A principios de mes a plataforma Queremos Galego invitábanos a todos a facer un camiño pola lingua en catro etapas nos domingos de outubro. Nesta fin de semana tócalle o turno á etapa correspondente ás terras nas que vivo e traballo, así que non podía deixar de poñer por aquí o anuncio desta xornada. Grazas ao Concello da Estrada e á coordinadora local de Queremos Galego, termos autobús gratuito. A animarse, que 25 quilómetros non son nada.
Para anotarse: 986 570030 ou na dirección de correo: aestrada@queremosgalego.org
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
mércores, 20 de outubro de 2010
martes, 19 de outubro de 2010
A prohibición de dar as aulas en galego
O venres pasado tocoume presentar na sala de Exposicións Caixanova da Estrada a Alba Nogueira e Héctor López de Castro, dous dos autores do libro "Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo", editado por Laiovento. O acto foi organizado pola plataforma "Queremos galego!". Aproveito para vos invitar a ler o libro, que a pesar de ter unha temática árida, de ámbito lexislativo, os autores fixeron un esforzo por facer artigos con espíritu didáctico para facelo comprensible por todos.
Cibrán Arxibai, a prohibición de dar aulas en galego from A.C. Vagalumes on Vimeo.
Héctor López de Castro, avogado laboralista e membro do gabinete xurídico da CIG, fai un repaso do marco xurídico no que está inmerso o decreto de plurilingüismo, e fornécenos das razóns polas que éste entra contradicción con todas as leis dese marco. Durante a súa intervención lémbranos tamén como se desenvolveu a tramitación do decreto. Finalmente trata un dos aspectos máis conflictivos do decreto: que os pais determinen a lingua da aula mediante unha consulta.
Hector López de Castro, a prohibición de dar aulas en galego from A.C. Vagalumes on Vimeo.
Alba Nogueira, profesora de dereito adminsitrativo na USC, destripará o decreto de plurilingüismo e debulla os argumentos que os distintos autores foron achegando ao libro que se presentaba. Na súa intervención destaca as catro principais discrepancias entre o decreto de plurilingüismo e as normas de nível superior: primeiro, atenta contra a progresividade da implantación do proceso de normalización lingüística, segundo, implanta a exclusión dunha parte co currículo escolar, o uso do galego como lingua vehicular, en terceiro lugar, en infantil os nenos deben ser escolarizados na súa lingua materna e en cuarto lugar, incumple os compromisos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM).
Alba Nogueira: A prohibición de dar aulas na nosa lingua from A.C. Vagalumes on Vimeo.
Para ver máis achegas sobre o libro, pódense consultar os vídeos de Luís Villares no blogue da CENDL de Redondela, ou ben os da presentación de Lalín, do blogue de "Profes co galego": "Dar as aulas en galego: un compromiso social e legal"

luns, 18 de outubro de 2010
Hai que seguir!
Eu teño unha especial debilidade por Avelino Pousa Antelo. Por iso, hoxe, xusto un ano despois da manifestación de Queremos Galego véñenme á cabeza as súas palabras nunha Quintana ateigada, chea e volta a encher.
"Que temblen os arrecastados, que temblen os que se negan a sí mesmos, que temblen eses que pensan que poden dispoñer da liberdade e da dignidade dos galegos, que é algo sagrado. Eu citaría unha frase de Castelao no seu primeiro discurso nas Cortes Constituíntes. Foi o 18 de setembro de 1931 :se os galegos aínda somos galegos, é por obra e gracia da nosa lingua, e temos que defendenla.... A miña consgina é a que foi toda a miña vida: hai que seguir!"
E Avelino, coa frente erguida, cumpre coa súa promesa. Estou seguro de que sería quen de acarrexar el só ata as portas do Parlamento as 30.000 sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular promovida por Queremos Galego. Pois se Avelino, con 96 anos nas súas costas, está aí, no frente, non se pode comentar outra cousa: hai que seguir!
Máis información sobre a entrega de sinturas: Queremos Galego.

