo os empresarios dos centros concertados, relixiosos e laicos; tamén organismos que teñen un coñecemento da educación e da cultura galega como a Universidade e diversas Fundacións. E por suposto tamén forma parte do mesmo, cun peso determinante, a propia Administración que ten seis representantes como tal, os altos cargos, e o propio conselleiro ostenta a Presidencia, ademais de nomear ao secretario e ás personalidades de recoñecido prestixio.
Ten importancia tamén porque a lei obriga ao lexislador a escoitar a este organismo que, pola súa composición, garante a opinión de quen coñece e ten lexítimos intereses no quefacer educativo, coa intención de contrastar as iniciativas lexislativas do poder cos destinatarios e coñecedores das mesmas.
A arquitectura do sistema democrático esixe que o poder político teña en conta estoutras voces (aínda que non lle obrigue a acatalas), para non supeditar os seus actos unicamente a unha vontade popular inevitablemente difusa nas súas intencións concretas e contrastables só cada catro anos. Son as boas prácticas políticas as que deben impedir que se faga caso omiso de todos os organismos dos que se dota a democracia para contrapesar, asesorar e apoiar a acción dos gobernos.
De non facer caso este Goberno, agardemos que os custes políticos sexan tan elevados que non volva a pasar que un partido, sexa o que sexa, lexisle en contra da opinión daqueles que está obrigado a escoitar.

martes, 6 de abril de 2010
Setestrelo por Berrogüeto

Berrogüeto está a presentar o seu novo disco, "Kosmogonías", que dedica "todos os heroes anónimos". Manuel Rivas e Rosa Aneiros, ademais da videocreadora Olaia Sendón, colaboran no novo traballo.
Ademais este grupo será un dos que vai participar no Festival de música contra o decretazo que se celabrará o vindeiro sábado 17 en Pontevedra. Comprando agora unha entrada por 10 euriños poderedes escoitalos xunto con outros 13 grupos.
Para comenzar agora o festival, vai este vídeo no que interpretan o tema "Setestrelo", a constelación que nos indica o norte. Para que non o perdamos.
Un millón contra o galego
O asunto vai traer moito que falar.
O millón que vai gastar a Xunta en xustificar o seu ataque ao galego xa tivo varias contestacións. Os grupos parlamentarios polemizan sobre o suposto gasto dun millón de euros en publicitar o decreto do galego. Mentres o PP contesta que eses cartos van usarse para "clarificar as informacións aos destinatarios que non foron as axeitadas". Comenza a xeira goebbeliana. Non queda outro remedio: ou se deforma a realidade ou non hai forma de soster a monstruosidade do decreto.
Carlos Callón, presidente da Mesa pide explicacións á Xunta por esta campaña

.gal contra .gl
Continúa a polémica do dominio .gl.
Temos algo que ver con Groenlandia?
O panorama está cada vez máis xeado. Impóñenos un decreto contra a nosa lingua, impoñen tamén o castelán, impoñen o .es. Mais que administración defende o .gal? Terá Galicia algún día un dominio normalizado? Os vieiros da internet son os mesmos que os da lingua.
A Nosa Terra entrevista a Víctor López, novo presidente de EGANET, quen profundiza na polémica.
Nesta semana produciuse certa polémica na rede galega ao fío da aposta de Dinahosting polo .gl cando asemade estase pelexando por lograr o Puntogal. Recomendaría vostede rexistrar a unha empresa o dominio .gl?
Eganet, ao igual que toda a sociedade galega e clase política galega, apoia o obxectivo da asociación .gal, da que é membro, para a obtención dun dominio propio para Galicia. Dinahosting tamén apoia o dominio .gal e a campaña de rexistro de dominios .gl só se pode entender no marco dunha estratexia empresarial totalmente lícita, calquera empresa pode rexistrar o dominio .gl do mesmo xeito que o pode facer con calquera outro dominio existente como o .tv, etc.; pero en ningún caso se pode entender o dominio .gl como un substitutivo do .gal, xa que o .gl pertence a Grenlandia, que evidentemente non ten nada que ver con Galicia, así que Eganet nunca recomendaría a ningunha empresa que desexe ter un dominio galego o .gl, senón que o que lle recomendamos é apoiar o .gal que non tardará moito en estar dispoñíbel para todas as empresas galegas

Preguntas ante o decretazo
por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, no Xornal de Galicia.
