Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 13 de outubro de 2010

O día da ciencia en galego: Ramón María Aller

A CGENDL convida a todos os centros de ensino de Galicia a organizar unha actividade conxunta e de maneira coordinada entre os departamentos e os docentes das áreas científico-tecnolóxicas, xunto cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, dun mesmo ou varios centros escolares, co obxectivo de reinvindicar o ensino da ciencia en lingua galega. Trátase do día da ciencia en galego, a celebrar o vindeiro 4 de novembro. Nesta actividade colaborarán polo menos 15 entidades.
Os obxectivos desta xornada serán:
- Mostrar á sociedade a idoneidade do desenvolvemento das materias científico-tecnolóxicas en galego.
- Expresar publicamente que as linguas se aprenden usándoas en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.
- Expresar publicamente que todas AS LINGUAS son válidas para a expresión científica.
Unha das actividades propostas consiste na elaboración de carteis e exposicións diversas onde se poden incluir textos sobre Ramón Aller, Alfonso X e Maxwell.
Para ir facendo unha primeira achega ao día da ciencia en galego, deixarei por aquí un vídeo que nos aproxima á figura de D. Ramón María Aller, o astrónomo de Lalín. O video é un anaco dun excelente documental que foi elaborado para a TVG. Forma parte da serie "Historias de Galicia", en concreto do capítulo titulado "As causas das cousas". Para disfrutar:

Ningún comentario:

Publicar un comentario