“O Goberno non para os ataques contra nós e parte del apoia a quen nolos fai”
Entrevista a Nel Vidal, presidente da CTNL, no Xornal:
Nel Vidal preside a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), un colectivo que agrupa preto de 250 asociados que procuran, nas administracións ou no ensino, facer normal o uso dunha lingua en desvantaxe. O pasado mércores emitiron un duro comunicado contra a Xunta no que pedían “respecto” ao seu labor.
Por que decidiron facer este comunicado crítico coa Xunta?
O comunicado non responde a ningún feito concreto, senón a unha situación que vimos sufrindo e contemplando nos últimos dous anos. Temos máis dificultades para traballar, para sacar proxectos adiante, ademais de sufrir ataques directos ao noso labor. Desde logo, influíron os ataques directos, con nomes e apelidos, que sufriron algúns técnicos de normalización nas últimas semanas, casos moi graves que non son, no entanto, os que nos levaron a emitir este comunicado. Hai unha situación de tensión social desde hai tempo.
Refírese, evidentemente, aos ataques de Galicia Bilingüe. Sentíronse pouco apoiados pola Xunta de Galicia?
Non é que a contestación da Xunta fora frouxa ou non existira, senón que boa parte do Goberno apoia esa asociación e manifestouse conxuntamente con ela por Compostela, como por exemplo o conselleiro da Presidencia. Non é que non paren esa asociación, senón que está directamente apoiada por parte do Goberno e do PP.
Cre que certos ataques e actitudes están a ser lexitimadas pola nova política lingüística do Goberno?
Totalmente. Desde a Xunta impulsáronse por primeira vez medidas de retroceso na normalización, como a supresión da proba de galego na Función Pública ou a prohibición de materias en galego. Estas son actuacións concretas, pero son moito máis graves todos os prexuízos que se están a lanzar.
Como cales?
O Goberno chegou a dicir que o galego era unha traba para entrar na Administración, é dicir, que o galego non era útil para os galegos e que había que apartalo. E lembremos as famosas frases de “hai que quitar a ideoloxía do ensino” en referencia ao idioma propio de Galicia.
Fan vostedes un labor a prol dunha lingua que a Xunta non apoia?
O Goberno ten a obriga legal de protexer e impulsar a lingua e nós, como técnicos de normalización, non lle impuxemos esa obriga á Administración nin lle marcamos os obxectivos. Nós somos traballadores públicos que temos a obriga de planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua para chegar a uns obxectivos fixados en leis e plans aos que se chegou por un consenso político. A nós, todo nos vén dado desde o nivel político e agora o PP racha cos consensos unilateralmente, pero que o faga o PP ou a Xunta non pode derivar en que nós deixemos de cumprir a lei ou de intentar chegar aos obxectivos. É como se un técnico de Igualdade non traballase a prol da igualdade de xénero porque o presidente do Goberno é machista ou porque hai colectivos extremistas a prol do machismo. Nós temos que seguir traballando.
Vese o futuro laboral dos técnicos de normalización máis negro con este Goberno na Xunta?
O noso obxectivo é desaparecer, que non fagamos falta. Nós traballamos para que neste país non fagan falta técnicos de normalización, pero desde o Goberno trabállase para que cada día fagamos máis falta. Quérennos apartar, pero están conseguindo que cada vez fagamos máis falta.
Hai quen os acusa de que o seu traballo non ten moita utilidade...
O noso traballo, claro está, non ten uns resultados palpables ou visibles e pode que haxa xente que non nos crea necesarios, pero iso pasa coa maioría de áreas da Administración. Pasa coas áreas de Patrimonio, de Igualdade, de Medio Ambiente, de Cultura... O traballo de normalización lingüística é un labor máis na igualdade e na xustiza social, polo que é fundamental. Hai persoas que se senten discriminadas nun hospital ou nunha notaría porque non lle entenden o galego ou son tratadas de xeito diferente. Nós, entre moitas outras cousas, traballamos para evitar estas situacións de desigualdade.
Que opinión lle merece a nova Rede de Dinamización Lingüística?
Temos que analizala máis polo miúdo, pero hai cousas que deberían ser corrixidas. Estar na Rede non significa nada e tampouco se lles esixe nada aos concellos que entran, nin un mínimo compromiso. Poñendo outro exemplo, é como se un concello que entra nunha asociación pola accesibilidade non ten adaptada a súa sede para os minusválidos. O mínimo é dar exemplo.

Porque si, porque me gusta
por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización, no Galicia Hoxe:
O subtítulo do artigo desta semana adóptoo e adáptoo do libro de Ferran Suay e Gemma Sanginés do que falamos nas últimas segundas feiras nesta páxina de Galicia Hoxe e que aínda centrará a nosa atención algunhas máis. Como é de agardar, as que se presentan a continuación son algunhas propostas que cada persoa pode adaptar e modificar ao seu xeito e ás súas circunstancias. De feito, este é vocacionalmente un texto aberto, un punto para o diálogo, para compartirmos estratexias.
Os consellos que aquí se achegan son para pequenas situacións da vida diaria. No entanto, non subestimemos a importancia das mesmas: moitas veces, as pequenas mudanzas e os pequenos xestos orixinan grandes transformacións.
Lembrémolo: Se renunciarmos ao galego, por inhibicións e medos aprendidos, o noso milenario idioma non se manterá. Ou como o faría se non?
Galego: Cando, como e con quen?
Cando vou a un instituto impartir unha conferencia, é moi frecuente que no coloquio posterior saia unha pregunta, formulada con diferentes matices: "Ti falas galego sempre? Con todo o mundo? Tamén con alguén que acaba de chegar?" De verdade: é unha cuestión que ten unha frecuencia inusitada. No fondo, deixa ao descuberto un prexuízo co que se pretende xustificar a non utilización da lingua de Galiza: "Non a falo porque ao mellor hai xente que non me entende".
Se pomos tal preconcepto en observación, decatarémonos de canto ten de absurdo e irracional. De verdade o máis frecuente en calquera lugar de Galiza é que haxa xente que non entenda o galego? E como sabemos ademais se entenden ou non se non se lles fala este idioma?
Non podemos deixarnos levar tampouco polo prexuízo de non lles falar en galego ás persoas descoñecidas que "non teñen pinta de ser de aquí".
A cor da pel, o cabelo, a morfoloxía dos ollos... nada teñen a ver coa lingua que se fala. Que llelo pregunten se non aos magrebís da Baña, aos negros de Burela, ás crianzas de trazos asiáticos de tantos lugares de Galiza que teñen unha soltura perfecta no idioma de Rosalía e Castelao.
A forma de vestirse, de comportarse e mesmo a lingua que se utilice tampouco son indicativos fiábeis de que se entenda ou non un idioma. Ou é que non podes ir de traxe e falar (ou entender) o galego?
E non é certo que a inmensísima maioría dos usuarios do español en Galiza entende porén o idioma propio, e mesmo boa parte é capaz de usalo?
A primeira proposta é, pois, en Galiza, falar galego sempre (e tamén no conxunto dos territorios do sistema lingüístico galego-portugués, como é evidente). O idioma que non se fala é o idioma que morre.
Nas palabras de Suay e Sanginés: "Os especialistas en comunicación costuman dicir que, en xeral, convén considerar que a persoa coa que falamos é aproximadamente igual de intelixente ca nós e está igual de capacitada ca nós para expresar con claridade o que quere ou o que non quere. Isto é, que sempre que iniciemos unha interacción con alguén, podemos supor que se: a) non nos entende, b) non lle gusta como lle falamos, ou c) se sentiu incómodo, será perfectamente capaz de nolo facer saber, sen necesidade de nós o adiviñarmos". Isto é: se alguén non nos entende falándolle en galego, xa nolo fará saber e, segundo as circunstancias, xa actuaremos segundo conviñer, mesmo talvez falándolle no idioma no que mellor nos puidermos comunicar (o cal, por certo, pode ser o español ou pode non selo).
Por que falas en galego?
Hai moitos contextos nos que nos poden asaltar con esta pregunta. As persoas que pasan de falar castelán a, polos motivos que for, falar galego, adoitan ser interrogadas con máis insistencia por esta mudanza. Isto non costuma acontecer no caso contrario: para quen pasa do galego para o español. Tamén son propicios para esta cuestión os espazos, contextos ou ámbitos onde o uso da lingua de Galiza está especialmente precarizado. Ademais, claro está, poden chegarnos con ese mantra as persoas que manteñen unha postura agresiva contra o uso normal do idioma do país.
Nese sentido, non debemos dar pé nunca a que se debata se temos dereito ou non a falar en galego. É un dereito, podemos exercelo e non temos que permitir que se nos cuestione. Así, o primeiro obxectivo é desmontar a intromisión vinculada coa pregunta e responder con razóns puramente subxectivas, que non dean pé a unha discusión. Por exemplo, parafraseando o coñecido verso de Celso Emilio Ferreiro: "Falo galego porque me gusta". Ou "síntome máis cómoda/o falando así" ou "fáloo porque me interesa".
Non pagan a pena respostas ideolóxicas, porque son terreo aboado para que se estabeleza unha confrontación que non vén ao caso. Tampouco teñen lugar as xustificacións, pois iso sería lexitimar o dereito da outra persoa a preguntar por que falas en galego. É mellor sempre unha resposta estándar do tipo antes indicado.
Como responder os ataques?
Se alguén, no día a día, mantén connosco unha actitude agresiva porque falamos en galego, o preferíbel é non entrar nunca nese xogo. No caso de devolvermos a mesma agresividade, a discusión seguramente se acenderá e dará lugar a unha situación da que non sacaremos nada en limpo, a non ser contribuír para queimarnos. Con quen ten actitudes agresivas, non hai nada para gañar e sempre moito para perder. Mellor mantermos un talante neutro e calmado, pasando do posíbel conflito. Evidentemente, se tal trato o recibimos nunha empresa ou nunha administración, cómpre que esixamos que se nos atenda coa corrección debida con independencia da lingua que utilicemos. Ademais, neses casos non debemos deixar de presentar a correspondente queixa (na correspondente entidade e na Liña do Galego que xestiona A Mesa: 902 10 64 74 ou no correo-e linhadogalego@amesanl.org).
Para a semana continuarei con outras propostas de acción para momentos do día a día nos que nos dificultan usarmos o noso idioma.