Se nos datos do último censo se asegura que o 20% das rapazas e dos rapaces de entre 15 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego, como se pode corrixir ese problema reducindo máis a presenza do idioma propio?
Se un neno ou unha nena nunha cidade non ten contacto escolar co galego en toda a educación infantil, como pode ter a preparación en primeiro de primaria para recibir o 50% do ensino en galego?
Tantas carestías teñen os macromercados editoriais en inglés e en español como para que a partir de agora vaian recibir axudas públicas da administración galega, segundo sinala o artigo 13.2 do anteproxecto do decretazo?
Xa que hai moitísimo material pedagóxico en español e inglés e hai tantos aspectos aínda non cubertos en galego, por que se reducirán as axudas á edición de material no idioma propio do país?
Cales son os criterios de “tradición” que, segundo asegurou o conselleiro de Educación, fan recomendábel que non se impartan en galego as materias de física e química, matemáticas e tecnoloxía?
Expedientarase ao profesorado que imparta estas disciplinas no idioma propio do país, ese que o artigo 5 do Estatuto sinala que os poderes públicos deben promocionar e que a Lei de normalización lingüística estabelece que se debe introducir progresivamente no ensino?
Por que o galego vai ser o único idioma con algún rango de oficialidade en todo o Estado español que será excluído legalmente da docencia dalgunhas materias?
Por que Galiza será a única comunidade do Estado español con lingua propia diferente do castelán que non vai nin permitir legalmente ningún proxecto de inmersión no idioma propio?
Por que tamén Galiza vai ser a única comunidade do Estado español na que se posibilitará que os nenos e as nenas non escoiten o idioma propio até faceren os seis anos, salvo en contextos infraacadémicos e extraescolares?
É verdade que todo este proxecto do decretazo responde a un plan elaborado na sede madrileña do PP e que por iso non lles importa a opinión contraria de sindicatos, asociacións de nais e pais, institucións culturais e organizacións estudantís?
Alguén coñece algún goberno democrático, en calquera lugar do mundo, que leve a cabo unha reforma educativa tendo tal nivel de rexeitamento?
Para que se finxe un diálogo co sector e se piden informes á Real Academia Galega e ao Consello da Cultura Galega, se ningunha destas opinións foi nin tan sequera valorada con seriedade?
Por que a Xunta e os seus altofalantes repiten que “a partir de agora os pais van poder escoller a lingua da docencia” se iso, ademais de antipedagóxico, non é o que di o decretazo?
Que fará o Goberno galego cando o Consello de Europa sinale que este decretazo vulnera, punto por punto, un tratado internacional de obrigado cumprimento polo Estado español como é a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias?
Que acontecerá o curso vindeiro se o Goberno de Núñez Feijóo continúa con esta imposición unilateral?

Nova Escola Galega critica o decreto.2
Noutro documento valorativo sobre o novo Borrador, O PERIGO DA CONFORMACIÓN DE DÚAS SOCIEDADES EN RAZÓN DE LINGUA, Nova Escola Galega analiza as liñas principais do ataque que supón esta farramalla lexislativa. Hai algúns días xa reproducimos aquí un artigo da presidenta de Nova Escola Galega, Mariló Candedo que apuntaba na mesma dirección que o comunicado que engadimos aquí abaixo: é fundamental abandonar a retórica deformadora e centrarse na realidade.
Varios medios destacan tamén os avances desta asociación pedagóxica: Nova Escola alerta do perigo de conformar dúas sociedades en razón de lingua
e Creando dúas Galicias son os titulares de Vieiros e Galicia Hoxe, respectivamente.Sobre a cuestión da imposición
En primeiro lugar NOVA ESCOLA GALEGA reitera a súa defensa da normativa actual en materia lingüística, a pesar de considerala en exceso limitada. E faino ante a intoxicación e a intención galegófoba desa minoría que, amparada e asumida polo actual goberno, pretende realmente a conformación de dúas sociedades diferenciadas en razón da lingua. De todos os “argumentos” que fornece o goberno sobre este anteproxecto, que pretende aprobar contra o parecer todas as demais forzas políticas galegas, institucións, organizacións e entidades de diferente tipo, o único que se sostén é precisamente o do compromiso electoral que adquiriu irresponsablemente o agora presidente na procura dunha puñada de votos.