domingo, 17 de outubro de 2010
Madrid exporta a Baleares a política lingüística galega
Editorial do Xornal:
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, xa ten quen o tome por exemplo a seguir. É nas Illas Baleares, onde o Partido Popular que lidera José Ramón Bauzá estase afanando en sumar un deputado máis aos seus actuais 28 e lograr así a maioría absoluta coa que desbancar o executivo socialista balear. Para iso, atopou na campaña electoral sobre a lingua que fixeron os populares galegos antes dos comicios do 1 de marzo o modelo a seguir. As mensaxes que alertan dunha suposta “imposición” por parte do catalán a respecto do castelán nas illas afloran nos seus discursos, algo que en Galicia xa se puido ver –e, de feito, séguese a comprobar– nas actuacións e comparecencias dos membros da Xunta e o PPdeG.
E é que a situación das Baleares aseméllase bastante á que se deu na Galicia anterior ao 1-M. Teñen actualmente un presidente socialista –Fransc Antich–, apoiado por grupos políticos de corte nacionalista, o que, trasladado a terras galegas aseméllase ao Executivo encabezado por Touriño e apoiado polo BNG. En ámbolos dous casos o PP tamén se atopaba ante o reto de acadar un pequeno pulo máis no seu electorado de cara a lograr facerse coa maioría e, por tanto, converterse na cabeza do Goberno. E, en ámbolos dous casos, semella que a política lingüística se converteu nun bo modo de acadalo.
Deste xeito, nas aparicións públicas de Bauzá aparecen frases e mensaxes que lles poden soar moi coñecidos aos galegos. “Permitiremos empregar a lingua con total normalidade”, “derrogaremos o decreto de mínimos”, “garantiremos a liberdade de elección dos pais da lingua vehicular na educación e a incorporación dunha terceira lingua as aulas”, sinalan Bauzá e os seus compañeiros de partido. E todo isto, por mor do que consideran unha “imposición” da lingua catalá sobre a castelá.
Se non se dixese o nome da persoa que pronuncia estas mensaxes, moitos pensarían que proceden dalgún político da Xunta ou do PPdeG, porque son precisamente estes anuncios, promesas e alertas as que se utilizaron de xeito electoral –e agora lexislativo– de cara a facerse con máis apoio do electorado.
Dáse, ademais, a circunstancia de que o Partido Popular das Balears foi precisamente o que elaborou o decreto lingüístico que agora quere derrogar, nunha mostra máis de que o seu xiro cara as posicións defendidas en Galicia son as elixidas para dar un golpe de efecto electoral.
E por iso mesmo é que as sospeitas dunha estratexia trazada dende a rúa Génova se fan máis evidentes, á vista de que o argumentario é máis que semellante, idéntico. Despois de que a aposta con Feijóo resultase efectiva para facerse co goberno, dende o PP estatal poden estar a querer repetir a xogada nas Baleares.
O discurso da imposición da lingua, coa súa exitosa aplicación en probas nos comicios autonómicos galegos semella unha nova estratexia marcada dende Madrid polos conservadores e con vista á súa aplicación en ámbitos territoriais onde o bilingüismo se manexa como opción normal. Ou o que é o mesmo, Génova parece ter descuberto o valioso laboratorio de probas que constitúe Galicia.

A ofensiva suma e segue
por Silvana Castro García, en Terra e Tempo:
Sacar de novo o tema dos topónimos á rúa para crear confrontación veciñal co tema da lingua debería darlles vergoña
O próximo 18 de outubro cúmprese un ano desde que o pobo galego manifestou unanimemente o seu rexeitamento ás políticas galegófobas do actual goberno de Núñez Feixóo. Aquel 18 de outubro toda Galiza clamou ao unísono que quería galego e as autoridades competentes que falan de imposición do galego seguen a facer oídos xordos á multitude de persoas que piden respecto e protección para o noso ben máis prezado e diferenciador.
Un ano despois, non só nos atopamos cun Decreto nas escolas que proíbe ao profesorado de certas materias dar as aulas en galego, senón que a ofensiva suma e segue, agora xa descaradamente sen ningún tipo de pudor nin vergoña.
Acabo de ver con estupefacción circulando polas redes sociais a copia dun fax enviado pola Xefa do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra, Marina Piñeiro Novo, a varios concellos pontevedreses. Nel, esíxeselles aos respectivos alcaldes que para solicitar prórroga da execución das obras incluídas no Plano Provincial de Cooperación de 2009 deben cumprir os seguintes requisitos fundamentais, e cito textualmente:
" 1) La solicitud tiene que venir redactada en castellano.
2) Con expresión de la duración de la prórroga que se pide (día, mes y año).
3) Alegación de los motivos que impiden la terminación de las obras dentro del plazo de ejecución establecido con carácter general y adjuntando a la solicitud la justificación documental de los mismos, es decir: informe del técnico director de obra.
Recordatorio a tener muy presente dada la estricta rigidez de las normas reguladoras de los mismos, conllevan en caso de incumplimiento la pérdida de la subvención correspondiente."
Semella impensábel que rematando 2010 haxa que aguantar estas imposicións, que a nosa lingua siga a ser perseguida desde as institucións que están obrigadas por lei a promovela, e que se nos impoña a obxección do galego aos que o tentamos empregar normalizadamente.
Por se for pouco, cunhas eleccións municipais no horizonte, en plena precampaña, o Partido Popular da Coruña, con Carlos Negreira á cabeza, volve sacar a debate o polémico tema do "L" coruñés, apoiado desde o Goberno da Xunta, e máis concretamente polo Conselleiro de Educación, quen afirmou sen escrúpulo que é ao pobo a quen lle compete a escolla da lingua dos topónimos. Ademais, o Presidente da Xunta sae ao campo nesta sucia batalla asegurando que o Parlamento valorará a modificación da Lei de Normalización Lingüística, que indica que a única forma válida dos topónimos é a galega. Tentan, pois, mudar a lei para acabar, de facto, coa cooficialidade do galego na Galiza.
De novo vemos como é o PP quen emprega a nosa lingua como arma electoral e como a súa provocación chega a límites insospeitados, espallando prexuízos perversos que fan moito mal.
Sacar de novo o tema dos topónimos á rúa para crear confrontación veciñal co tema da lingua debería darlles vergoña. Se estes son os seus argumentos para gañar unhas eleccións, demostrémoslles quen son os impos(i)tores.
Contra todas estas agresións, e para pedir unha garantía dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes, a Plataforma Queremos Galego!, coincidindo co aniversario da manifestación do 18 de outubro, presentará formalmente nos vindeiros días os pregos cos miles de sinaturas recollidas durante os últimos meses para unha Iniciativa Lexislativa Popular que, malia non poder ser defendida directamente no Parlamento polos membros da Plataforma, porque non foi aceptada a trámite, será defendida igualmente por un membro do Bloque Nacionalista Galego, integrante na Plataforma desde a súa constitución. Deste xeito, escoitarase o argumentario da Plataforma na casa común dos galegos e das galegas, que ten que ser o Parlamento, e daráselle a voz a miles de persoas que aínda seguen defendendo o que é un dereito e non un favor: o emprego da nosa lingua no seu territorio.
Todo este labor inxente que se desenvolveu por toda Galiza o último ano e medio, e que incluíu, ademais das manifestacións históricas, a publicación de numerosos estudos e libros colectivos que analizan a situación sociolingüística actual e a recollida de miles de sinaturas par a ILP, fan que teñamos esperanza no futuro da nosa lingua, téndomos que continuar nesta liña e non decaer no noso empeño

Experimentos coa lingua
por Noela Rey Méndez, no Xornal:
Non se está a amosar excesivamente creativo o líder do PP balear Juan Ramón Bauzá. É máis, basicamente o que está a facer é copiar de maneira mimética o que lle funcionou a Alberto Núñez Feijóo para chegar á presidencia da Xunta. Que en Galicia se fala da imposición do galego, pois en Baleares alúdese á do catalán. Que os galegos propoñen que os pais elixan a lingua na que se educa os cativos, pois os insulares apúntanse á moda.
A Feijóo resultoulle a estratexia. Gañou os apoios dos militantes en Galicia Bilingüe e xuntounos ao seu grupo de votantes. Porén, Bauzá tampouco se debería de fiar moito deste suposto éxito. Pouco tempo despois de gañar as eleccións, o matrimonio de GB co PPdeG desfíxose porque a primeira considerouse enganada. Querían máis e o PPdeG non se atreveu a darllo. Aínda máis, o seu decreto do plurilingüismo, ao final, só lle gustou a Anxo Lorenzo e compaña, porque ao resto non lle resultou nada agradable. As manifestacións a prol do galego o demostran. Alerta, señor Bauzá.