Toda a armazón lexislativa en materia lingüística perseguiu ata o momento, en todos os casos, a protección do galego, a ampliación de espazos de uso e de falantes e a necesaria progresividade no camiño da súa plena normalización. Ata chegarmos a esta nova lexislatura na que, contrariamente aos datos empíricos, ás leis e á historia, por primeira vez se inicia un camiño regresivo e se desbota a propia esencia da normalización.
Que non había imposición do galego nin un conflito xeral por mor do idioma coa norma vixente no momento electoral -os ensinantes sabémolo de primeira man- demóstrao a simple observación a realidade e os propios datos. Na enquisa do CIS sobre as eleccións 2009, tocante á cualificación sobre o labor a respecto da lingua galega, os resultados foron estes: MB (0.8), B(34,6), R(31.0), M(17.4), MM(4.1). E ademais, dos que opinaban MB e B, o 28,3% eran votantes do PP. Estes datos debe coñecelos o goberno e non parece, polo tanto, que esa razón esgrimida sexa realmente a causa desta acción única contra o idioma propio. A razón da obsesión enfermiza contra o galego máis ben habería que atopala nun ensaio con vistas a unha política no estado que o leve a posicións sobre as linguas aparentemente superadas na época democrática. É dicir, Galicia como campo de probas, sen importar o noso futuro e o da nosa lingua.
Chama a atención que o PP renegue absolutamente das accións de goberno promovidas no seu día polo seu propio partido no goberno. A máis singular delas probablemente a constitúe a promoción dun grande acordo parlamentario que se deu no ano 2004 na forma dun Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado unanimemente no Parlamento de Galicia. O actual presidente era daquela nada máis e nada menos ca vicepresidente do goberno promotor.
Por outra parte, as xustificacións mediáticas do Conselleiro, nas que afirmou sen arrubiar que “o 60% dos centros imparte máis da metade en galego e a sociedade recházao” e que “o 20% mparte máis do 80% en galego” (segundo a inspección), non fan máis ca afondar na enorme alsificación da realidade que está no substrato desta desfeita.
A propósito disto, o goberno galego, nin falou con todos, nin negociou con ninguén, e atópase absolutamente en solitario contra o mundo, unicamente soportado por unha exigua maioría parlamentaria. Se cadra o dato máis relevante da maldade da proposta de decreto é que a propia Galicia Bilingüe indica que “vai na dirección correcta”.
Sobre o anteproxecto presentado
A primeira conclusión que se tira da lectura da proposta é que, xustificándose nas propias leis que protexen a lingua, desenvolve groseiramente un articulado contrario ao espírito e á letra das mesmas. A segunda é que introduce elementos novos e de fondo calado na situación actual e no uturo do idioma no tocante ao sistema educativo. A terceira, que parte de criterios arbitrarios e alleos á educación. A cuarta conclusión atinxe á sorprendente ausencia de criterios pedagóxicos e mesmo sociolingüísticos no seu baseamento.
O establecemento por primeira vez dun tope para o uso do galego, sendo como é a lingua minorizada e necesitada de protección, constitúe un punto de inflexión moi negativo para a normalización da lingua. Cómpre lembrar que o galego, como lingua propia de Galicia e como variedade recesiva debe ser o idioma primeiro e principal do currículo, o centro de gravidade do sistema, tal e como reiteradamente recollen as leis, as sentenzas e a propia pedagoxía.
A proposta normativa non establece criterios nin procesos para a educación infantil e asegura, de facto, a perda do galego, especialmente no ámbito urbano, tratándose esta dunha etapa fundamental para a adquisición lingüística.
A falta de regulación precisa das áreas en que a lingua galega sexa vehicular e a introdución dunha consulta vinculante para a determinación da lingua a utilizar (só o profesorado) por parte das familias, ignorando radicalmente os órganos de goberno dos centros escolares, introduciría nestes un moi alto grao de conflitividade que non existe na actualidade.