sábado, 16 de outubro de 2010
A lección de Dona Pepita, a mestra de Friol
A mensaxe con máis entradas deste blogue é "o bilingüismo ou a imposición do español" no que está o documental recuperado por Terras de Friol no que se relata unha xornada dos escolares dese concello a finais dos anos 70. Estrañaríame moito que alguén que estivese lendo estas liñas non teña visto xa o documental ao que fago referencia, pero no caso de que así fose, pediríalle, antes de continuar a lectura que o mirase, e que se fixara especialmente na mestra que aparece no minuto 2:30. Trátase de Dona Pepita, que quixo apararecer no vídeo ensinándolles aos nenos a aldea e o concello no que viven, para que cando se viran na televisión se sentiran orgullosos deles e da súa terra.
O documental deixanos un pouso de tristura, de desesperanza, en definitiva, de desconfianza en nós mesmos porque é, en boa medida, un retrato do auto-odio. Realmente é isto todo o que hai de nós, dos galegos? Que foi deses rapaces que aparecen no vídeo? A resposta está nun dos comentarios ao documental que podemos atopar no blogue de Terras de Friol:
Son unha rapaza de Friol. Que estaba no colexio nese tempo. Desa xente que andamos nos corenta.
O vídeo é excepcional. De acordo que a vida de todos e todas nós non era coma da nena e os seus irmáns. Pero si moi similar a todo o que dixeron o resto dos nenos e nenas que alí falan. Non todo era tristura. A pesar das dificultades, eramos e somos persoas felices.
Vivíamos no rural con moitas carencias, pero tamén con moitas cousas positivas.
Houbo algúns mestres e mestras nese cole que fixeron moito por nós. Especialmente que nos axudaron a crer en nós, a non ter que baixar a cabeza, a respectar e amar intensamente as nosas orixes, a nosa cultura e en especial a nosa lingua. Deso sabe moito Dona Pepita. A mestra que pregunta ao seu alumnado onde vive, a que se adica... As súas clases, xa dende moito antes do 79 xa eran en galego. Hai outros docentes dese tempo que o fixeron, pero ela destacou especialmente. Gracias Pepita.
Ao contrario do que lle pasa ao noso presidente da Xunta, algúns deses nenos e nenas do colexio público de Friol, andamos polo mundo adiante sen complexos, tendo como resorte fundamental de comunicación a nosa lingua nai. Pero tamén falamos castelán e falamos inglés... E para nós a nosa lingua materna sigue sendo o galego.
Outras mulleres e homes defenden a súa vida continuando no concello. Viven aquí e comunícanse en galego pero ningún "foráneo" que non entenda o galego se vai de aquí sen que se lle expliquen as cousas como precisa.
Os nenos e as nenas desa xeración somos os adultos de hoxe. Algúns de nós, vivindo xa lonxe de Friol, vivindo polo resto do país galego, seguimos falando na lingua que nos criou e sentíndonos orgullosos das nosas orixes... que nos acompañan percorrendo outros mundos
Está claro que Dona Pepita foi unha magnífica mestra pois a través dos seus alumnos, aínda hoxe continúa a impartirnos as súas leccións. O menos que debemos facer todos, aínda que non a coñecéramos de primeira man, é dalle as grazas por ser o xérmolo do orgullo do propio nun tempo e nunha terra no que as circunstancias non lle eran propicias para ese labor. De certo que ela non sabía naquel momento que despois de 30 anos estaría a ensinarnos o camiño a seguir pois, por exemplo, a min hoxe aclaroume que se eu, como profesor aspiro a algo, é a ser como Dona Pepita.

venres, 15 de outubro de 2010
‘Galician language’
por Carme Adán, deputada do BNG, no Xornal:
Nun país atlántico, do cal o nome poucos lembran, sucedeu hai ben pouco a maior transformación económica que a historia poida escribir. Cando o seu mediático presidente tiña un incremento do paro por riba dos seus veciños peninsulares, o leite o regalaban nas explotacións gandeiras, as centrais térmicas a piques de pechar polo decreto do carbón, astaleiros senlleiros con carga de traballo sen poder conseguir os avais para mantelos, as empresas referencia no téxtil con graves problemas e un sen fin de pequenos comercios pechando en cidades e vilas, decatouse da solución.
Logo dunha apresurada meditación de plató de televisión, o presidente comprendeu que a raíz do problema residía na resistencia da lingua local a desaparecer. Todos os sectores produtivos mudarían de súpeto con só falar inglés. Ben sabía o presidente que nos países anglosaxóns non existía crise e o seu modélico sistema de vida debíase á mellora cerebral que a fonética producía.
Con axilidade inusual decretou eliminar pouco a pouco a lingua local sen que se notara demasiado. “Múdese o sistema educativo para que só se fale inglés” decretou ao pouco. Comentáronlle que non era posíbel, xa que, se reduciran o número de profesores/as, o número de alumnado nas aulas incrementárase e as escolas de idiomas estaban sufrindo un grave ataque institucional en nome da austeridade selectiva.
“O mesmo ten”. Fágase unha boa campaña de marketing e logo a visita do Papa xa proverá. Contan que logo aqueles habitantes perderon a capacidade da fala e pouco despois, sen oikos que coidar, deixaron de existir.
Lectoras e lectores de Xornal de Galicia permítanme esta fabulación de preámbulo nun momento no que asistimos á construción dun ideoloxema que desde moitos espazos se repite e agranda. Os responsábeis de educación, co presidente a cabeza, queren asentar a idea de que temos que elixir entre a lingua inglesa ou a galega. E non deixa de sorprender que a venda desta proposta teña tantos ansiosos compradores. Eu acredito na importancia dun bo dominio das linguas estranxeiras, mais sen o coste de renunciar á propia e non só para o alumnado elixido.
Unha competencia axeitada nas linguas estranxeiras é efectivamente unha inversión de futuro, o mesmo que unha boa competencia en matemáticas, historia ou ciencias naturais. O que está en xogo no sistema educativo actual é ser quen de formar uns cidadáns que rodeados dunha cantidade inxente de información teñen dificultades serias para seleccionala ou entendela, uns cidadáns que saturados pola dialéctica dos valores son incapaces de exercer ningún. Desviar a atención cara etiquetas como centros plurilingües ou Abalar só serve para agochar os problemas dos comedores escolares, o transporte escolar ou a perda de moitos contidos importantes nos centros de ensino.
Lamentábel espectáculo dá o goberno deste país cando emprega fotos a toda cor con bolseiros/as para gabarse da mellora na aprendizaxe de inglés e elimina os desdobres nas aulas de idiomas nas escolas e institutos públicos. Iso si, no seu esforzo de parodia constátese ben que se encargou de enviarlle unha carta a cada un destes bolseiros, que farán funcións de auxiliares de conversa, para explicarlle que o contido do programa “versa sobre la enseñanza de la lengua inglesa a hablantes de español como lengua materna”. Para saber algo sobre esta terra, na que convivirán co alumnado durante nove meses, remíteos á Wikipedia. Ao introducir o termo Galiza, na pantalla só aparece: “pechado por derrubo”.