E alí onde a administración se decide a regular, aplica novamente unha orientación diglósica formulando a docencia (só a docencia) en galego coa exclusión das áreas de bitocientíficotecnolóxico, que reservaría para o castelán. Outórgalle ao ensino un papel de brigada complicidade cos prexuízos sobre a lingua no canto de contribuír á súa superación.
Historicamente foi o traballo individual e colectivo do profesorado o que veu mantendo e incrementando a presenza do idioma nos centros. Coa nova normativa, o profesorado quedaría situado de novo fóra de xogo, coma en tempos pretéritos que cremos superados, xa que se despreza todo o traballo desenvolvido nestes anos. Mentres o PXNLG consideraba este aspecto n activo, unha fortaleza no camiño da normalización, esta proposta convérteo nunha carga, nun pasivo que habería que desactivar.
Como corolario desta situación, a liberdade proclamada para o alumnado, que pode usar a lingua da súa preferencia, deixa exclusivamente nas mans do profesorado, non do conxunto do sistema, a misión imposible de procurar a adquisición de competencias naquela lingua que, a xuízo dos estudantes, é prescindible. Pero é que a administración debe amparar o profesorado no cumprimento dos obxectivos que marca a lei para a adquisición das competencias, facilitando un traballo serio neste ámbito.
O anteproxecto no seu contexto
Se a proposta normativa que se pretende converter en decreto para o ensino encerra as medidas máis regresivas para a normalización do galego neste eido, o contexto gobernamental no que se insire non é menos preocupante. Así, nos últimos tempos podemos asistir, día si e día tamén, a auténticas provocacións contra o idioma. Dende as deturpacións toponímicas do conselleiro de Cultura (“Desván de los Monjes”), pasando pola ousadía sen límites do presidente Feijoo citando nin máis nin menos que a Castelao traducido ao castelán e nada máis e nada menos ca no Parlamento de Galicia, ou polas intolerables declaracións públicas do SXPL A. Lorenzo (“No se puede legislar a favor del gallego en la enseñanza”), ata as adoitadas arroutadas do Valedor do pobo, configuran, como dicimos, un contexto nada prometedor para o idioma.
A única solución factible para intentar amañar no que se poida este despropósito pasa pola retirada desta proposta de decreto e por retomar o consenso lingüístico no ámbito parlamentario, partindo do punto de encontro do 2004, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
E se cadra, por algunha dimisión que permita poñer á fronte deste proceso persoas que teñan a dignidade suficiente para levalo a cabo.
Imposición.2
Por se alguén aínda o dubidaba, este que se ve aquí foi o ambiente que se disfrutou no Xuventude Gaicia.net.Trátase dun capítulo máis na imposición do español (sempre do español).
E como a restrición de liberdades, nunca pode restrinxirse a un ámbito, ten que se estender necesariamente a todos os aspectos da vida pública, aos participantes que tiñan chapas e bandeiras de Quermos Galego recomendáronlle:
"Retirad la bandera que va a venir el presidente y va a haber prensa"
Propaganda contra o galego
Desde esta bitácora xa comentamos máis dunha vez a espiral de propaganda na que está (necesariamente) inmersa a farramallada do decreto contra o galego. Non podía ser doutro xeito, pois o que se pretende é un ataque á nosa lingua, e sen propaganda intoxicadora é imposible un éxito neste plan xa que, aínda que a diminución do uso nos últimos anos é escadalosa, tamén e certo que a valoración do galego, paradoxalmente, foi incrementándose paulatinamente.Pois agora a Xunta vai gastar un millón de euros en publicitar o decreto chamado de plurilingüismo. Non se trata de avanzar na normalización, senón de facer propaganda facendo ver como positivo o ataque á nosa lingua. Para isto sí que hai cartos, pero para os equipos de normalización dos centros de ensino, ou para as políticas normalizadoras, non.
o obxectivo da acción propagandística será “dar a coñecer á poboación galega os novos valores do plurilingüismo nas aulas”, isto é, as caracterísicas do decreto que impulsa Educación e que mañá chegará ao Consello Escolar de Galicia no medio dunha intensa controversia educativa.