O Don
Tamén se podería chamar o Don Aurelio Marcelino Rey García.
Éste é o nome do CPI de Cuntis. Mais, cando traballei alí chamabámoslle o Don, para abreviar.
Eu fun o xefe do departamento de normalización do Don un polo menos un par de anos. Menos mal que daquela non había blogues!
Pídovos, de todo corazón, que premades na ligazón, e que lle amosedes o voso apoio a esta xente. A razón é que "na lingua de todos", o blogue do ENDL do centro, foi calumniado pola zunia reiteradamente e como (aínda) ningún responsable institucional saeu na súa defensa, na defensa da liberdade, cómpre que nós, os que somos verdadeiramente responsables e comprometidos coa normalización, lles mandemos unha aperta.
Porque teñen o don do amor polo galego.

xoves, 14 de outubro de 2010
A imposición do galego
Pepe Cabido, profesor de filosofía, explícase el só.
Quen me dera que a min se me ocurrira algo semellante para escribir neste blogue!

"La solicitud tiene que venir redactada en castellano"
Para mexar e non botar gota: a Deputación de Pontevedra, está a lles esixir aos concellos que lle envíen a documentación en castelán.
Cada vez a etiqueta de anormalización ten máis entradas.
PS: A Mesa acusa a Louzán de prohibir o galego

mércores, 13 de outubro de 2010
O día da ciencia en galego: Ramón María Aller
A CGENDL convida a todos os centros de ensino de Galicia a organizar unha actividade conxunta e de maneira coordinada entre os departamentos e os docentes das áreas científico-tecnolóxicas, xunto cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, dun mesmo ou varios centros escolares, co obxectivo de reinvindicar o ensino da ciencia en lingua galega. Trátase do día da ciencia en galego, a celebrar o vindeiro 4 de novembro. Nesta actividade colaborarán polo menos 15 entidades.
Os obxectivos desta xornada serán:
- Mostrar á sociedade a idoneidade do desenvolvemento das materias científico-tecnolóxicas en galego.
- Expresar publicamente que as linguas se aprenden usándoas en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.
- Expresar publicamente que todas AS LINGUAS son válidas para a expresión científica.
Unha das actividades propostas consiste na elaboración de carteis e exposicións diversas onde se poden incluir textos sobre Ramón Mª Aller, Alfonso X e Maxwell.
Para ir facendo unha primeira achega ao día da ciencia en galego, deixarei por aquí un vídeo que nos aproxima á figura de D. Ramón María Aller, o astrónomo de Lalín. O video é un anaco dun excelente documental que foi elaborado para a TVG. Forma parte da serie "Historias de Galicia", en concreto do capítulo titulado "As causas das cousas". Para disfrutar:

De Balbino e Rosa Parks a Mandela, pasando polos Peares
por Xosé María Lema Suárez, na Asociación Cultural Vagalumes:
A un ano de se cumpriren os 50 anos da publicación dunha das mellores e máis coñecidas novelas da Historia da Literatura galega, as Memorias dun neno labrego (Buenos Aires, 1961), de Xosé Neira Vilas, as disposicións agresivas e regresivas do goberno da Xunta de Galicia para co idioma galego fannos volver ós bretemosos anos corenta do primeiro franquismo, nos que se desenvolve a trama da obra.
“Eu son Balbino. Un rapaz da aldeia….”
“…Coma quen dis, un ninguén. E ademais, probe”. Desta forma tan rotunda empezaban as memorias do neno neiravilán, que logo, a forza de cavilar, non aceptaría ser un resignado conformista. Moitos dos nacidos na zona rural, e no franquismo, sentímonos identificados co Balbino e con moitas das súas angueiras, e poñiámonos da súa parte nas liortas que tiña co seu antagonista, Manolito, tamén do rural pero da clase fina. En troques, seu pai volvía polo neno do señor en vez de facelo polo propio.
Non era entendible este desleixamento paterno. Ou quizais si, pois o proxenitor do neno labrego non era nin é o único galego abaixadizo ante os poderosos: un de tantos que lle dá a razón a quen o despreza. Un caso claro de autoodio que aínda persiste hoxe cando xa o considerabamos desterrado. Para demostrar o enganados que estabamos aí está o “noso” Presidente de Galicia, que un día si e outro tamén intenta convencernos de que o verdadeiro problema dos galegos é que non sabemos inglés. Como solución a este trauma seica é imprescindible exterminar o galego a curto prazo, e para isto vai ordenar retirar milleiros de libros de matemáticas, física e química polo “delito” de estaren escritos na lingua dos parias deste país, o galego: non lle importa que 3,8 millóns de euros, segundo os editores, vaian ser tirados ó lixo. A crise tampouco lle impide gastar un millón de euros máis para facer propaganda do “seu” decreto do plurilingüismo. O “noso” Goberno vai dilapidar un total de cinco millóns de euros en “joder el gallego”. ¿Quen falou de crise?
Os Peares: unión natural fronte á división artificial
Aínda que teño para min que nunca leu as Memorias, o “noso” Presidente debe pensar que todos os galegos baixamos as orellas coma o pai de Balbino e renegamos do noso en favor do alleo. Seica el (o “noso” Presidente), tamén foi un neno do rural, dos Peares, lugariño dun cento de casas artificialmente partillado entre catro concellos, tres partidos xudiciais e dúas provincias: o paradigma da caótica división administrativa de Galicia. Pero Os Peares tamén son o símbolo da unión natural, como ben o entendera o teólogo Xosé Chao Rego cando organizara alí, o 16 de setembro de 1980, a III Romaxe de Crentes (e non crentes) galegos: a liturxia convidaba á irmandade dos pobos tomando como símbolo a unión das augas dos ríos galegos que se produce neste lugar tan sinalado da nosa xeografía, pois alí o río Miño recibe as do farturento Sil e do pequeno Búbal.
No canto da unión natural, o “noso” Presidente tomou da súa aldea como modelo de goberno a división artificial imposta desde os despachos madrileños, de aí que fomente a desunión, o enfrontamento, a segregación. Se alguén lle parece dura esta última palabra, que lembre que o primeiro intento do seu goberno fora separar nos colexios por aulas os nenos dun e doutro idioma. ¿Habería tamén autobuses distintos para uns e outros para evitar “a contaminación”? Nisto recuou, de momento, quizais porque, coa proximidade do Mundial de Fútbol de Suráfrica, igual se volvía falar moito daquel apartheid de mala prensa… Aínda que os nosos nenos seguirán indo xuntos (de momento) nos mesmos buses ó colexio, non teño claro que os Balbinos galegofalantes non lles teñan que ceder o asento ós Manolitos castelanfalantes. ¿Faría o “noso” Presidente outra das súas promesas electorais?
Os exemplos de Rosa Parks e de Mandela
Dun xeito ou doutro, o goberno do Sr. Presidente (deles) anuncia radicais medidas segregacionistas para o curso escolar que empeza en setembro deste ano, no que boa parte dos nenos de educación infantil se verán privados do seu idioma por mor dunhas enquisas enganosas e sen garantías. Tamén se ameaza con expedientes ós profesores/as das materias científicas que sigan dando as clases no idioma propio de Galicia, como se iso fose un delito execrable. A un esta medida tamén o leva á Suráfrica do século pasado, con aquelas sancións impostas polo goberno racista de Pretoria ós mestres e alumnos negros de Soweto por rexeitaren a imposición do afrikaans (un dos idiomas dos brancos) nas aulas.
Fronte ós novos aprendices do senador McCarthy terán que aparecer en Galicia moitas Rosa Parks, aquela costureira de cor (negra) de Alabama (USA) que se negara a cederlle o asento do bus a un rixoso home branco; coma ela teremos que negarnos a sufrir a humillación de desaloxar o asento da lingua galega do bus que nos vai levando desde hai máis de mil anos. Coma ela, os defensores do galego xa estamos fartos de ceder e ceder, de sermos estranxeiros na propia casa. ¡Rosas e Balbinos, Balbinos e Rosas: por nada do mundo deixedes o voso asento! ¡Agarrádevos a el con forza e que veña a noxenta garda pretoriana do Manolito dos Peares arrincarvos del para levarvos esposados –expedientados- por “querer imponer el gallego”! (dade por descontado de que volverán presentar os oprimidos coma opresores). Lembrade que a Historia non só a poden mudar os que mandan, senón tamén costureiras humildes coma Rosa Parks, pois sen a súa valente acción de 1955 quizais non se produciría o activo movemento polos dereitos civís dos anos sesenta nos EE.UU., co doutor Luther King á cabeza, nin habería hoxe un presidente de cor (negra) na Casa Branca. Grazas á firme resistencia de moitos Balbinos e Rosas, do rural e das cidades, chegará o día en que Galicia poida presumir dun presidente integrador como o foi Nelson Mandela na República de Suráfrica, coa suficiente categoría para gobernar para todos. Nestes momentos nin sequera temos un De Klerk: retrocedemos ós tempos bretemosos dun Botha, dun rancio Botha.