Se o contrato de propaganda se establece a partir do mes de xuño, co novo IVE, ascenderá a un total de o importe final ascenderá a, cando menos, a 966.420 euros. Lembremos que a esta cantidade debemos sumarlle os 3000,000 € que custou o desenvolvemento da suposta enquisa realizada no pasado mes de xuño.
Foto: Goebbels.
Razón da foto: motivos obvios.
200 enmendas contra o decreto
A Plataforma cidadá Queremos Galego convoca de urxencia unha concentración contra o decretazo lingüicida no ensino para este mércores 7 de abril ás 16.15, Rúa San Roque, 2, en Santiago de Compostela, coincidindo coa sesión do Consello Escolar de Galiza na que se debaterá o proxecto do mal chamado decreto de plurilingüismo no ensino non universitario, o decretazo que acaba co uso normal da nosa lingua propia nas aulas. O paso do proxecto de decretazo polo máximo organismo representativo da comunidade educativa galega é un trámite preceptivo antes da súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta e publicación no DOG, como tamén acontece no caso da Mesa Sectorial e do Consello Consultivo.Segundo explicaron os portavoces de diferentes organizacións con representación no Consello, os membros de devandita entidade presentaron máis de 200 emendas ao borrador de decreto, entre as que se atopan varias "á totalidade" por diversas organizacións -entre elas os sindicatos e ANPAs públicas-.
En total, FETE-UXT presentou 26 emendas ao texto.
A CIG-Ensino presentou máis de 60 emendas.
CCOO vai con 25.
A Confapa (Confederación de ANPAS de centros públicos) presenta 48.
a Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado de CECE-GALICIA presentou 6 emendas sobre aspectos de carácter técnico.
luns, 5 de abril de 2010
Novas tecnoloxía contra o galego
A secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, denuncia a 'exclusión' do galego na páxina web interna de Xuventude Galicia.Net, así como nos anuncios das pantallas e os avisos da organización, que unicamente se fixeron en castelán
Etiquetas:
TIC
Non hai vontade política de que o galego ocupe o lugar que lle corresponde
Entrevista a Antonio García Teijeiro, meste e especialista en literatura infantil e xuvenil, en Galicia Hoxe. Deixamos aquí só un anaco da entrevista.
Antonio García Teijeiro naceu en Vigo no ano 1952. Exerce como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO nun Colexio desta cidade. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas dos xornais e revistas máis prestixiosos de Galicia así como en diversos proxectos literarios con carácter reivindicativo.
Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, conferencias, e ten participado en xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións. Durante oito anos dirixiu unha prestixiosa colección literaria para mozos, é autor de libros de texto e foi membro do xurado en importantes Premios literarios para rapaces
Antonio, se mal non recordo no novo Decreto de Normalización Lingüística, hai unha proposta que a min me parece aberrante, é que infantil e primaria se impartan en castelán, deixando o galego fóra, pois son idades onde se fornece a cerna do galego; aquí xa se ve mala intención e se apuras eu diría que é un xeito perverso de manter a diglosia, o autoodio, etc. Cal é a reflexión que podes e queres ti facer, tanto do que che digo coma do estado da lingua galega en xeral?
En todo este Decreto hai unha falta evidente de respecto ao galego. Non hai vontade política de que o galego ocupe o lugar que lle corresponde na sociedade. É un ataque ao sentido común. Pódoche asegurar que nunca houbo conflito lingüístico nas aulas. Todo isto procede de grupos que queren facerse notar, que teñen intereses ideolóxicos ruíns e crean conflitos que non existen. Non se pode falar de nada ao cincuenta por cento cando hai unha lingua, o castelán, que ten unha supremacía evidente. Habería que facer unha inmersión lingüística real para que, co tempo, se chegue a ese bilingüismo do que falan. Hoxe en día, como tal, non se pode falar de procentaxes equitativas. Con este Decreto, o galego vai continuar en descenso. A súa presenza na escola faise imprescindible. Hai que reforzala; nunca, debilitala. Sinto unha impotencia enorme diante de todo isto. E as consultas aos pais… unha cousa de tolos! Para un docente que ame a nosa lingua este decreto, ademais de inxusto, provócalle unha sensación de ataque aos seus principios. Intolerable

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)