O “L” que non cesa
por Pablo González Mariñas, profesor da UDC, no Xornal:
Que alguén que, como os candidatos do PP e o PSdeG, aspira a ser ou continuar como alcalde da súa cidade priorice entre as súas pretensións e accións futuras mudarlle o nome a esta urbe, revitalizando legalmente a súa versión castelán e exhumando así motivos de inútil e ben soterrada disputa cidadán, non parece fácil de entender, como non sexa nun proceso de incomprensíbel tortura sicolóxica persoal; máxime se ambos e dous din querer ocuparse politicamente de “aquelo que de verdade preocupa á xente”, en calquera caso perigoso aforismo despótico-ilustrado.
Cómpre recoñecer que mellor sería que fose así, que se tratase dunha cuestión puramente persoal, pois se tal idea obedecese a razóns electorais, se cadra avaladas por algunha enquisa, a cousa sería moito peor, en canto mostra dunha asunción porcentual relevante de dita prioridade. A insulsa preferencia subxectiva estaríase a converter nun decepcionante factor obxectivo. Hai un adaxio latino que di que “o nome é un presaxio”, co que se quería expresar que o nome caracteriza a quen o leva. Reafirmar o nome castelán da cidade deixa ver ás claras o sentimento e vontade de quen o fai.
Porén o “ele” non é máis ca unha pequena parte do iceberg de desmemoria e de despersonalización galega. Abonda con repasar os nomes de rúas e prazas da Coruña para comprobar a persistencia deturpada de rótulos que falan de “La Grela”, “La Cubela” o “Las Jubias”, ademais de Rúa da “Barrera”, de “Caballeros”, de “Gallinero”, “Mellid” ou “Puerta de Aires”.
Disto laiábase hai xa noventa anos Antón Vilar Ponte, no xornal El Pueblo Gallego, con palabras que non por enfáticas deixan de expresar unha doorosa realidade: “Como escravos espirituais, que xa fixeron hábito da súa escravitude, seguimos a encher, sen a conseguinte reciprocidade, as placas rotuladoras das nosas rúas con nomes estraños, deixando os galegos no esquecemento. Non se quixo sustituir o nome de Juana de Vega por outro foráneo na Coruña, onde tamén se teima en denominar Joaquín Costa ao parque en construción que coronará a urbe? Non se perpetúan nas nosas rúas nomes de liberais heroicos doutras terras, mentres os de Quiroga e Acevedo se deixaron borrar? E cantos veleiros e barcos de cabotaxe, abanderados en portos galegos, levan nomes de personalidades do noso país?”.
Por desgraza, o “L” é moito máis ca un feito aillado, é todo un símbolo en canto expresa emblemáticamente “unha constancia de carácter e de repetición”.

Presentación do libro que demostra a ilegalidade do decreto de plurilingüismo na Estrada
O venres 15 preséntase na Estrada o libro “Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo”
Dous dos autores demostrarán a ilegalidade do decreto por contravir o ordenamento xurídico vixente.
O acto, organizado pola plataforma cidadá Queremos Galego! desenvolverase este venres día 15 na sala de exposicións de Caixanova da Estrada, a partir das 19:30 horas. Participarán Alba Nogueira, profesora de dereito administrativo na USC e Héctor López Castro, avogado laboralista, membro do gabinete xurídico da CIG, dous dos autores do libro editado por Laiovento, “Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo”.
Na presentación explicarán que o nomeado decreto atenta contra leis de rango superior, incluídas a Constitución, o Estatuto de Autonomía, a LOE (Lei Orgánica de Educación), a CELRM (Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias), a LNL (Lei de Normalización Lingüística), así como a xurisprudencia emanada do Tribunal Constitucional e do TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia). Alén disto establecerase como o decreto atenta contra o consenso social a respecto da normalización lingüística. En concreto as disposicións do decreto de plurilingüismo van na dirección contraria á establecida no marco de acordo que sobre política lingüística chegaron os partidos con representación parlamentaria cando estableceron o PXNL (Plan Xeral de Normalización Lingüística), razón ésta pola que todos os organismos institucionais do ámbito do ensino e da cultura se pronunciaron claramente en contra do decreto.

Circo da lingua
A Plataforma Queremos Galego da localidade de Soutomaior organiza o festival en defensa do galego O Circo da Lingua, para o sábado 16 de outubro neste concello da comarca pontevedresa.
Ante a despreocupación do Concello de Soutomaior por apoiar de calquera xeito esta iniciativa, O Circo da Lingua autofinánciase na súa totalidade mediante a venda de camisolas editadas especialmente para a ocasión, ao prezo de 10€.
No Circo da Lingua haberá actividades para todos os públicos a partir das 11.30 da mañá; haberá tamén unha zona de xantar comunitario, para o que hai que anotarse previamente (o prezo dos bonos é de 15€). O acceso ao recinto do festival e ás diferentes actividades si é completamente gratuíto.
Podedes consultar aquí o programa e mesmo apuntarte ao xantar.

martes, 12 de outubro de 2010
A saia da Carolina... en galego!
Tal e como indicaba Cris Moss no anterior post, acaba de formarse unha nova plataforma en defensa do galego e que o vindeiro día 21 de outubro de 2010 se concentre na alameda de Marín coa intención de cantar a nosa canción como debe ser, como lla queremos transmitir aos/ás nosos/as pequenos/as e ao mundo, en galego.
‘A Carolina’ a prol da lingua galega
por Cris Moss, no Xornal:
A música popular galega era, ata hai ben pouco, un dos terreos nos que as controversias lingüísticas semellaban vedadas. Durante toda a andaina autonómica, os sucesivos Gobernos galegos promoveron, con máis ou menos intensidade, a música do país en ámbitos diversos, entre eles, o do ensino .
Inmerso na vaga de polémica suscitada polo chamado decreto do plurilingüismo, saíu á luz hai semanas o libro de música dun colexio de Marín. Tal e como relatou Xornal de Galicia, nesa publicación para nenos de 12 anos, a nova normativa lingüística transformou ata o cancioneiro popular galego.
Despois de que, nese material didáctico, a popular “saia da Carolina” mutase en La Falda de Carolina, varias persoas da propia vila veñen de pór en marcha a Plataforma Cívica A Saia da Carolina en Galego, que optará por respostar á “ofensa” contra a lingua propia do país dun xeito lúdico: cantando.
“A tradución de temas populares ten funcionado a xeito de esconxuro ridiculista, como ironía e autodefensa contra quen pretende anormalizar o normal”, apuntan os impulsores da iniciativa. “Non nos roubarán a alegría”, advirte a plataforma, que xa ten cita para cantar A Carolina, o vindeiro día 21 en Marín.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)